O PSdeG-PSOE denuncia a incoherencia da Concelleira de Servizos Sociais no eido do traballo en contra da violencia machista.
Noviembre 21, 2008
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE eumés presta o seu apoio aos actos que se celebrarán o próximo 25 de Novembro e colabora activamente naqueles que o Goberno Municipal lle pediu a súa participación, uníndose así ao sentir xeneralizado de repulsa á violencia machista que se pretende transmitir na exposición “Pontedeume plántalle cara á violencia de xénero”.
Agora ben, vémonos na obriga de denunciar a política incoherente e obscurantista da Concelleira de Servizos Sociais. Incoherente porque có voto en contra do P.P. e o dos seus “socios de feito” do C.O.E., impediron no seu día que se aprobara unha Moción (Presentada polo PSOE e apoiada por BNG e IP) onde se recollían acordos que consideramos clave para a loita con esta lacra social e que son materia do traballo municipal:
• Incrementar o rexeitamento social sobre o agresor a través de campañas municipais para maior concienciación e sensibilización cidadá.
• Poñer en marcha un programa específico de prevención de violencia de xénero, dirixido especialmente a xóvenes.
• Aumentar e reforzar os mecanismos postos en marcha para protexer e atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero.
• Facilitar cursos de formación, en colaboración ca Xunta de Galicia, para todas e todos os profesionais que toman partido no proceso de erradicación machista.
E obscurantista tamén porque reclamándolle directamente á propia Concelleira responsable, información do traballo realizado neste campo dende o Goberno ao longo do ano, o traballo cotía e ben estructurado que defendemos e o que realmente consideramos eficaz, atopámonos evasivas ou a calada por resposta.
Será que non está moi satisfeita co traballo do día a día?, ou será outra mostra do diálogo democrático do Goberno minoritario do P.P. en Pontedeume?
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume, sociedade. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed