Archive for 7/08/08

Nova Lei sobre o imposto de sucesións e doazóns.

Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns.

O eixe central no sistema impositivo español, no que atinxe á imposición directa das persoas físicas, constitúeo o imposto sobre a renda, que grava con carácter xeral os rendementos do traballo, do capital e de actividades económicas e as ganancias e as perdas patrimoniais, se ben nestas últimas se exclúen as obtidas a título lucrativo que son obxecto do imposto sobre sucesións e doazóns.

Polo tanto, podemos afirmar que o lexislador optou por non gravar os incrementos patrimoniais obtidos a título lucrativo no IRPF para sometelos a gravame a través dun imposto específico que é o imposto sobre sucesións e doazóns, sen dúbida polas características especiais que rodean este tipo de transmisións, sobre todo as recibidas a través de herdanzas, nas cales a carga tributaria debe adecuarse ás circunstancias persoais e familiares dos participantes nas transmisións hereditarias.

Esta lei ten por obxecto a actualización do imposto de sucesións e doazóns á luz das modificacións realizadas noutros impostos e dos cambios operados na sociedade desde a promulgación da norma actual que o regula, que data de 1987, ademais dunha adecuación ás peculiaridades propias da Comunidade Autónoma de Galicia dada a condición de imposto cedido e a cesión de capacidade normativa ás comunidades autónomas no actual sistema de financiamento.

A lei estrutúrase en catro títulos, tres disposicións adicionais, dúas transitorias, unha derrogatoria e tres derradeiras.

2 comments Agosto 7, 2008


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Agosto 2008
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds