Plan Estratéxico da Provincia da Coruña
Diciembre 7, 2008
Nas últimas décadas a provincia de A Coruña experimentou cambios profundos na estructura da súa economía e no seu tecido social. Unha boa parte destas transformacións traducíronse en melloras na calidade de vida da cidadanía e na modernización dos seus principais sectores produtivos, producíndose un avance considerable no proceso de converxencia coa Unión Europea.
Sen embargo, a pesares de ditas melloras, a dinámica do desenvolvemento provincial estivo lastrada por alguns déficits e desequilibrios de diversa índole (territoriais, demográficos, de infraestructuras, etc.), cuxa superación constitúe un reto importante que deberemos afrontar nos próximos anos. Nun entorno de cambio acelerado, no que factores como a globalización ou a ampliación da Unión Europea están transformando non só a xeografía económica, senón tamén as decisións sobre a localización de novas actividades, é necesario dotarnos de todos aqueles elementos que, superando as deficiencias estructurais e potenciando as fortalezas, reforcen a nosa posición competitiva.
Neste contexto, a Deputación de A Coruña asumíu, como un obxectivo prioritario neste mandato, a elaboración do Plan Estratéxico que temos a satisfación de presentar aos axentes económicos e sociais da provincia. O Plan Estratéxico concíbese como un instrumento fundamental no deseño dun modelo de desenvolvemento que, dende unha perspectiva integradora e de conxunto, transforme a provincia nun territorio mellor articulado e cunha estructura adecuada aos obxectivos formulados para o período de programación 2007-2013.
Preme na imaxe para máis información.

Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed