Archive for Noviembre 2008

Mais sobre o Pleno de Novembro

Vimos de aprobar no pleno de Novembro unha moción na que se instaba ao Goberno Municipal a corrixir o gasto na área de Obras e Servizos xestionada polo Sr. Crespo,  así como a elaboración por parte da intervención municipal dun informe aclaratorio da facturación da empresa privada “Construmaga”.

Este último xa fora solicitado conxuntamente co BNG dadas as nosas sospeitas, xa que se estaba a pagar a esta empresa para realizar traballos que poderían ser desempeñados por persoal municipal, co conseguinte aforro para as arcas municipais, tales como colgar una pancarta, transportar cartóns do Colexio Couceiro Freijomil ata o punto limpo por importe de 191´40 euros, recollida de poda, que non a poda en si da polideportiva de Centroña e herba no Torreón por 203 euros…, chegando a abonar 7 facturas por retirada de maleza dos Xardíns de Lombardero, cada unha delas de 464 euros e referidas a un curto espazo de tempo.

As nosas sospeitas víronse confirmadas ao comprobar a existencia de reiteradas obxeccións, tanto ao pagamento destas facturas como á forma de contratación, por parte da intervención municipal, levantadas todas elas polo Sr. Alcalde.

Sorprendentemente nesta sesión plenaria o encargado desta Área, o Sr Crespo, lonxe de desmentir ningunha destas afirmacións, só se adicou a esquivalas comparando, con medias verdades e manipulacións, estes feitos coa xestión do goberno anterior, e facendo gala, unha vez máis, da súa “dobre vara de medir”. Non se pode entender, se non,  de outro xeito o feito de que critiquen unas “supostas” actuacións do goberno anterior e por outra banda estas se estén a  incrementar durante o seu mandato. O PSdeG-PSOE insta ao PP a poñer as irregularidades que vexa no Concello a disposición xudicial e non se queden en meras calumnias. Senón o fai así, será cómplice desas presuntas irregularidades

A utilización do escurantísmo, do amiguismo, das políticas caciquís,.. son a nota dominante do Goberno do Sr. Torrente. Non hai moitos días que nos enterabamos, para a nosa sorpresa e a dos usuarios, do cese da encargada do Pavillón Municipal. Pois ben, “casualidades de la vida”, a persoa contratada no seu lugar resultou ser un familiar directo do Sr. Crespo. Cada quén que pense o que queira. Que terán que dicir a isto o Sr. Alcalde e mais o seu Concelleiro. Seguramente, como é habitual, a súa resposta basearase novamente nunha comparación co pasado, o coñecido como “y tu más”.

Habería que aclararlle aos membros do Grupo de Goberno que o pasado xa foi xulgado polos veciños e veciñas nas pasadas eleccións, e que os concelleiros do PP foron elixidos para xestionar o presente. É unha magoa que tanto o Sr. Alcalde coma o Sr. Crespo, que  tanto traballo teñen por facer nas súas áreas, adiquen máis tempo á busca de “facturas” e a manipula-la realidade para xustificar a súa nefasta xestión e a súa política caciquil e ditatorial, que a acadar solucións para os problemas da nosa vila que a día de hoxe seguen sen atallar e que hai ano e medio prometeran arranxar.

Chegado este momento, o PSdeG-PSOE seguirá estando moi pendente da xestión  do PP, como segunda forza política de Pontedeume expresa a súa liberdade para tomar as decisión que máis beneficien á nosa vila.

Add comment Noviembre 30, 2008

Reflexionando despois do Pleno

No Pleno do 27 de Novembro, e logo de debater as Mocións, as que ultimamente o Goberno Municipal acostuma a apoiar , só de palabra, ben e certo que despois non fai nada para que os acordos plenarios se fagan realidade.

Acordos que representan posibles e vitais melloras consesuadas por Concelleir@s que representan os variados sentires do noso pobo e que sinto que despreza o Sr Alcalde ou o seu grupo de Goberno có seu proceder.

Así á pregunta 3ª, onde controlabamos qué se fixera este mes para facer efectiva a Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE sobre infraestructuras que dependen de Educación, as respostas foron tan claras como decepcionantes. Nun mes, o Sr Alcalde, non tivo a ben chamar á Delegación, entrevistarse có Delegado de Educación , mandarlle alomenos unha  carta axuntándolle a Moción aprobada por unanimidade para ampliar a Rúa Galera ou utilizar en período non  lectivo e con acordo do IES “Fraga do Eume” proxectos técnicos para unha parte do patio como aparcadoiro.

A Moción presentada polo Grupo Municipal do PP sobre a violencia de xénero, pareceunos moi teórica, pouco ambiciosa, tendenciosa e que implicaba máis aos de fora que ao Concello, administración máis próxima ao cidadán, e que ten que facer a política do día a día. Traballo diario e ben  planificado que pode culminar en actos semellantes aos que aquí se celebraron este 25. O peor foi que aquí non culminaban ningún plan mellorado, ningún programa específico, nin cursos para os profesionais implicados, nin campañas educativas previas, pois este Goberno negouse en Pleno a estas e outras propostas o 27 de Febreiro deste mesmo ano, mais nunca é tarde…

O PSdeG-PSOE, de tódolos xeitos e sendo sabedores que o  rexeitamento de calquera tipo de violencia ten que estar por riba de discrepancias partidistas, apoiámola, de palabra no Pleno, e de feito no día a día cada vez que soliciten a nosa axuda, Recordándolle ao PP que goberna, e que “Menos discurso e máis curso”.

Na Area  Sanitaria segue sen haber ningunha proposta, ningunha mellora apoiada eficazmente, con sorte, dependemos da Xunta que dote ao noso Concello de medios como o 065 aos que este ano nin se optou, cecais para o ano… Non existe a política sanitaria municipal no Goberno Eumés.

En Educación négase o novo Concelleiro a dotar ao C.E.I.P. de Andrade dunha persoa toda a xornada lectiva, que tivo de sempre. E o mesmo Sr. Crespo nas súas reestructuracións horarias como encargado de Servizos Municipais reduciu o seu horario quedando a media mañá todo un colexio sen unha persoa encargada de abrir a porta, limpar ou facer unhas fotocopias. Incrible pero certo.

Nas entradas e saídas do CEIP “Couceiro Freijomil”, entre buses, coches, familias e á beira do mar, solicitada o seu control pola policía local e a mellora da sinalización tamén se evade, porque están en obras e é costa. Pois por iso precisamente é máis perigoso e haberá que dotalo de vixilancia!.
Mais o desprezo á Comunidade Educativa e tal que aínda non se fixo o Consello Escolar perceptivo de fin de curso, nin o de principio de curso, e non se sabe se haberá un a comezos de ano.

Planificación da súa nova Concellería, “non ten aínda é será continuista coa anterior”, é en principio foi posto polo Sr. Torrente  para conseguir maior axilidade e eficacia . Para nos de momento, e sen trazas de moito mellorar, o Sr Crespo está en Educación como un tenedor no país da sopa.

En Servicios Sociais non se fai nada para emendar o déficit de prazas para os máis pequenos, non teñen solucións dende o Concello nin poden aportar terreos para que a Xunta faga unha nova Escola Infantil, nin para o Centro de Día, e seguemos esperando pola “Comida sobre Rodas”, e aínda hoxe demos aprobado a Ordenanza Reguladora do precio público para a prestación a persoas dependentes, ao que teñen dereito desde Xaneiro e está xa o diñeiro aportado pola Xunta desde o verán nas arcas municipais,
Canta axilidade, canta eficacia, canta…!

E isto é solo unha mostra, un Pleno, e só  das Areas do goberno que eu teño adscritas como Concelleira na oposición.

Mª Carmen Cascallar Pita
Grupo Municipal PSdeG-PSOE

Add comment Noviembre 28, 2008

El Gobierno destina 11.000 millones a inversión pública y creación de empleo

000000163341El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, anunció que el Consejo de Ministros aprobará un Real Decreto ley con una dotación extraordinaria de 11.000 millones de euros, con cargo a las cuentas de 2008, cuyo fin será frenar la destrucción de empleo y reactivar la actividad económica.

Zapatero explicó que estos 11.000 millones, que suponen el 1,1 por ciento del PIB, irán destinados a obra pública y equipamientos vinculados a los ayuntamientos, recursos con los que se espera generar 300.000 empleos durante el próximo año.

200.000 EMPLEOS EN EL ÁMBITO LOCAL
Así, durante su comparecencia a petición propia ante el Pleno del Congreso, añadió que 8.000 millones irán destinados a un Fondo Extraordinario de Inversión Pública en el Ámbito Local con el que se pretende crear 200.000 puestos de trabajo y que estará destinado a obras de nueva planificación y ejecución inmediata que sean de competencia local.

Así, los ayuntamientos con proyectos financiables podrán iniciar las obras el 11 de enero de 2009, y nunca más tarde del 13 de abril del próximo año.

Además, se destinarán 800 millones al sector del automóvil, 600 millones a actuaciones medio ambientales, 500 millones a I+D+i, 400 millones a rehabilitación de casas-cuartel y comisarías, 120 millones a rehabilitación de viviendas, 30 millones más serán para incentivar el turismo social y 400 millones para transferencias a las comunidades autónomas con el objetivo de mejorar su financiación del sistema de dependencia.

Con estas partidas económicas, el Ejecutivo pondrá en marcha varias medidas dirigidas a incrementar la cooperación del Estado con los ayuntamientos, a aumentar la inversión pública en el ámbito local, a actividades de I+D+i, a rehabilitación, a mejora de instalaciones vinculadas con la seguridad pública y a actuaciones medioambientales.

CONTROL DEL ESTADO
El presidente del Gobierno incidió en que la correcta aplicación de estos fondos estará sometida a control por parte de la Intervención General de la Administración del Estado.

Además, Zapatero destacó el esfuerzo particular sobre el sector del automóvil, al que destinará 800 millones de euros, un sector que, recordó, emplea a más de 300.000 personas y es el “principal pulmón” exportador del país.

Según el presidente del Gobierno, se está diseñando un plan integral de automoción, que se negociará con las comunidades autónomas y los interlocutores sociales y que se articulará en torno a dos objetivos.

Para evitar que se sigan perdiendo puestos de trabajo, el Ejecutivo propondrá medidas que reduzcan los costes del empleo en el sector y que respondan a las necesidades de financiación específicas al sector.

FORMACIÓN DE LOS TRABAJADORES
Además, se introducirán medidas para incentivar la formación de los trabajadores, aumentar la productividad, impulsar la innovación, en concreto el desarrollo del coche eléctrico, y mejorar las infraestructuras y servicios logísticos, especialmente el transporte por ferrocarril.

Zapatero subrayó que el éxito de estas propuestas para frenar la crisis no dependerá sólo del acierto del Gobierno, sino también del sentido de responsabilidad con que instituciones financieras, empresarios, trabajadores y sindicatos, afronten sus decisiones en los próximos meses.

———————————————————
Descarga aquí la intervención íntegra del Presidente
———————————————————

Add comment Noviembre 28, 2008

Pleno Ordinario de Novembro

Hoxe xoves 26 de Novembro ás 19:00h celébrase, como novidade na CASA DA CULTURA, a Sesión Plenaria Ordinaria de Novembro coa seguinte orde do día:

1.Aprobación, se procede das actas das sesións anteriores.

2.Aprobación definitiva da ordenanza Nº 32 reguladora do precio público pola prestación do servizo de axuda a domicilio a persoas valoradas como gran dependentes según a Lei 39/2006 de promoción de autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Corrección de erros.

3.Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal 2009. Acordos que procedan.

4.Moción do grupo municipal popular do Concello de Pontedeume para a erradicación da violencia de xénero con motivo da celebración do 25 de Novembro.

5.Moción do PSdeG-PSOE sobre o plan de Transporte Metropolitano.

6.Dación de Conta da Alcaldía-Presidencia

7.Rogos e preguntas.

O PSdeG-PSOE ademáis de presentar a moción sobre o transporte metropolitano achegará as seguintes cuestións ao Goberno Municipal:

1.Fíxose algunha xestión para conquerir melloras no eido sanitario?

2.É importante en areas con poboación dispersa e con media de idade alta, como é o caso da zona que compete ao Centro de Saúde da nosa Vila ter un Servizo que facilite o acceso dos doentes aos servizos médicos. Este servizo, como ben sabedes, ten que solicitalo o Concello. Cándo se solicitou?. Cándo vai ser realidade en Pontedeume?

3.Falouse co Delegado de Educación? Cales foron os acordos acadados con respecto á posible ampliación da Rúa Galera? E con respecto ao aproveitamento do campo de fútbol do “Fraga do Eume” ? Axuntáronse   proxectos técnicos? Cales son as liñas principais destes?

4.Qué xestións realizaron cos demarcación de estradas para facer efectivo o acordo plenario no que se pedía a dotación de alumedo público na N VI entre Campolongo e Viadeiro na parroquia de Andrade?

5.Cal é a razón pola que non se está a controlar o cumprimento da zona azul acordada por este Goberno?

6.Enterabámonos polas declaración do Sr. Crespo recollidas na prensa do 7 de Outubro do encargo dun estudio sobre o servicio de limpeza a unha consultora externa onde tamén o Concelleiro comprometíase a propoñer nunha semana unha reorganización máis efectiva da recollida do lixo con datos reais.Supoñemos que non unha senón sete semanas máis tarde pode dicirnos cál é  solución definitiva parta saír deste problema.

7.Cando vai recuperar a tempo total, a lo menos no lectivo, o colexio de Andrade a limpadora , que como único persoal laboral do centro é vital para a hixiene, mantenimento e seguridade do mesmo?

8.Cando se van decidir a regular as entradas e saídas no “Couceiro”?

9.Teñen algunha proposta para paliar o problema de hixiene que se dan nas escolas da Vila cando unha limpadora por calquera causa ten que ausentarse do seu traballo?

10.Xa ten data para escoitar á Comunidade Educativa pola voz do Órgano Democrático que a representa?. Cal é o seu programa par mellorar a eficiencia e eficacia da nova Area na que ten responsabilidades?

11.Fixo o Concelleiro de Cultura algunha xestión eficaz cara á revisión do Nomenclator

12.Fíxose algunha nova xestión para optimizar a oferta de prazas no 1º Ciclo de Educación Infantil?

13.Como está o tema do Centro de DIA?

Os rogos que faremos serán publicados neste blogue nuns días, así como a nosa postura nos diferentes puntos da orde do día.

Add comment Noviembre 27, 2008

Zona azul

zonaazulDende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar a pasividade do Goberno do Sr. Torrente fronte ó “incumprimento masivo” da zona azul.

Hai meses que dende a Cocellería de Tráfico dirixida polo Sr. Crespo procedeuse á implantación da coñecida como “zona azul” nos arredores do Mercado Municipal. O obxetivo era lograr unha maior movilidade de vehículos e facilitar así o aparcamento nunha das zonas máis concurridas da nosa vila, feito ó que se lle dou unha gran publicidade dende o Grupo de Goberno, con numerosas notas de prensa e unha campaña de reparto dos “discos da hora” na que colaborou desinteresadamente a asociación de comerciantes.

Poís ben, a día de hoxe podemos constatar que non se está a respetar esta zona de estacionamento limitado. Se nos achegamos ás inmedicións da Praza do Conde ás horas de máis afluencia poderemos comprobar que a inmensa maioría dos vehículos alí estacionados carecen de disco ou de outro tipo de documento que acredite a súa hora de chegada e saída. Pero o peor é que dende quen ten a responsabilidade de velar polo cumplimento desta ordenanza, é dicir o Concello de Pontedeume, non se esté a facer absolutamente nada para correxir esta situación.

Unha vez máis o Sr. Torrente e os seus concelleiros están a demostrar a súa incapacidade para gobernar e xestionar nada, anunciando a “bombo e platillo” medidas e actuacións que, desgraciadamente para tódolos eumeses e eumesas, se quedan en nada, supoñendo só un gasto para as arcas públicas.

Add comment Noviembre 25, 2008

O PSdeG-PSOE denuncia a incoherencia da Concelleira de Servizos Sociais no eido do traballo en contra da violencia machista.

8978361O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE eumés presta o seu apoio aos actos que se celebrarán o próximo 25 de Novembro e colabora activamente naqueles que o Goberno Municipal lle pediu a súa participación, uníndose así ao sentir xeneralizado de repulsa á violencia machista que se pretende transmitir na exposición “Pontedeume plántalle cara á violencia de xénero”.

Agora ben, vémonos na obriga de denunciar a política incoherente e obscurantista da Concelleira de Servizos Sociais. Incoherente porque có voto en contra do P.P. e o dos seus “socios de feito” do C.O.E., impediron no seu día que se aprobara unha Moción (Presentada polo PSOE e apoiada por BNG e IP) onde se recollían acordos que consideramos clave  para a loita con esta lacra social e que son materia do traballo municipal:

•    Incrementar o rexeitamento social sobre o agresor a través de campañas municipais para maior concienciación e sensibilización cidadá.
•    Poñer en marcha un programa específico de prevención de violencia de xénero, dirixido especialmente a xóvenes.
•    Aumentar e reforzar os mecanismos postos en marcha para protexer e atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero.
•    Facilitar cursos de formación, en colaboración ca Xunta de Galicia, para todas e todos os profesionais que toman partido no proceso de erradicación machista.

E obscurantista tamén porque reclamándolle directamente á propia Concelleira responsable, información do traballo realizado neste campo dende o Goberno ao longo do ano, o traballo cotía e ben estructurado que defendemos e o que realmente consideramos eficaz, atopámonos evasivas ou a calada por resposta.

Será que non está moi satisfeita co traballo do día a día?, ou será outra mostra do diálogo democrático do Goberno minoritario do P.P. en Pontedeume?

Add comment Noviembre 21, 2008

Moción sobre o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

img_deixatelevar

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de presentar os eixes básicos do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que ten como obxectivo principal mellorar a mobilidade e a accesibilidade no entorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado. Para acadar este obxectivo o novo Plan sostense en catro piares básicos a desenvolver como son a integración tarifaria, a mellora da oferta de servizos, a coordinación entre as redes urbanas e interurbanas e a mellora das infraestructuras de transporte. Na práctica trátase da implantación dun verdadeiro transporte público que sexa unha alternativa real ao vehículo privado.

Pontedeume enmárcase claramente na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol xunto cos Concellos veciños nos que en conxunto hai un serio déficit de transporte público e unha falla de coordinación que favorece a utilización do transporte privado.

A actual situación de crise económica e de colapso na circulación viaria na N-651 marcan novas pautas aos cidadáns eumeses cara ao uso do transporte público como medio principal de comunicación. A integración tarifaria e o transbordo gratuíto, xunto coa optimización das rutas existentes e a posible creación doutras novas que este novo Plan facilita permitirán a Pontedeume avanzar cara á modernidade dentro do máis estricto respecto pola natureza e a economía dos seus cidadáns.

Por todas estas razóns, o Grupo Municipal Socialista, proporá ao Pleno da Corporación Municipal de Pontedeume, a adopción dos seguintes

ACORDOS

1.- Adherirse á maior brevedade ao Plan de Transporte Metropolitano.

2.- Crear unha mesa de traballo conxunta entre todos os partidos con representación no Concello para a coordinación das rutas actuais e a posible proposta doutras novas para a súa inclusión no Plan.

3.- Instar ao Alcalde-Presidente a iniciar conversacións con RENFE e a Consellería para a integración da liña ferroviaria Ferrol–Betanzos no Plan de Transporte Metropolitano de Ferrolterra unha vez entre en funcionamento o AVE a Ferrol.

4.- Incluir nos presupostos do 2009, aínda en elaboración,  unha partida para asumir a parte municipal da compensación tarifaria ás operadoras de transporte de viaxeiros.

————————————————————

Esta moción xa foi presentada no rexistro do Concello para o seu debate na sesión plenaria ordinaria do 27 de Novembro.

————————————————————

Add comment Noviembre 20, 2008

Voces contra a violencia machista

30voces1

Este domingo celebraremos o acto “30 voces masculinas contra a Violencia de Xénero“, no que participará o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e presidente da Xunta de Galicia, EMILIO PÉREZ TOURIÑO.

Este acto terá lugar nos Xardíns de Méndez Núñez en A Coruña, o domingo 23 de novembro ás 12:00 horas.

Quedades todos convidados/as a berrar contra esta lacra social.

Add comment Noviembre 19, 2008

EnClave Socialista. 2º de Novembro

Preme na imaxe. Agora en formato Flash

Add comment Noviembre 19, 2008

Festival Visible na Coruña

O Grupo de Participación de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais da Agrupación Socialista da Coruña, xunto có Concello da Coruña, teñen organizando unha serie de actos esta semán para reivindicar a visibilidade destas persoas e potenciar o compromiso da cidade e dos socialistas coa liberdade.

Este é o deseño da campaña:

cartel-11

Clika na imaxe para descargar o programa desta semana

Add comment Noviembre 18, 2008

Previous Posts


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds