DE-MA-GO-XI-A!!!!!
Octubre 29, 2008

Moi ben debe de estar a facelo o presidente Touriño cando os membros do Partido Popular de Galicia centran as súas críticas no prezo dun coche oficial. Levamos xa varios días onde os grandes ideólogos Populares tomárono co vehículo oficial do Presidente da Xunta de Galicia, e non son capaces de articular un discurso máis serio e de maior interese para os galegos e galegas que non sexa o custe do xa famoso Audi A8 presidencial.
Pero o peor, é que están empregando uns argumentos demagóxicos e quitados de todo contexto, aínda que eu persoalmente creo que é pola envexa que sinte o señor Núñez Feijoo, porque sería a el ao que lle gustase disfrutar dese vehículo.
Hai que dicir, que o A8 presidencial non é novo –de paquete, como se di vulgarmente-, posto que xa cumpriu un ano, e ademais que este xa foi encargado no ano 2006. Loxicamente o prezo do coche non é ese, e pódese comprobar en calquera concesionario de Audi (ronda os cen mil euros). Pero o que incrementa o seu valor é a blindaxe que se lle incorpora, como é habitual nesta clase de vehículos, e por motivos de seguridade.
Pero non é Touriño o primeiro presidente da Xunta que usa un vehículo blindado, pero ao mellor resulta que Núñez Feijoo e o PP queren agora que o presidente de todos os galegos e as galegas prescinda das medidas de seguridade que outros presidentes tiveron con anterioridade. Ou é que o presidente Fraga non tiña un coche blindado??. Pero claro ao PP de Núñez Feijoo todo lle vale para facer carnaza política, que non oposición.
Que será o próximo que denuncie o PP de Galicia?. Quizais, que Touriño compra carne de tenreira en vez de comprala de porco, que é máis barata?. Ou se gasta moito de luz en Monte Pío?. Non sei, ao mellor pensa Núñez Feijoo que con eses argumentos tan de peso, pode chegar a ser presidente da Xunta de Galicia, e se algún día chega a acontecer, xa o quero ver eu viaxando nun Seat Ibiza, igualiño que o fai agora, ou como facía cando era membro do goberno galego.
Tamén Mar Barcón, diserta sobre este tema de importancia…
Entry Filed under: Campaña, Galicia, PSdeG-PSOE, Varios, política, sociedade. .
1 Comment Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. Martiño | Octubre 30, 2008 at 3:21 pm
En este punto tengo que reconocer que tenéis razón y estoy totalmente de acuerdo con vosotros. Detesto esa forma de hacer política y de señalar el detalle como ejemplo de una forma de gobernar.