Archive for Septiembre 2008

3 anos cambiando Galicia, tamén o sistema educativo

Click na imaxe para descargar a revista sobre Educación (1,56Mb)

Add comment Septiembre 30, 2008

Solo te pido…

Add comment Septiembre 28, 2008

O PP privatizará tamén o servizo “público” de atención á Dependencia

O 5º punto da orde do día no Pleno de Setembro foi a “Asunción do servicio público de axuda a domicilio a persoas valoradas como dependentes según a Lei 39/2006, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia como propio desta administración, xestión do servizo, acordos que procedan”. A nosa postura foi a seguinte:

Dende o grupo Socialista vemos esta proposta de “externalización de Servicios” como a plasmación da imposibilidade deste Goberno de evolucionar cara esta nova etapa na prestación da Asistencia a Domicilio que representa a Lei 39/2006 do 14 de Decembro a coñecida como Lei da Dependencia.

O Concello de Pontedeume xa ten asignadas un total de 33 persoas dependentes ás que terá que atender no momento en que sexan derivadas dende a Administración Autonómica. O total da prestación en horas será de 1.631 e a subvención económica de 155.790 €.

A opción defendida polo grupo do PSdeG-PSOE, xa expresadas no pasados plenos, é a vía pública, crear postos de traballo con perfil de Gran Dependencia. Nunca reducir senón ampliar servicios, priorizar os servicios ás persoas en situacións de especial vulnerabilidade.

Insistimos moito nos tempos, na necesidade de atender xa, a aqueles que sabíamos necesitados e que ademais recibirían unha cuantiosa axuda presupostaría. Pois eles perden horas de atención, e este Concello non ía poder xustificar todos eses cartos.

Non queremos ter que volver a falar do que se está a perder, estando xa concedido. Por iso non vamos a negarnos a esta nova privatización, xa que do xeito que administran os tempos levan as prestacións a unha rúa sen saída. Ou privatizamos ou non chegamos a tempo de dar este servizo pola incapacidade deste Goberno a prepararse durante o tempo que non chegan os cartos, para así, cando cheguen, ter a opción de dar o servizo ao día seguinte.

As empresas teñen o lexítimo lucro pero estas levan parte das axudas. Sendo axudas para os máis necesitados, parécenos especialmente grave. Pero a decisión tomada por esta Concelleira pode ser menos mala se miran de externalizar a través de Empresas de Economía Social. Vémoslle dúas claras ventaxas, a súa probada experiencia pola tradicional ocupación con os máis vulnerables e que o seu lucro de existir é considerablemente menor e ademais repercute directamente en accións sociais, co que traballaríamos máis acorde có espírito desta Lei.

Hai na actualidade moitas empresas deste tipo: Cruz Vermella, DYA, ONG, Fundacións…

Esperamos que o PP reflexione e se decida axiña, pois o tempo, xa fai tempo que se nos botou enriba.

O PSdeG optou “in extremis” pola abstención neste punto por responsabilidade e para favorecer que o Concello poida dar, ainda que non coma entendemos que o debe dar, este servizo.

Así o recolle “La Voz de Galicia”, “La Opinión de A Coruña” e o “Diario de Ferrol”

Add comment Septiembre 27, 2008

Rogos no Pleno de Setembro

En relación coas festas de Setembro que vimos de celebrar, pregamos que no sucesivo, polo Concello se tomen as medidas necesarias para que non se vola a dar unha saída dos Mómaros tan deslucida como a deste ano, co xeral enfado dos numerosos eumeses presentes ás 12h da mañá do día 7 na Praza Real.

Neste mesmo senso, queremos demandar a presenza de Protección Civil na xira ao Río Eume, tanto durante a Festa como na baixada, algo habitual en citas semellantes como nos Caneiros.

O vindeiro luns celébrase a Romaría de Breamo, polo que pregamos que polo persoal do Concello se preparen debidamente os accesos e o campo da festa, se colabore coa organización e se limpe o entorno con prontitude unha vez transcorrida a data festiva.

Ante a próxima convocatoria do POS de Deputación de A Coruña, pregamos se inclúan obras en camiños que xa temos reiteradamente demandados neste Pleno, coma o camiño de Vidrieiro, a baixada e saída da Praia de Centroña ou o camiño do Barro a As Pedridas, se ben a reparación deste último xa viña contemplada no Orzamento de 2008 con recursos propios do Concello (18.704,42€), sen que ata esta data se fixese obra algunha.

Ao longo do verán que ven de rematar, e neste mesm foro, lamentábamos reiteradamente o estado de suciedade que presentaba a nosa Vila e a conseguinte repercusión na pobre imaxe que dela se levaban os numerosos turistas que nos visitan neses meses, e interesabamos un esforzo nas tarefas de limpeza en xeral, e dun modo especial no casco urbano.

A pasada semana os eumeses vimos con agradable sorpresa un despregue simultaneo de medios por “terra, mar e aire” sen precedentes nesta praza: máquinas limpadoras, cisternas para baldeo, numeroso persoal con mangueiras e cepillos, etc. o que nos fixo pensar senón sería máis positivo para tódolos veciños e veciñas e visitantes un esforzo parecido un día por semana durante o ano, especialmente no verán.

Eso é o que lle rogamos ao Grupo de Goberno, e o animamos a que xestionen diante doutras administracións a adquisición para o noso Concello dunha máquina limpadora, que resulta tan necesaria, ofrecéndonos dende este momento para apoiar esa petición diante de quen corresponda con tódolos medios ao noso alcance.

Aquí podedes ver as peguntas que levamos ao Pleno

3 comments Septiembre 26, 2008

Adianto do Pleno de Setembro. Preguntas que formularemos neste Pleno.

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Pontedeume, presenta, para que sexan respostadas no Pleno Ordinario do día 25 de Setembro, as seguintes

PREGUNTAS:

En Plenos recentes chamabamos a atención sobre o abandono e suciedade do entorno do Teixo situado no Paseo Marítimo. A esta preocupación, debe engadirse o mal estado aparente que presenta esta árbore senlleira.

Estase a facer por parte do Concello ou por persoal especializado da Xunta de Galicia algún tipo de seguimento ou control da situación e da evolución deste Teixo?

Existe algunha previsión sobre a data de posta en marcha do servizo de “Comida sobre Rodas”? Nesta cuestión xa nos interesamos no pasado Pleno de Xaneiro (Fai 8 meses), e todavía seguimos sen obter resposta.

Fíxose algunha xestión diante doutras administracións por parte do Concello co fin de conquerir a construcción no Porto de Pontedeume das instalacións que alberguen ao C.N. Firrete e a Club de Vela “O Peixe”? (Este tema foi tratado e interesado por nos xa no mes de Febreiro)

Dende hai 15 anos víñase celebrando, dentro do programa das “Festas das Peras” a Milla Urbana de Pontedeume, proba na que participaban centos de nenas e nenos e que organizaba unha firma comercial da Vila en colaboración co Concello e a Comisión de Festas. O pasado ano, houba que lamentar a escasa implicación municipal na actividade -reducción da aportación económica, ausencia da Protección Civil e do 061, etc.- e o presente ano xa non se celebrou pola falla de colaboración da Administración Local.

Cal o motivo do abandono desta actividade deportiva por parte do Concello?

Nun recente informe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facíase unha valoración en canto á necesidade de creación de novos órganos xudiciais no ámbito autonómico, figurando entre eles un novo Xulgado mixto en Betanzos que sería o cuarto.

Estamos ante unha mala noticia cara a reivindicación histórica dos socialistas e que de forma unánime fixo esta Corporación solicitando a reposición do antigo Partido Xudicial de Pontedeume, e a creación dun Xulgado de Instrucción e 1ª Instancia con sede na nosa Vila, de ahí a importancia de que polo Goberno Municipal se den os pasos necesarios diante da Consellería de Presidencia e demáis organismos implicados para tentar facer efectivo este acordo.

Que xestións se fixeron ao respecto dende a aprobación desta moción?

Nun pasado Pleno Municipal, e respostando a unha pregunta deste Grupo en relación coas accións xudiciais que varios traballadores do Concello estaban a facer diante do Xulgado Contencioso-Administrativo en reclamación dos atrasos, pola aplicación do Convenio suscrito no seu día entre o Concello e o persoal laboral, e a súa cuantificación, polo Sr. Alcalde se nos manifestou que cobrarían os atrasos tódolos traballadores acollidos ao Convenio, houbesen ou non reclamado xudicialmente, pois todos e todas tiñan dereito a percibilos.

Temos coñecemento que por parte Goberno Municipal se deu orde ao Abogado da Deputación de A Coruña, que representa ao Concello, de que, a partir de agora e de forma automática, recorra as sentencias favorables aos traballadores, cuestionando así os dereitos que antes lles recoñecía e retrasando a resolución definitiva do problema.

A que é debido este cambio de criterio?

PD: Os rogos que tamén prentaremos e a nosa postura nos diferentes puntos da Orde do Día deste Pleno Ordinario de Setembro os informaremos aquí estes dias.

1 comment Septiembre 25, 2008

Desidia no mantemento dos Edificios Públicos

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar a pasividade e desidia do goberno do Sr. Torrente, e máis concretamente da Concelleria de Obras e Servizos dirixida polo Sr. Crespo, ante as “pintadas” realizadas polos vándalos nos edificios de titularidade municipal.

Hai meses que vimos sufrindo na nosa vila un incremento do vandalismo, especialmente no que se refire ás pintadas. O noso grupo denunciou pleno tras pleno esta situación, instando ao goberno do PP a que procedese á limpeza dos edificios  municipais afectados por esta “lacra”.

A día de hoxe atopámonos conque a maioría seguen sen limparse, como é o caso da Biblioteca Municipal, da Casa da Cultura ou do antigo Centro de Saúde (Foto), no que agora están instalados a escola de música Charamela e Orballo, e que presenta unha imaxe máis típica dun suburbio dunha gran cidade norteamericana que dunhas instalacións adicadas a actividades culturais. Desgraciadamente estes non son os únicos expemplos, hai máis. Calqueira que se pasee pola Alameda de Raxoi poderá comprobar o estado no que se atopa o palco, un auténtico “mural de improperios”, ou mesmo as árbores, “marcadas” con sprai como se de reses se tratasen. Pero a desidia deste goberno chega máis lonxe, xa que segue sen limparse, despóis de varios meses e moitos rogos dos grupos da oposición, un dos símbolos da nosa vila có que tódolos eumeses nos identificamos, o Torreón dos Andrade.

Esta situación ven a confirmar, unha vez máis, o desbordamento e incapacidade do Goberno do Sr. Torrente para cumprir coas obrigas básicas dun gobernante.

Fdo. Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro do Grupo Mnuicipal Socialista

****** Falan do tema na “Voz de Galicia” ******

Tamén en “La Opinión de A Coruña”

Add comment Septiembre 24, 2008

EnClave Socialista Setembro

Preme na imaxe para descargalo

Add comment Septiembre 23, 2008

Proxecto de Lei de Pesca de Galicia

Vos informamos e presentamos o “Proxecto de Lei de Pesca de Galicia” que ten sido remitido ao Parlamento de Galicia pola Xunta de Galicia para o seu debate e aprobación.

O podedes descargar aquí.

Add comment Septiembre 23, 2008

Festa dos Socialistas en Vilagarcía

O presidente da Xunta de Galicia e secretario xeral dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, pechou hoxe o turno de intervencións na VIII edición da festa dos socialistas de Galicia en Vialgarcía.

No seu discurso, Touriño lebrou que “hai 8 anos, cando decidimos celebrar esta festa por primeira vez, tiñamos dúbidas sobre cal sería o ánimo festeiro dos socialistas de Galicia, pero hoxe estamos desbordados e Vilagarcía saturada”. O líder do PSdeG agradeceu e deu os seus parabéns a tódolos militantes, simpatizantes e compañeiros que “fixeron todo o posible para que esta festa fora como é, un acto cheo de ilusión e de ganas de avanzar”.

O secretario xeral do PSdeG considerou que “este partido, como Galicia, cada ano avanza máis”. Afirmou que “somos o partido da Galicia que confía en sí mesma, o goberno non é a nosa meta é o tránsito para facer cada día unha Galicia máis libre, máis solidaria e máis xusta”. E engadiu que o PSdeG “é a forza de Galicia, é a forza do cambio, o cambio, para min como presidente é facer que os valores cívicos sempre estean por enriba do poder do diñeiro e do poder polo poder”. Touriño apuntou que cre que o PSdeG “é quen mellor representa a pluralidade desta sociedade galega libre e democrática, cremos que, por riba de todo, temos que construír unha Galicia de cidadáns iguais, sen discriminación, onde incorporemos todo o alento, toda a capacidade e toda a sensibilidade das mulleres do noso país”.

O líder dos socialistas galegos explicou que “pasaron tres anos desde que asumimos a responsabilidade do cambio e agora xa ninguén se acorda da Galicia de Fraga, que parece unha antigüalla”. E apuntou que “eso mesmo pensa o PP e amósao neses documentos de estratexia nos que andan buscando aliados, porque eles se dan conta de que non teñen nada que facer nas próximas eleccións, porque saben que, tras elas, haberá en Galicia un presidente e un goberno socialista para seguir cambiando este país”.

Touriño lembrou que “hoxe gobernamos na inmensa maioría das cidades e dos concellos, temos a responsabilidade de goberno en España e en Galicia; porque hai unha maioría social que quere renovación, progreso e avance. A maioría quere deixar atrás a Galicia da chapuza e do caciquismo. A Galicia do PP quedou atrás”.

O presidente da Xunta expuxo que nestes tres anos “teñen ocurrido cousas importantes e Galicia está vivindo o período máis positivo e valioso de toda a súa historia”. Comentou que foron tres anos “valiosos para o emprego, tres anos de igualdade e de progreso, dunha nova forma de gobernar, tres anos para a ordenación do territorio e o respecto ao medio ambiente, de creación de infraestruturas en Galicia, de municipalismo”. Neste senso fixo referencia ás declaracións de Feijoo “que quere confundir e di que o PSOE non cumpre o pacto local, cando foi este goberno quen o puxo en marcha para revitalizar os concellos”.

Touriño asegurou que foron tres anos dunha Galicia solidaria, que fai da educación o ADN do cambio, 3 anos de autogoberno, cohesión, igualdade, de un país mellor preparado para responder ante as dificultades que nos veñen”.

O secretario xeral do PSdeG explicou que Galicia é unha nave segura, con musculatura segura e de progreso, porque temos menos paro, unha economía forte no exterior e é unha nave onde tódolos remeiros van na mesma dirección, mentres outros, como Núñez Feijoo e o PP, dedícanse a enredar”.

Touriño considerou que o PP “ahora anda chamando á porta dos nacionalistas, pois se queren volver ao galeguismo, que deixen de atacar á nosa lingua. Se queren deixar de mirar para Madrid que non sigan boicoteando a reforma  do Estatuto de Galicia”.

Segundo afirmou “Núñez Feijoo ten un problema de frivolidade e de insolvencia: tanto lle ten defender unha cousa como a outra”. Cualificou ao partido popular como “o partido moroso por excelencia que non recoñece nin responde ás débedas que ten con Galicia e coloca a un insolvente como Feijoo á fronte do destino de país”.

Touriño reiterou o seu compromiso de que o tren de alta velocidade chegue a Galicia nos prazos comprometidos e indicou que “temos por diante o mellor futuro de Galicia, estamos a construílo entre todos dende a confianza”.

O presidente da Xunta rematou a súa intervención pedindo aos presentes que “fagades o posible para que ese cambio non se pare e que en primavera agrome un mellor futuro para a nosa terra”

Add comment Septiembre 22, 2008

Acto coa Presidenta do Parlamento de Galicia en Pontedeume

O PSdeG-PSOE organizou o pasado venres unha charla informativa de balance destes tres anos de Goberno do PSdeG-PSOE na Xunta de Galicia.

O primeiro en tomar a palabra e iniciar o acto foi o Secretario Xeral dos Socialistas eumeses, Nacho Filgueiras, que comentou a importancia de ter feito estes balances tanto no primeiro ano de Goberno coma no segundo e agora neste terceiro ano, xa que “ás veces, é necesario sentarse e reflexionar sobre o que estamos a facer e sobre todo, en que podemos mellorar para mellorar a vida dos e das cidadáns”. Fixo un balance das intervencións e inversións da Xunta de Galicia en Pontedeume nestes tres anos de Goberno destacando “O novo Couceiro Freijomil, a nova lonxa e novos almacéns para os pescadores, ou a pendente obra de remodelación do peirao de Pontedeume, así como pequenas inversións, ao mellor menos visibles pero igual de importantes, coma a depuradora de Ombre, a mellora da AC-144 e AC-151 ao seu paso por Nogueirosa e Andrade, así como moitas subvencións para a contratación de  personal, de proxectos medioambientales, educativos, sociais, ou para financiar pequenos proxectos para infraestructuras ou saneamentos”

Moitas destas inversións, denunciou Filgueiras ”estanse a perder pola incapacidade manifesta do Goberno Municipal eumés que perde, deixa pasar ou non pide subvencións, ou non traballa para conseguir novas inversións para Pontedeume”.  Neste punto tamén  recordou as inversións de tódalas administracións supramunicipais en Pontedeume, a Deputación da Coruña e o Goberno do Estado, como na mellora do entorno da praia de Ber ou beirarrúas, asfaltados, dotacións, saneamentos ou infraestructuras que pon en marcha a Deputación de A Coruña.

Pola súa banda a Parlamentaria Beatriz Sestayo disertou sobre a gran capacidade lexislativa deste Goberno. Recordou a “gran cantidade de Leis que saíron adiante con este Goberno sustentado nunha maioría Parlamentaria que deixa en evidencia a estabilidade deste “Goberno de Progreso”. Destacou tamén as comparecencias no Parlamento do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,  que só nestes primeiros anos de Goberno xa supera as comparecencias do anterior Presidente da Xunta, Manuel Fraga.

Xa pechando o acto informativo, a Presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, fixo unha compilación de “feitos que nos están a levar a este cambio tranquilo co que se comprometeu o Presidente Touriño”. Feitos como o incremento no 22% en inversión para Sanidade ou en máis de 35% en Educación “políticas básicas para o desenvolvemento social e educativo dun país”.

Destacou tamén o feito de ter conseguido para Galicia o compromiso do Estado de “inverter como mínimo o 8% da inversión total do Estado no noso País”, dato que se leva cumprindo tres anos, para facer que Galicia avance e chegue a converxencia con España e Europa. Recordou que estes datos de inversión e as políticas que segue a Xunta de Galicia, están a facer que en Galicia se crearan o 50% dos postos de traballo que se crearon en toda España.

1 comment Septiembre 15, 2008

Previous Posts


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds