Archive for Diciembre 2008

felicitacion

Este blogue permanecerá pechado por vacacións de Nadal ata principios de xaneiro de 2009.

Vos deixamos a entrevista do Presidente Zapatero na PSOETV, facendo balance do 2008 e explicando os retos para 2009:

Add comment Diciembre 20, 2008

Rogos no último Pleno do ano. Pleno Ordinario de Decembro

1º.- Pregamos a limpeza de maleza que invade a parte traseira do Centro de maiores.

2º.- Pregamos a limpeza das rúas e escaleiras da Urbanización Boa Vista.

3º.- A rúa de Porto de Arriba presenta perigo para os usuarios polo seu estado esvaradizo. Pregamos se proceda ao seu chorreo de forma periódica ao tratarse dun problema que se repite ao longo do ano.

4º.- Permanece aberto e en malas condicións o solar da Rúa Real esquina Rúa Cantón. Pregamos se tomen medidas para o seu saneamento e peche.

5º.- A tarde-noite do pasado sábado celebrouse un concerto na Igrexa de Centroña. Á saída poidemos comprobar o estado de escuridade case total do adro da Igrexa, así coo do tunel do ferrocarril onde estacionaron varios asistentes. Pregamos se proceda a instalar un punto de luz na fachada da Igrexa ou da casa parroquial e no deandito túnel (Este rogo xa foi pedido en Xaneiro)

6º.- Na praza da calzada continúa estacionada dende hai tempo unha furgoneta en estado de práctico abandono, o mesmo que un turismo diante do supermercado DIA. Pregamos se proceda a requerir aos seus donos para que os retiren.

7º.- A Comisión de Festas de Centroña, aínda non percibíu a axuda municipal prevista para as súas festas patronais, mentres as de Nogueirosa, que se celebraron posteriormente, xa a cobraron. Prgamos que polo Concello se axilice o pagamento da devandita axuda aos veciños de Centroña.

8.- Vense de conmemorar o 30º aniversario da Constitución Española, e o 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e mentres en Concellos veciños se organizaban actos públicos celebrando ambos textos. En Pontedeume pasaron desapercibidos. Pregamos ao Goberno Local maior sensibilidade e interese no futuro diante de conmemoracións tan senlleiras.

9º.- Veciños do Picho fannos chegar as súas queixas polo mal estado da rúa, derivado, dunha parte, dos danos causados polos camións destinados ás obras situadas nuns inmobeis da súa parte alta e Rúa Fontenova, e, doutra parte, pola situación provocada polo arraatre de auga e terras da zona da Golpilleira os pasados días de choiva, que se veu agravada polo mal estado dos sumidoiros, inapacaes de evacuar ditas augas. Pregamos que polo Goberno Local se adopten medidas necesarias para que as empresas responsables do deterioro da rúa procedan ao seu amaño para minimizar a presencia de lodos da zona da Golpilleira, e que se limpen e saneen os sumidoiros atascados.

10º.- Como xa reiteramos en algún Pleno anterior, entendemos que debe regularizarse a situación do mantemento do alueado público municipal, pois xa hai tempo que rematou a concesión á empresa encargada deste servizo, e debe ser obxecto de nova adxudicación. Non queremos pensar que, como xa foi obxecto de debate neste foro en relación con outro servizo, se está producindo unha adxudicación encuberta por parte do goberno local, pois non parece de recibo que nas resolucións de Alcaldía das que se dan conta neste Pleno, aparezan aprobadas 38 facturas consecutivas en 20 días, da mesma empresa -Manuel Perez Feal- por traballos relacionados co alumeado público, polo qe pregamos que se normalice a situación e se proceda á maior brevidade a realizar os trámites legais necesarios para a adxudicación deste servizo.

11º.- Finalmente queremos aproveitar este último Pleno do ano, para felicitar a todas e todos as festas, e dun modo especial ao Goberno Local, e desexarlle que o vindeiro ano sexan quen de solucionar definitivamente o problema do persoal municipal, o da limpeza e recollida de lixo, o do PXOM, o das instalacións o Firrete, o dos aparcamentos, o do mercado municipal, o das contratacións, o do Xulgado, o do Clube Deportivo Eume, o porto, as rúas, os camiños, a falta de aceras en parroquias, os saneamentos,……. e que saiban xestionar e repartir entre os eumeses e eumesas o agasallo adiantado de Reis do millón e medio de euros en inversións, non vaia ocorrer o do pasado ano cos xoguetes.

De novo, boas festas a todas e todos, e un feliz, xa que non se anuncia próspero, ano 2009.

Add comment Diciembre 19, 2008

Pleno Ordinario de Decembro

Puntos da orde do día:

- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

- Asignación aos grupos políticos municipais 2008. Acordos que procedan.

- Correción de erros do acordo de aprobación do Plan de Obras e Servizos (POS) 2009. Acordos que procedan.

- Dación de conta das resolucións da Alcaldía.

- Rogos e preguntas.

Este Pleno ordinario é o último do ano, e celebrarase hoxe ás 19:00h na casa da cultura.

Add comment Diciembre 18, 2008

O Parlamento Galego aproba os orzamentos para 2009

171208parlamento2

O Parlamento Galego aprobou  onte os orzamentos autonómicos para 2009 cos votos do PSdeG e do BNG e a oposición do PP.

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, subliñou que os presupostos aprobados servirán para que “Galicia encabece a recuperación económica” e se mostrou convencido de que, tamén nesta difícil conxuntura, a comunidade “seguirá medrando máis que España e a Unión Europa e profundizará no camiño da converxencia”.

Durante o debate Fernández Antonio recordou aos populares que con vontade de consenso chamou dúas veces ao deputado popular e ex conselleiro de Economía, José Ramón Orza.

Asimesmo, Ismael Rego, portavoz socialista, mostrouse convencido de que hai “bases sólidas para a segunda etapa do cambio” en Galicia, cuns presupostos “para facer fronte á crise”, que é o que “estaban esperando xeracións de galegos durante a historia”.

O parlamentario do PsdeG contrapuxo isto con que a única alternativa que presentou o PP durante o debate das contas públicas foi “a volta ao pasado”.

Rego asegurou que o Goberno representa “o futuro”, asumindo que a comunidade “ten grandes posibilidades se se actúa con unidade”.

As cifras

Os presupostos consolidados para 2009 prevén un total de 11.793 millóns de euros, un 2 por cento máis que no presente exercicio, mentres que o conxunto de gastos non financeiros suman 11.426 millóns de euros, un 4,2 por cento superior aos contabilizados nas contas públicas galegas en vigor.

Nun escenario de dificultades económicas a Xunta recorrerá ao déficit, do 1 por cento do PIB, o máximo que permite a Lei de Estabilidade Orzamentaria, e que suporá 598 millóns de euros, razón pola que se puido elaborar “un orzamento lixeiramente expansivo” nun marco de “austeridade.

As contas aprobadas hoxe prevén un crecemento da economía o próximo ano do 1,3 por cento, tres décimas máis que a media española, e o obxectivo no emprego é manter e consolidar os postos de traballo, aínda que o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, deixou aberta a posibilidade de que estas estimacións poderían revisarse á baixa en primavera, pois todos os grandes organismos internacionais o están a facer de forma continuada.

banner-orzamentos2009Preme na imaxe para máis información sobre os orzamentos

Add comment Diciembre 18, 2008

Visita PSOE´TV

psoetv

Visita a TV do PSOE clikando na imaxe.

Podes ver videos sobre o “plan estatal de inversión para os municipios”, sobre a presentación de Touriño como candidato, e tódalas novedades na acción do goberno.

Podedes ver tamén o documental sobre os 125 anos do PSOE, outro sobre a anterior lexislatura ou toda a información dos congresos do PSOE.

Reportaxes, entrevistas, documentales, etc… todo nesta PSOE´TV.

Add comment Diciembre 17, 2008

EnClave Socialista Decembro

Preme na imaxe

Add comment Diciembre 16, 2008

Lei de Pesca

logoconselleriaHoxe pubícase no DOG, a Lei de Pesca 11/2008 do 3 de decembro. Descárgaa aquí.

Add comment Diciembre 16, 2008

Nun paseo por Ombre…

img00009

img00006

img000051

img00008

Add comment Diciembre 16, 2008

É moito o que nos xunta

procla21

Corte no telexornal (1de2)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

(2de2)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Audio:
Touriño afirma que o tempo do inmobilismo en Galicia acabouse

Touriño afirma que é moito o que nos une

Touriño sinala que nas eleccións galegas o importante son os cidadáns

procltouClika na imaxe para ver máis fotos do acto.

——————————————————————————————————–

Descarga aquí o boletín on-line dos socialistas galegos. En PDF ou On-Line

——————————————————————————————————–

Add comment Diciembre 14, 2008

Este domingo no pazo de congresos de Santiago, proclamación de Touriño como candidato a presidente da Xunta

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, convidou a toda a sociedade galega a participar este domingo, día 14 de decembro, ao acto de proclamación de Emilio Pérez Touriño como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago ás 11:30 horas.

Para Barcón “é unha honra pedir aos galegos e ás galegas 4 anos máis de confianza para un presidente leal coa sociedade, que asumiu responsabilidades nos momentos de máis dificultade para Galicia e o conxunto da poboación mundial”. A deputada socialista asegurou que “é un momento festivo para os socialistas que viven este acto con especial ledicia, un sentimento compartido por organizacións como o sindicato UXT e as Xuventudes Socialistas de Galicia”.

Para Emilio Pérez Touriño, sinalou a secretaria de Organización, será “a recompensa a un traballo reflexado na confianza amosada pola cidadanía na súa persoa”. “É o presidente da unidade, do consenso, e presentará este domingo un novo proxecto de desenvolvemento económico para consolidar o noso futuro e o das nosas xentes”, dixo.

Barcón comentou que no acto de proclamación estará presentes tódolos deputados, alcaldes e alcadesas de Galicia, ademais de numerosos representantes de asociacións de consumidores, de mulleres, de veciños, de empresarios, de comerciantes, de discapacitados e, en definitiva, de tódolos movementos sociais.

Do mesmo xeito adiantou que tamén contará coa presenza da portavoz do grupo socialista no Senado, Carmela Silva, a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e  Mariño, Elena Espinosa, o Ministro de Cultura, César Antonio Molina e o vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco; ademais explicou que respaldarán a Touriño tres compañeiros que ocupan o seu mesmo cargo noutras comunidades: Guillermo Fernández Vara, presidente da Junta de Extremadura, Vicente Álvarez Areces, presidente do Principado de Asturias e Manuel Chaves, presidente da Junta de Andalucía e do PSOE.

A secretaria de Organización dos socialistas galegos manifestou tamén que será un acto cunha importante carga audiovisual e unha montaxe moi novidosa ao que se prevé que asistan arredor de 5.000 persoas.

Add comment Diciembre 13, 2008

Previous Posts


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds