Reflexionando despois do Pleno
Noviembre 28, 2008
No Pleno do 27 de Novembro, e logo de debater as Mocións, as que ultimamente o Goberno Municipal acostuma a apoiar , só de palabra, ben e certo que despois non fai nada para que os acordos plenarios se fagan realidade.
Acordos que representan posibles e vitais melloras consesuadas por Concelleir@s que representan os variados sentires do noso pobo e que sinto que despreza o Sr Alcalde ou o seu grupo de Goberno có seu proceder.
Así á pregunta 3ª, onde controlabamos qué se fixera este mes para facer efectiva a Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE sobre infraestructuras que dependen de Educación, as respostas foron tan claras como decepcionantes. Nun mes, o Sr Alcalde, non tivo a ben chamar á Delegación, entrevistarse có Delegado de Educación , mandarlle alomenos unha carta axuntándolle a Moción aprobada por unanimidade para ampliar a Rúa Galera ou utilizar en período non lectivo e con acordo do IES “Fraga do Eume” proxectos técnicos para unha parte do patio como aparcadoiro.
A Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre a violencia de xénero, pareceunos moi teórica, pouco ambiciosa, tendenciosa e que implicaba máis aos de fora que ao Concello, administración máis próxima ao cidadán, e que ten que facer a política do día a día. Traballo diario e ben planificado que pode culminar en actos semellantes aos que aquí se celebraron este 25. O peor foi que aquí non culminaban ningún plan mellorado, ningún programa específico, nin cursos para os profesionais implicados, nin campañas educativas previas, pois este Goberno negouse en Pleno a estas e outras propostas o 27 de Febreiro deste mesmo ano, mais nunca é tarde…
O PSdeG-PSOE, de tódolos xeitos e sendo sabedores que o rexeitamento de calquera tipo de violencia ten que estar por riba de discrepancias partidistas, apoiámola, de palabra no Pleno, e de feito no día a día cada vez que soliciten a nosa axuda, Recordándolle ao PP que goberna, e que “Menos discurso e máis curso”.
Na Area Sanitaria segue sen haber ningunha proposta, ningunha mellora apoiada eficazmente, con sorte, dependemos da Xunta que dote ao noso Concello de medios como o 065 aos que este ano nin se optou, cecais para o ano… Non existe a política sanitaria municipal no Goberno Eumés.
En Educación négase o novo Concelleiro a dotar ao C.E.I.P. de Andrade dunha persoa toda a xornada lectiva, que tivo de sempre. E o mesmo Sr. Crespo nas súas reestructuracións horarias como encargado de Servizos Municipais reduciu o seu horario quedando a media mañá todo un colexio sen unha persoa encargada de abrir a porta, limpar ou facer unhas fotocopias. Incrible pero certo.
Nas entradas e saídas do CEIP “Couceiro Freijomil”, entre buses, coches, familias e á beira do mar, solicitada o seu control pola policía local e a mellora da sinalización tamén se evade, porque están en obras e é costa. Pois por iso precisamente é máis perigoso e haberá que dotalo de vixilancia!.
Mais o desprezo á Comunidade Educativa e tal que aínda non se fixo o Consello Escolar perceptivo de fin de curso, nin o de principio de curso, e non se sabe se haberá un a comezos de ano.
Planificación da súa nova Concellería, “non ten aínda é será continuista coa anterior”, é en principio foi posto polo Sr. Torrente para conseguir maior axilidade e eficacia . Para nos de momento, e sen trazas de moito mellorar, o Sr Crespo está en Educación como un tenedor no país da sopa.
En Servicios Sociais non se fai nada para emendar o déficit de prazas para os máis pequenos, non teñen solucións dende o Concello nin poden aportar terreos para que a Xunta faga unha nova Escola Infantil, nin para o Centro de Día, e seguemos esperando pola “Comida sobre Rodas”, e aínda hoxe demos aprobado a Ordenanza Reguladora do precio público para a prestación a persoas dependentes, ao que teñen dereito desde Xaneiro e está xa o diñeiro aportado pola Xunta desde o verán nas arcas municipais,
Canta axilidade, canta eficacia, canta…!
E isto é solo unha mostra, un Pleno, e só das Areas do goberno que eu teño adscritas como Concelleira na oposición.
Mª Carmen Cascallar Pita
Grupo Municipal PSdeG-PSOE
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed