Archive for 23/08/08
Zonas verdes en Pontedeume?
Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de total abandono no que se atopan as zonas verdes da nosa vila, especialmente por descuidada e por ser a máis céntrica da nosa Vila, a alameda de Rajoy.
O Grupo de Goberno ven de gastar 2.000 euros nun revestimento de caucho para cubrir os espazos que quedaban entre o pe das árbores e a beirarúa na parte alta da alameda, actuación que nos parece positiva. O grave é que a escasos dous metros, na mesma zona, non se esté a barrer nin a baleirar as papeleiras durante días. Nin sequera se colocan no seu lugar e suxeitan ó chan os bancos arrincados do seu sitio, actuación esta última que xa foi demandada polo noso grupo no pleno de XANEIRO, hai SETE MESES.
Desgraciadamente o Goberno do PP fai “oídos xordos” a este e a outros moitos rogos presentados polo PSdeG-PSOE ( …, Maio, Xuño, Xullo, …), a pesar das numerosas queixas que a este respecto hai por parte dos veciños.
Pero esta non é a única zona verde que está a sufrir a mala xestión deste goberno; o paseo marítimo, o parque de Vizús, o lavadoiro de Esteiro, a fonte e lavadeiro de Ombre, os arredores da igrexa de Breamo, …, son só algúns dos exemplos.
Esta situación, unida á constante falta de limpeza das rúas da Vila, (incluido o peirao por causa do “botellón“) está a dar unha pésima imaxe da nosa vila na época que máis visitantes recibe.
Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro de Obras, Servizos e Parroquias do Grupo Municipal Socialista
Add comment Agosto 23, 2008