Inauguración dos novos almacéns
Diciembre 5, 2008
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, e mailo presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, visitaron o porto de Pontedeume, no que inauguraron o edificio de departamentos para usuarios. A CPTOPT, a través do ente público Portos de Galicia, investiu un total de 905.000 euros na construción deste edificio co que se melloran as instalacións e os servizos para os usuarios do porto.
O novo edificio alberga nove departamentos con altiño e aseo e outros seis departamentos pequenos a unha soa altura. Cómpre salientar que a estrutura foi deseñada para que, ademais de ofrecer os servizos para os que foi concibido, cause o mínimo impacto visual sobre o resto das edificacións da zona. Para contribuír a súa integración co contorno, a fachada foi revestida de granito natural. O local complétase cunha zona destinada a sala de contadores e departamentos comúns, con divisións móbiles.
Así mesmo, a actuación realizada por Portos de Galicia incluíu tamén o acondicionamento das vías perimetrais que dan servizo ás novas construcións e habilitouse unha zona de paso que pode servir como garaxe ou almacén.
Entry Filed under: Varios, pontedeume, sociedade. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed