Archive for Octubre 2008
Pleno Ordinario de Outubro
Orde do día e Convocatoria:

Preguntas que presentou o Grupo Municipal Socialista:
- Preguntas relacionadas co Orzamento 2008 e o seu grado de execución e cumprimento:
1º Na Memoria da Alcaldía do documento orzamentario para o ano 2008, sinálase que estamos ante “un orzamento novo, ilusiónante, realista, consensuado cos que teñen asignadas tarfeas técnicas, é sobre todo e a diferencia de anos anteriores executable ao 100%”. Dada a ausencia do informe semestral comprometido na Base 43 do Orzamento (feito este xa denunciado polo socialistas no Pleno Extraordinario de Outubro), cal é o grado de execución orzamentaria a esta data?
2º Cantos dos 28 proxectos previstos no Anexo de Investimentos foron executados ou licitados ata o día de hoxe?
3º Dos 100.000€ estimados e derivados das altas no IAE previstas no Polígono Industrial de Vidreiro, canto se recadou ata este momento?
4º Dos 190.300€ previstos prudencialmente en concepto de licencias urbanísticas, canto se recadou ata esta data?
5º Dos 39.250€ que se calculou recadar este ano en Multas e Sancións, cun incremento sobre o anterior orzamento de 20.000€ derivados da incorporación de novos axentes, e da imposición de sancións por incumprimento da normativa urbanística, canto se recadou ata esta dta.?
6º Na base 29 do Orzamento, sinálase que o complemento de productividade distribuiríase segundo os criterios obxectivos que determine o Pleno da Corporación. Existe algunha proposta ou xa se fixaron unilateralmente estes criterios? Cando van ir a Pleno?
- Diferentes cuestións:
1º Vai haber algunha convocatoria antes de rematar o ano en relación coa Oferta de Emprego Público? Existe algunha posibilidade de pactar os prazos e vacantes que haberán de sacarse a Concurso-Oposición?
2º Fíxose algunha xestión para a actualización e mellora dos topónimos do noso termo municipal, dado o proxectado cambio de indicadores previsto polo Goberno?
3º Para cando está prevista a convocatoria do Consello Escolar Municipal que habitualmente se celebra a comezo de cada curso?
4º Ten previsto o Goberno Municipal algunha actuación en relación co edificio da Rúa Real, esquina Rúa Cantón, que se atopa aberto polas dúas fachadas á vía pública, e se está a converter nun vertedoiro incontrolado de lixo no centro da Vila e en Pleno casco histórico?
—————————————————————-
Podedes ver en “La Opinión de A Coruña” un resumo das respostas do PP
—————————————————————-
Add comment Octubre 31, 2008
DE-MA-GO-XI-A!!!!!

Moi ben debe de estar a facelo o presidente Touriño cando os membros do Partido Popular de Galicia centran as súas críticas no prezo dun coche oficial. Levamos xa varios días onde os grandes ideólogos Populares tomárono co vehículo oficial do Presidente da Xunta de Galicia, e non son capaces de articular un discurso máis serio e de maior interese para os galegos e galegas que non sexa o custe do xa famoso Audi A8 presidencial.
Pero o peor, é que están empregando uns argumentos demagóxicos e quitados de todo contexto, aínda que eu persoalmente creo que é pola envexa que sinte o señor Núñez Feijoo, porque sería a el ao que lle gustase disfrutar dese vehículo.
Hai que dicir, que o A8 presidencial non é novo –de paquete, como se di vulgarmente-, posto que xa cumpriu un ano, e ademais que este xa foi encargado no ano 2006. Loxicamente o prezo do coche non é ese, e pódese comprobar en calquera concesionario de Audi (ronda os cen mil euros). Pero o que incrementa o seu valor é a blindaxe que se lle incorpora, como é habitual nesta clase de vehículos, e por motivos de seguridade.
Pero non é Touriño o primeiro presidente da Xunta que usa un vehículo blindado, pero ao mellor resulta que Núñez Feijoo e o PP queren agora que o presidente de todos os galegos e as galegas prescinda das medidas de seguridade que outros presidentes tiveron con anterioridade. Ou é que o presidente Fraga non tiña un coche blindado??. Pero claro ao PP de Núñez Feijoo todo lle vale para facer carnaza política, que non oposición.
Que será o próximo que denuncie o PP de Galicia?. Quizais, que Touriño compra carne de tenreira en vez de comprala de porco, que é máis barata?. Ou se gasta moito de luz en Monte Pío?. Non sei, ao mellor pensa Núñez Feijoo que con eses argumentos tan de peso, pode chegar a ser presidente da Xunta de Galicia, e se algún día chega a acontecer, xa o quero ver eu viaxando nun Seat Ibiza, igualiño que o fai agora, ou como facía cando era membro do goberno galego.
Tamén Mar Barcón, diserta sobre este tema de importancia…
1 comment Octubre 29, 2008
Ratificada co 100% de apoio, a executiva local do PSdeG-PSOE eumés
Este pasado domingo, día 26 de Outubro, a Asemblea Local do PSdeG-PSOE aceptou, coa totalidade dos votos a favor (sen abstencións nin en contra), a proposta do Secretario Xeral, Ignacio Filgueiras, para continuar na dirección do PSdeG-PSOE eumés.
Esta ratificación ven despois de 10 meses da elección da nova dirección socialista o pasado mes de decembro, e “ven a dar continuidade ao proxecto renovador que necesitaba o PSdeG-PSOE eumés, e ven a dar o apoio ó labor que se está a facer no partido e a apoiar os proxectos de futuro que temos” comentou o Secretario Xeral.
Na Asemblea, Filgueiras fixo un resumo das actividades que levou a cabo a actual dirección nos 10 meses que leva de labor, “un traballo ilusionante, ben pensado e cun rumbo claro”
En relación ao futuro e ao proxecto político dos socialistas eumeses, comentou que ”estamos ante un partido serio, unido, coas ideas claras e cun proxecto político para Pontedeume que queremos e poderemos levar adiante. Sabemos o que queremos facer e como o queremos facer”
Aproveitou tamén para facer un breve resumo das accións do Goberno do PP que “pódense resumir no recente informe de intervención, que xa destaca as súas accións”, “penso que non é necesario definir nin xulgar as políticas do PP, só basta con saír á rúa cos ollos abertos”, concluíu.
A nova dirección socialista, non sufre cambios coa dirección elixida no pasado mes de decembro que se completa cos seguintes nomes:
Secretario Xeral: Ignacio Filgueiras Martinez
Secretario de Organización: Bernardo Fernández Piñeiro
Secretario de Administración e Acción Electoral: José Simoes Couceiro
Secretaria de Igualdade e Movementos Sociais: Mari Carmen Cascallar Pita
Secretario de Política Municipal: Agustín Vilariño Gómez
Secretario Executivo: Ramón Rodríguez Leira
Secretaria Executiva: Blanca Sande Cuíñas
Secretario Executivo: Paco Paz Anca
Secretario Executivo: Benigno García Otero
Secretaria Executiva Concepción Allegue del Río
Secretario Executivo: Antonio Allegue
Representante das XSG: Victor Pelaz Abeledo
Presidente de honor da Agrupación Local: Juan Balado Galego.
1 comment Octubre 29, 2008
Rutas por Pontedeume
Que liñas pasan por Pontedeume?
A Consellería de Política Territorial e Obras Públicas, publica na páxina web as rutas, horarios e prezos dos diferentes transportes metropolitanos.
1 comment Octubre 28, 2008
Os Orzamentos Xerais do Estado recollen unha partida de 400.000€ para conquerir unha saída da AP-9 á altura do Polígono de Vidreiro
O socialista Antón Louro, Coordinador do Socialistas Galegos no Congreso dos Deputados, pactou unha enmenda as Orzamentos Xerais do Estado co representante do BNG en Madrid, para conquerir 400.000€ para a consecución dunha saída da AP-9 a altura do Polígono Industrial de Vidreiro en Pontedeume.
Os Socialistas eumeses xa presentaran unha moción ao Pleno Municipal solicitando ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia a necesidade desta saída da autopista AP-9 para tentar desviar os diferentes tráficos do interior da Vila eumesa, debido á densidade de tráfico que soporta a N-VI ao seu paso por Pontedeume, moi preto do casco histórico da Vila e que divide Pontedeume nas dúas zonas con máis densidade de poboación como son o Centro Histórico e a Avda. Ricardo Sánchez.
Ademais dunha demanda socialista, apoiada no Pleno Municipal por tódolos Grupos Municipais, é tamén unha demanda dos colectivos sociais eumeses, asociacións de veciños e asociación de tódolos ámbitos constituídos formalmente en colectivo fai uns meses. Este colectivo mantivo unha reunión co Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González, e coa Deputada Socialista, Beatriz Sestayo, para trasladarlles as demandas do Colectivo que, ademais de outras, consideraban prioritaria esta actuación na AP-9.
Os socialistas eumeses farán o seguimento desta partida para concretar a actuación prevista no menor tempo posible, xa que consideran unha actuación esencial para o desenvolvemento e crecemento da Vila.
Esta nova foi recollida en “Diario de Ferrol“, “La Voz de Galicia” e “La Opinión de A Coruña“
10 comments Octubre 27, 2008
Boletín Socialista Nº2 – Ano 1 – Outubro 2008
Aquí podedes descargarvos o Boletín Socialista da Agrupación Socialista de Pontedeume. Esperamos que sexa do voso interese, e o difundiremos tanto en papel como en dixital. Podedes descargalo na sección “DESCARGAS” deste blogue.
Nuns días vos chegará a casa este boletín impreso.
Descargádeo pinchando na imaxe de arriba ou aquí.
1 comment Octubre 25, 2008
Moción que presentaremos no vindeiro Pleno de Outubro sobre Educación
(…)
Propoñemos os seguintes acordos:
1º Solicitar formalmente e mediante escrito á Consellería de Educación a cesión de terreos para ampliación da Rúa da Galera e construcción da beirarrúa co fin de asegurar e mellorar o acceso peonil e rodado ao CEIP “Couceiro Freijomil”, acompañando o correspondente proxecto técnico.
2º Solicitar formalmente e por escrito á dirección do IES “Fraga do Eume” e á Consellería de Educación, que autoricen o uso como aparcamento público do actual campo de fútbol de terra anexo ao centro, fora do horario escolar, e nas condicións que acorden ambas administracións educativas e o Concello de Pontedeume.
Pontedeume a 22 de Outubro de 2008
Asdo: Agustín L. Vilariño Gómez
Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE Pontedeume
——————————————————————
PD: Para descargar a moción completa (coa exposición de motivos) pinchade aquí (1 e 2) ou na seción “TRABALLO MUNICIPAL” na parte superior deste blogue.
2 comments Octubre 24, 2008
Vertedoiro público na rúa Real

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume denunciamos na Sesión Plenaria do mes de Septembro a existencia dun “vertedoiro incontrolado” en pleno casco histotórico, mais concretamente nun edificio sito na rúa Real esquina Cantón.
Poís ben, a día de hoxe podemos comprobar que, dende o Goberno Municipal, segue sen tomarse ningunha medida para arranxar esta situación; é máis, dende a Concellería de Servizos dirixida polo Sr. Crespo nin se quera se procedeu á retirada do lixo alí amoreado, constituíndo este un perigo para a saude pública por tratarse dun foco infeccioso.
Este feito parécenos, se cabe máis grave, por atoparse esta construcción a escasos 30 metros da Casa do Concello, nunha das rúas máis transitadas da nosa vila.
Esta situación ven a amosar unha vez máis a ineficacia e incompetencia do Goberno do Sr. Torrente; unida á súa “deixadez deliberada” no que se refire ó Servizo de Limpeza, xa que non se pode explicar de outra forma o feito de que non se tomara nin a maís mínima medida ó respecto a pesar de seren informaodos hai case un mes.
Fdo. Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro do Grupo Municipal Socialista
2 comments Octubre 22, 2008
La Xunta financia con 230.000 euros el saneamiento en Ricardo Sánchez
El Concello de Pontedeume desarrollará con la Consellería de Medio Ambiente el convenio que le permitirá iniciar las obras que dotarán de una red de saneamiento eficiente a la primera fase de la avenida Ricardo Sánchez, en la que se reside casi la mitad de la población del núcleo urbano de Pontedeume.
El departamento autonómico financiará la actuación con una partida de 230.000 euros.Esta fase incluye a las viviendas situadas en la zona central de la avenida y es totalmente independiente de la segunda, que el Concello ejecutará dentro del Programa de Cooperación Local (PCL) de la Diputación de A Coruña.
Este segundo proyecto tiene un presupuesto de casi 600.000 euros -el organismo provincial aportará 444.127 euros y el Concello, 96.000-. También se ha incluido en el PCL el sistema de bombero de aguas residuales en Vidreiro.
Add comment Octubre 21, 2008

