Archive for 8/08/08
Política Territorial otorgoulle a Pontedeume 102.514,64 € para o planeamento urbanístico.
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes comprometeu xa 20,2 millóns de euros en axudas a 217 concellos que decidiron adaptar o seu planeamento á normativa urbanística vixente. Cómpre salientar que a Lei do Solo 9/2002 obrigaba aos concellos a adaptar o seu planeamento á citada normativa antes do 1 de xaneiro de 2006. Sen embargo, a día de hoxe unicamente 27 municipios realizaron dito traballo, que é de competencia municipal. Para axudarlles nese cometido, a CPTOPT habilitou 26,5 millóns de euros en axudas ata 2012, dos cales xa foron comprometidos os anteditos 20,2 millóns de euros. Ademais, a CPTOPT mantén o seu compromiso de, se así é preciso, incrementar aínda máis a contía destinada a axudar aos concellos para que todos conten cun planeamento urbanístico adaptado á normativa. O obxectivo é que as limitacións das administracións locais non supoñan un impedimento para que poidan elaborar o seu planeamento.
Dos 217 concellos con axudas concedidas, 182 xa coñecen as contías que recibirán durante o proceso de elaboración dos seus PXOM mentres que a 35 unicamente lles resta por coñecer a axuda exacta a percibir. Outros 6 concellos están pendentes de completar a documentación requirida para obter as axudas.
As axudas de Política Territorial aos concellos contemplan subvencións para desenvolver Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM) así como Plans Especiais de interese público como son os dotacionais, de protección do medio rural e de rehabilitación e conservación, entre outros. É dicir, todos os plans de carácter público que pode promover unha administración local. O feito de que estas axudas actúen en concorrencia non competitiva permite atender todas as solicitudes que se presentaron por orde de chegada ata o 31 de maio, data na que rematou a convocatoria de axudas de 2008 que terá a súa continuidade o vindeiro ano.
Con esta liña de subvencións, a totalidade dos concellos galegos terá axudas para financiar o desenvolvemento do seu planeamento, que é da súa competencia. Así, dos 315 concellos do país, Política Territorial subvencionará a totalidade do custe do desenvolvemento dun Plan Xeral no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes, é dicir, 196 municipios non deberán realizar ningún desembolso económico para a actualización dos seus planeamentos. No caso dos concellos de entre 5.000 e 20.000 habitantes (que suman un total de 97) as subvencións serán do 90%, e do 80% para os de entre 20.000 e 50.000 habitantes (15 concellos). Para os concellos de máis de 50.000 habitantes (as 7 principais cidades galegas) a Consellería canaliza as subvencións ao seu planeamento a través de convenios específicos.
No caso dos municipios que teñen anulado ou suspendido por orde xudicial o seu planeamento e independentemente do seu número de habitantes, reciben subvencións do 100% para a elaboración do seus plans xerais de ordenación municipal, posto que están nunha situación máis delicada e é urxente a súa adaptación á legalidade vixente.
Parámetros establecidos con transparencia e obxectividade
Esta liña de axudas ten un carácter transparente e obxectivo de forma que cada concello pode calcular a contía que lle corresponde en función dos parámetros que aparecen perfectamente definidos nos anexos da propia Orde de convocatoria das subvencións publicada o 11 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia. Estes parámetros -que coinciden cos establecidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para determinar as tarifas da redacción dun Plan- son a poboación e a superficie do concello en cuestión, o número de entidades de poboación con que conta, o número de habitantes en cada un dos núcleos e o tipo de planeamento que está vixente no municipio. Os pagamentos realizaranse mediante abonos parciais a medida que os concellos certifiquen os avances no proceso de elaboración do seu PXOM que están establecidos na propia Orde.
-Se quere consultar o estado das axudas en cada concello, incluido Pontedeume, preme aquí.
Add comment Agosto 8, 2008