Mais sobre o Pleno de Novembro

Noviembre 30, 2008

Vimos de aprobar no pleno de Novembro unha moción na que se instaba ao Goberno Municipal a corrixir o gasto na área de Obras e Servizos xestionada polo Sr. Crespo,  así como a elaboración por parte da intervención municipal dun informe aclaratorio da facturación da empresa privada “Construmaga”.

Este último xa fora solicitado conxuntamente co BNG dadas as nosas sospeitas, xa que se estaba a pagar a esta empresa para realizar traballos que poderían ser desempeñados por persoal municipal, co conseguinte aforro para as arcas municipais, tales como colgar una pancarta, transportar cartóns do Colexio Couceiro Freijomil ata o punto limpo por importe de 191´40 euros, recollida de poda, que non a poda en si da polideportiva de Centroña e herba no Torreón por 203 euros…, chegando a abonar 7 facturas por retirada de maleza dos Xardíns de Lombardero, cada unha delas de 464 euros e referidas a un curto espazo de tempo.

As nosas sospeitas víronse confirmadas ao comprobar a existencia de reiteradas obxeccións, tanto ao pagamento destas facturas como á forma de contratación, por parte da intervención municipal, levantadas todas elas polo Sr. Alcalde.

Sorprendentemente nesta sesión plenaria o encargado desta Área, o Sr Crespo, lonxe de desmentir ningunha destas afirmacións, só se adicou a esquivalas comparando, con medias verdades e manipulacións, estes feitos coa xestión do goberno anterior, e facendo gala, unha vez máis, da súa “dobre vara de medir”. Non se pode entender, se non,  de outro xeito o feito de que critiquen unas “supostas” actuacións do goberno anterior e por outra banda estas se estén a  incrementar durante o seu mandato. O PSdeG-PSOE insta ao PP a poñer as irregularidades que vexa no Concello a disposición xudicial e non se queden en meras calumnias. Senón o fai así, será cómplice desas presuntas irregularidades

A utilización do escurantísmo, do amiguismo, das políticas caciquís,.. son a nota dominante do Goberno do Sr. Torrente. Non hai moitos días que nos enterabamos, para a nosa sorpresa e a dos usuarios, do cese da encargada do Pavillón Municipal. Pois ben, “casualidades de la vida”, a persoa contratada no seu lugar resultou ser un familiar directo do Sr. Crespo. Cada quén que pense o que queira. Que terán que dicir a isto o Sr. Alcalde e mais o seu Concelleiro. Seguramente, como é habitual, a súa resposta basearase novamente nunha comparación co pasado, o coñecido como “y tu más”.

Habería que aclararlle aos membros do Grupo de Goberno que o pasado xa foi xulgado polos veciños e veciñas nas pasadas eleccións, e que os concelleiros do PP foron elixidos para xestionar o presente. É unha magoa que tanto o Sr. Alcalde coma o Sr. Crespo, que  tanto traballo teñen por facer nas súas áreas, adiquen máis tempo á busca de “facturas” e a manipula-la realidade para xustificar a súa nefasta xestión e a súa política caciquil e ditatorial, que a acadar solucións para os problemas da nosa vila que a día de hoxe seguen sen atallar e que hai ano e medio prometeran arranxar.

Chegado este momento, o PSdeG-PSOE seguirá estando moi pendente da xestión  do PP, como segunda forza política de Pontedeume expresa a súa liberdade para tomar as decisión que máis beneficien á nosa vila.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds