Despreocupación polos máis pequenos e as súas familias.

Agosto 19, 2008

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE queremos denunciar o ocultismo do Goberno Municipal coas familias que teñen seus fillos e fillas na Escola Infantil Municipal. Esta, proximamente terá que pechar as súas portas para realizar reformas necesarias por requirimento da Inspección da Xunta de Galicia. Os pais e nais seguen sen saber cando se realizarán estas obras para reorganizar a súa vida familiar ao verse privados deste fundamental servicio educativo.

No último Pleno, o 31 de Xullo interesámonos por este tema, pedindo que o Concello paliara esta perda temporal . A Concelleira responsable,a Sra García, dixo ao Pleno que os pais xa estaban informados, que ningunha familia se queixara ou demandara axuda para eses días e anunciou que pecharía do 25 de Agosto a mediados de Setembro, ata despois das festas.

Pois ben, a día de hoxe, aínda os pais e nais non foron informados, o que lles impide organizar a súa vida nunhas datas en que nas empresas se non se solicita coa debida antelación é practicamente imposible cambiar as vacacións. Esta actitude é unha mostra da falta de respecto ao Pleno e as familias afectadas.

Hai máis exemplos do escaso compromiso do Grupo de Goberno cos menores. Vimos recibindo as queixas dos pais e nais que levan os pequenos ao parque do Paseo Marítimo pois desde hai dous meses seus fillos teñen que xogar no cemento que botou o Concello para a colocación dun solo de caucho. Esta situación xa foi denunciada polo noso grupo xa que non é lóxico que se retire a area e se cemente se a protección de caucho non vai a ser colocada inmediatamente, tendo en conta o perigo que esto supón para os menores.

Esta é unha máis das “pequenas” e “urxentes” contratas do Sr Crespo á empresa privada.

Faise eco desta nova “La Opinión de A Coruña”

Tamén “La Voz de Galicia”

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume, sociedade. .

4 Comments Add your own

  • 1. eumés  |  Agosto 19, 2008 at 2:14 pm

    E eu vos emprazo a que expliquedes as razóns de que tras dous anos de obras no Couceiro e co problemático estren estreno do novo colexio polas molestias contínuas ocasionadas aos rapaces a día de hoxe a cole non conte con servizo de comedor. É case impensable que en todo o concello non se dispoña deste servizo. A pesar das promesas feitas polo anterior goberno no próximo curso as familias eumesas non disporán deste imprescindible servizo.

    Responder
  • 2. psoepontedeume  |  Agosto 19, 2008 at 3:03 pm

    O Colexio solicitoulle á Xunta a concesión do servizo de comedor. Esta concesión está concedida pola Xunta fai 3 ou 4 meses.
    O servizo de comedor será a través dun catering e xestionado polo ANPA co Colexio, co cal, este ano si haberá servizo de comedor no Couceiro Freijomil.

    Responder
  • 3. Antón  |  Agosto 27, 2008 at 3:48 pm

    Me parece que criticamos por criticar,ustedes señores del PSOE fueron quienes inauguraron la guardería a bombo y platillo,aun sabiendo que no cumple con la normativa, y ahora que se trata de corregir una serie de precariedades ustedes dicen que la gente está muy afectada,no digo que algo si,pero que padre no quiere una mejora que redundará en la seguridad y salud de sus hijos?,porque se acuerdan ahora de criticar cuando saben que esta “guardería” nació con serias deficiencias y dudo mucho que reuna las condiciones necesarias para ser llamada guardería,porque en vez de crticar,algo que ustedes hicieron mal desde un principio,no se dedican a tratar de gestionar mejoras para estao es que todo vale con tal de desacreditar al otro partido.Miren su actuación anterior en cuanto a este tema y dediquense a intentar mejorar el pueblo no solo a criticar……

    Responder
  • 4. psoepontedeume  |  Agosto 27, 2008 at 3:55 pm

    Cando a Escola Infantil botou a andar cumpría tódolos requisitos legais para a súa apertura.
    Agora non, xa que eses requisitos cambian, evolucionan ou xa non se dan.
    É normal que a Escola Infantil teña que renovarse e modernizarse, ninguén discute iso, simplemente, e cremos que é fácil de entender, a forma de facelo non foi a apropiada.
    A día de hoxe, algún pai e nai non sabe OFICIALMENTE que a Escola está pechada, e a algún pai e nai os avisaron días antes do peche. Non nos parece unha normal forma de actuar e de proceder e por iso o denunciamos, se ti cres que esta foi a forma oportuna de xestionar o peche (lóxico e apropiado) da Escola Infantil non estamos dacordo.
    O noso labor é denunciar o que consideramos que se xestiona mal ou non se xestiona, e este é un caso máis (dos moitos) no que o PP de Pontedeume fai augas na súa xestión pública.
    Un saúdo.

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Agosto 2008
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds