Solucións ao tráfico: mellor, todos xuntos.

Agosto 10, 2008

Os contínuos problemas de tráfico que se están a rexistrar en Pontedeume desde hai xa tempo, derivados do incremento do tránsito de vehículos na N-651 e da demora na modernización das infraestructuras, non recibiron ata o de agora a necesaria atención por parte das diferentes administracións.

A conxestión case permannte, a polución e a deteriorización do casco histórico son as súas consecuencias máis visibles, que afectan tamén aos concellos da comarca en maior ou menor medida e que se fan especialmente chamativos nunha vila que pretende facer do patrimonio natural e cultural o seu sinal de identidade.

Fronte ás solucións parciais, pouco efectivas e de gran impacto plantexadas na actualidade e basadas na creación  dunhas rotondas con pasos subterráneos para  peóns, a cidadanía esixe unha resposta rápida e máis axeitada. A liberalización do tramo de autopista entre Pontedeume e Fene, compromiso adquirido polas administracións desde hai anos, é, xunto co acceso en Vidriero –infraestructura básica-, unha proposta razonáble que contribuiría a aliviar o tráfico ao actuar como circunvalación de Pontedeume,evitando alternativas máis custosas financieiramente e de maior impacto ambiental. Esta medida conta xa con precedentes e cun amplo respaldo cidadán, do que dan proba as numerosas iniciativas presentadas nos Concellos da comarca.

A necesidade dunha resposta cidadá ampla e unitaria levou a asociacións veciñais, colectivos cidadáns e partidos políticos de Pontedeume a constituir unha plataforma co obxectivo de iniciar unha campaña de mobilización para reivindicar a conversión do tramo de autopista nunha vía de circunvalación e conseguir unha saída no polígono de Vidrieiro, paso previo para remediar as complicacións que a intensa circulación de vehículos xenera no noso contorno.

O PSdeG-PSOE eumés está comprometido con esta plataforma, está comprometido con presionar ao máximo ás diferentes administracións para porlle solución a este problema que levamos sufrindo durante anos. Consideramos que a saída da autopista en Vidrieiro, sería un gran logro e a primeira medida a tomar para desconxestionar a nosa Vila de vehículos tanto pesados como turismos.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, comarca, política, pontedeume, sociedade. .

2 Comments Add your own

  • 1. Eumes  |  Agosto 10, 2008 at 7:58 pm

    Era hora de que entre todos se traballe para lograr desconxestionar a nosa vila.

    Creo que algo no que si poderíades axudar é en darlle contas o Sr. Irisarri e pedirlle explicación en porque votou en contra da liberación do peaxe entre Pontedeume e Ferrol. (Pleno do 31 Xullo deste mes)

    http://www.ferrol-concello.es/documentos/pleno31072008_rdo.pdf

    Como si non se visen afectados aqueles ferrolanos que teñen que desprazarse afora de Ferrol.

    É urxente unha rectificación por parte do PSOE de Ferrol sobre este tema e lograr o maior consenso entre todos os colectivos posibles de Ferrolterra.

    Responder
  • 2. outroeumés  |  Agosto 11, 2008 at 3:06 pm

    Corixindo ao eumés
    darlle contas non, pedirlle contas si
    en porque votou en contra non, de porqué votou si
    liberación do peaxe non, liberación da peaxe si
    ferrolanos non, ferroláns si
    desprazarse afora non, desprazarse fóra si

    e que son moitas as meteduras de pierna

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Agosto 2008
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds