Hoxe entra en vigor a reforma do Imposto de sucesións que elimina a tributación da vivenda habitual e das empresas familiares

Septiembre 1, 2008

Como xa informamos neste blogue a reforma do Imposto de Sucesións e Doazóns beneficiará significativamente aos pequenos e medianos patrimonios familiares posto que se basea nun tratamento moi favorable para dous dos elementos con maior presenza nos patrimonios da maioría das familias galegas: a vivenda habitual e a propiedade de empresas familiares. A nova normativa permite que o 90% das herdanzas galegas queden exentas de tributación, o que sitúa a Galicia nunha posición competitiva respecto do seu entorno, ao situarse na banda baixa dos países europeos no referente a este tributo. Ademais, permite dispoñer dun imposto máis xusto e equitativo, acorde cos cambios sociais e que responde aos desafíos en materia de competencia fiscal doutras comunidades autónomas.

As características fundamentais da Lei aprobada polo Parlamento de Galicia, son a eliminación da tributación da vivenda habitual para o cónxuxe e a redución para os fillos; favorece de xeito significativo aos pequenos e medianos patrimonios; supón a práctica eliminación do tributo para as pemes, empresas familiares e as explotacións agrarias; e a substancial redución das tarifas e os tramos para simplificar o tributo e adaptalos aos cambios do sistema fiscal. Neste sentido, neutralízanse os efectos da competencia fiscal entre comunidades autónomas e incentívase o emprendemento.

Descarga a Lei aquí

Entry Filed under: Galicia, Varios, política, sociedade. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds