Archive for 10/12/08

O tren nocturno Ferrol-Madrid seguirá con parada en Pontedeume

tra02781O PSdeG-PSOE eumés trasladou a súa preocupación pola supresión da parada en Pontedeume ao Delegado da Consellería de Política Terriorial, Alberto Gonzalez, en presencia da Conselleira Maria José Caride, na súa visita a Pontedeume a pasada semana para inaugurar os novos departamentos para usuario no porto de Pontedeume.

Así, o tren nocturno Ferrol-Madrid continuará deténdose nas súas paradas habituais en Galicia logo da reclamación presentada a semana pasada pola conselleira de Política Territorial, María José Caride, ao presidente de Renfe, José Salgueiro. Deste xeito, Renfe modifica os seus plans anunciados a principios deste mes e segundo os cales ía eliminar seis paradas de dito servizo.

Así pois, o novo tren-hotel Ferrol-Madrid continuará deténdose nas estacións nas que o facía o anterior tren nocturno, entre elas as seis que se prevían suprimir (Pontedeume, Betanzos-Cidade, Curtis, Guitiriz, San Clodio-Quiroga e A Rúa-Petín) e que continuarán prestando este servizo aos usuarios.

Add comment Diciembre 10, 2008


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds