Archive for 4/12/08
O Goberno de Zapatero inviste máis de 1.500.000€ en Pontedeume
Este investimento supón un aumento do orzamento destinado a inversión do 100% con respecto ao orzamento municipal do 2008.
Esta transferencia de diñeiro, do Fondo de Inversión Municipal, trata xerar riqueza colectiva e emprego, para estimular a economía local nun momento no que a crise económica está causando xa, serios problemas as empresas e familias.
O PSdeG-PSOE estudiará e fará unha proposta nestes días, de posibles investimentos necesarios para Pontedeume, que encaixen nas obras financiables por este Plan estatal, posto en marcha polo goberno español.
O PSdeG-PSOE na súa proposta priorizará as obras destinadas a saneamento e obras para servizos básicos que aínda non chegan a tódolos veciños, tamén a protección do patrimonio e adecuación de edificios públicos mellorando a eficiencia enerxética e protección do casco histórico. Unha partida destinada a mellorar as deficiencias no Polígono Industrial, asfaltados de camiños en tódalas parroquias e adecuación e rehabilitación dos seus locais sociais ou mellora e ampliación de zonas recreativas infantís e para maiores.
As obras que se queiran desenvolver con cargo a esta partida teñen que estar fora dos orzamentos do 2009, co cal, neste momento de negociacións destes, o PSdeG-PSOE proporá unha reestructuración do mesmo para retirar as partidas maiores que poidan ir a cargo desta partida extraordinaria, e colocar novos proxectos e obras menores no orzamento do 2009.
O PSdeG-PSOE eumés ve esta inversión do Goberno da nación en Pontedeume como unha oportunidade de realizar proxectos fundamentais para a nosa Vila, co cal estará moi pendente e fiscalizando o traballo do Goberno do PP para que invista o 100% do destinado a Pontedeume e que todos os proxectos sexan de importancia para os veciños e as veciñas de tódalas parroquias, da Vila e do casco histórico.
O PSdeG-PSOE de Pontedeume será clave para o desenvolvemento destes proxectos xa que terán que ser aprobados polo Pleno da Corporación, onde o goberno do PP está en minoría con catro concelleiros e necesitaría do apoio do PSdeG-PSOE para sacar adiante estes proxectos.
Aproveitamos para instar ao goberno municipal que esté á altura da delicada situación económica a que estamos a enfrontarnos, e que acorde con todos os grupos da Corporación as obras mais urxentes e eficaces, para cumprir coas expectativas de estimular a economía local e o emprego.
Como xa denunciamos o mes pasado “O PP está perdendo subvencións, chegando tarde a outras ou non solicitando inversións e o que é peor, descalifica ou non atende estes investimentos de administracións supramunicipais das que dependemos orzamentariamente”. Dende o PSdeG-PSOE eumés esiximos ao Goberno do PP unha resposta áxil, eficaz e eficiente a estes recursos extraordinarios que destina o Goberno de España para Pontedeume, e que poden servir para un desenvolvemento e crecemento da nosa Vila.
Add comment Diciembre 4, 2008