“A Alta Velocidade en Galicia chamarase José Luís Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño”
Agosto 27, 2008
Barcón: “Hoxe temos aquí o telonero. É unha delicia que o Sr. Rajoy visite Galicia, porque eso lle vai permitir ver as obras que eles nunca fixeron”
A Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, afirmou hoxe que “os socialistas valoran moi positivamente a visita que realiza o Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE; José Luis Rodríguez Zapatero. Para nós é extremadamente importante esta visita e enorgullécenos doblemente, xa que por un lado é un recoñecemento ao Goberno galego polo seu esforzo inversor no desenvolvemento das infraestruturas, e e por outro lado esta visita ven a concretar, a poñer negro sobre branco, no impulso ao investimento do Goberno central”.
Barcón salientou que “José Luis Rodríguez Zapatero visita infraestruturas moi importantes que representan o compromiso do Goberno con Galicia: a plataforma do AVE, que asegura o desenvolvemento de solo industrial, de emprego, de empresas, de infraestruturas de comunicación”.
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política. .
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. eumés | Agosto 27, 2008 at 11:49 am
pero qué nomes son eses? quén carallo vai decir “AHÍ VEN O Touriño ou o Zapatero? A min gústame máis o expres Rías Baixas ou algo así? En todo caso, como o Talgo, poñede unhas siglas en plan Tren Touriño alTa velocidade ou TTT
2. Eumés | Septiembre 12, 2008 at 4:03 pm
Pois eu chamaríalle “16 anos despois” en referencia ó primeiro traxecto Sevilla-Madrid de 1992. Saúdos