Moción sobre o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

Noviembre 20, 2008

img_deixatelevar

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de presentar os eixes básicos do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que ten como obxectivo principal mellorar a mobilidade e a accesibilidade no entorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado. Para acadar este obxectivo o novo Plan sostense en catro piares básicos a desenvolver como son a integración tarifaria, a mellora da oferta de servizos, a coordinación entre as redes urbanas e interurbanas e a mellora das infraestructuras de transporte. Na práctica trátase da implantación dun verdadeiro transporte público que sexa unha alternativa real ao vehículo privado.

Pontedeume enmárcase claramente na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol xunto cos Concellos veciños nos que en conxunto hai un serio déficit de transporte público e unha falla de coordinación que favorece a utilización do transporte privado.

A actual situación de crise económica e de colapso na circulación viaria na N-651 marcan novas pautas aos cidadáns eumeses cara ao uso do transporte público como medio principal de comunicación. A integración tarifaria e o transbordo gratuíto, xunto coa optimización das rutas existentes e a posible creación doutras novas que este novo Plan facilita permitirán a Pontedeume avanzar cara á modernidade dentro do máis estricto respecto pola natureza e a economía dos seus cidadáns.

Por todas estas razóns, o Grupo Municipal Socialista, proporá ao Pleno da Corporación Municipal de Pontedeume, a adopción dos seguintes

ACORDOS

1.- Adherirse á maior brevedade ao Plan de Transporte Metropolitano.

2.- Crear unha mesa de traballo conxunta entre todos os partidos con representación no Concello para a coordinación das rutas actuais e a posible proposta doutras novas para a súa inclusión no Plan.

3.- Instar ao Alcalde-Presidente a iniciar conversacións con RENFE e a Consellería para a integración da liña ferroviaria Ferrol–Betanzos no Plan de Transporte Metropolitano de Ferrolterra unha vez entre en funcionamento o AVE a Ferrol.

4.- Incluir nos presupostos do 2009, aínda en elaboración,  unha partida para asumir a parte municipal da compensación tarifaria ás operadoras de transporte de viaxeiros.

————————————————————

Esta moción xa foi presentada no rexistro do Concello para o seu debate na sesión plenaria ordinaria do 27 de Novembro.

————————————————————

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, comarca, política, pontedeume, sociedade. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds