Archive for 6/08/08
A falta de transparencia e o escurantismo do PP eumés
Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o escurantismo e a falta de transparencia coa que o Equipo de Goberno está a tratar a información e a contratación dunha empresa privada para levar a cabo traballos que ben poderían ser desempeñados por persoal do Concello.
-En primeiro lugar non entendemos que se nos negue por parte da alcaldía un informe sobre este tema solicitado conxuntamente có BNG en intervención, coa única intención de conocer detalladamente os traballos que está a levar a cabo esta empresa e canto está a cobrar por isto. É a nosa labor como representantes dos veciños fiscalizar o traballo do goberno e informarnos e informar sobre o uso que se da ós cartos recadados cos nosos impostos.
-En segundo lugar, puidemos comprobar mes tras mes nos decretos da Alcaldía a existencia dun bo número de pagos a esta empresa por labores tales como por exemplo: “recollida de cartóns no Couceiro Freijomil e transporte ó Punto Limpo” por 162.40 euros ou “recollida de restos de poda na polideportiva de Centroña e herva no Torreón” por un importe de 203.00 euros.
Neste último pleno interesámonos por este tema, preguntando cal era o destino destes restos. O Concelleiro de Servizos, o Sr. Crespo, respostou que eran levados a unha empresa de xestión de residuos vexetais da que di NON SABER O NOME e coa que, consultada a intervención do Concello a este respecto, non existe constancia de ningún contrato nin por parte do ente municipal nin pola da empresa contratada para o transporte destes restos.
A todas luces atopámonos ante unha nova privatización encuberta, ás que xa nos ten acostumados este goberno incapaz de dar solucións por si mesmo. Todo isto tradúcese nun considerable aumento do gasto nu servizo xa deficitario, e todo elo levado a cabo dunha forma oscurantista que fai desconfiar ata ó máis inxenuo.
Fdo.Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro do Grupo Municipal Socialista
Así o recolle “La Opinión de A Coruña”
3 comments Agosto 6, 2008