Archive for 10/08/08

Solucións ao tráfico: mellor, todos xuntos.

Os contínuos problemas de tráfico que se están a rexistrar en Pontedeume desde hai xa tempo, derivados do incremento do tránsito de vehículos na N-651 e da demora na modernización das infraestructuras, non recibiron ata o de agora a necesaria atención por parte das diferentes administracións.

A conxestión case permannte, a polución e a deteriorización do casco histórico son as súas consecuencias máis visibles, que afectan tamén aos concellos da comarca en maior ou menor medida e que se fan especialmente chamativos nunha vila que pretende facer do patrimonio natural e cultural o seu sinal de identidade.

Fronte ás solucións parciais, pouco efectivas e de gran impacto plantexadas na actualidade e basadas na creación  dunhas rotondas con pasos subterráneos para  peóns, a cidadanía esixe unha resposta rápida e máis axeitada. A liberalización do tramo de autopista entre Pontedeume e Fene, compromiso adquirido polas administracións desde hai anos, é, xunto co acceso en Vidriero –infraestructura básica-, unha proposta razonáble que contribuiría a aliviar o tráfico ao actuar como circunvalación de Pontedeume,evitando alternativas máis custosas financieiramente e de maior impacto ambiental. Esta medida conta xa con precedentes e cun amplo respaldo cidadán, do que dan proba as numerosas iniciativas presentadas nos Concellos da comarca.

A necesidade dunha resposta cidadá ampla e unitaria levou a asociacións veciñais, colectivos cidadáns e partidos políticos de Pontedeume a constituir unha plataforma co obxectivo de iniciar unha campaña de mobilización para reivindicar a conversión do tramo de autopista nunha vía de circunvalación e conseguir unha saída no polígono de Vidrieiro, paso previo para remediar as complicacións que a intensa circulación de vehículos xenera no noso contorno.

O PSdeG-PSOE eumés está comprometido con esta plataforma, está comprometido con presionar ao máximo ás diferentes administracións para porlle solución a este problema que levamos sufrindo durante anos. Consideramos que a saída da autopista en Vidrieiro, sería un gran logro e a primeira medida a tomar para desconxestionar a nosa Vila de vehículos tanto pesados como turismos.

2 comments Agosto 10, 2008


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Agosto 2008
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds