Archive for 5/08/08

Sesión Plenario de Xullo.

Desde o Grupo Municipal Socialista non podemos menos que, logo de felicitar a tódolos grupos pola unanimidade acadada á hora da aprobación da Moción presentada ao amparo da Lei da Memoria Histórica, baixar ao cotiá dos Plenos e analizar polo miudo o acontecido area por area.

Desde as areas que eu teño designadas como Concelleira na oposición, levabamos varias preguntas:

- Desde o Grupo Municipal do PSdeG PSOE interésanos saber porque transcorrido máis de medio ano o servicio coñecido como “Comida sobre Rodas” non chega aos ciudadanos cando xa hai uns meses desde a Concellería responsable informóusenos que xa estaban nos últimos trámites para botalo a andar.

- Despois da nosa denuncia aparecida na prensa sobre a Xestión por parte da Concellería de Sanidade, o Sr Alcalde anunciou a través dun comunicado de prensa que “/El Concello reclamará a la Xunta melloras urxentes en los Servicios médicos”/( La Opinión 10/07/08 ) .Pois ben, que xestións se fixeron e cales son os resultados?

- Os Socialistas non podemos nin debemos compartir a reducción de Servicios que se prestan dende o Concello, enterámonos que proximamente se pechará a Escola Infantil Municipal có prexuízo que conleva para as nenas e nenos no plano educativo e no plano asistencial e organizativo para as súas familias.
Cales son as razóns deste peche, por canto tempo e como se vai subsanar a perda deste servicio?

- As xentes que levamos tempo traballando na area educativa sabemos da importancia da implicación da Comunidade Educativa para un mellor funcionamento do Sistema Educativo. Centrándonos na nosa comarca, Pontedeume ten a honra de ter un Consello Escolar Municipal pioneiro pola súa formación temperá e polo seu áxil e eficaz funcionamento, facendo de canle ás necesidades da Escola e conquerindo pasiño a pasiño grandes melloras no Ensino da nosa vila.
Sendo importantes tódalas sesións do Consello, cecais unha das máis reivindicativas e con máis visión de futuro e o Consello Escolar de Fin de Curso onde tentabamos dar resposta a esas demandas de todos os axentes educativos alí representados para optimizar os recursos cara o novo curso. Dende o PSdeG PSOE vimos, ao longo de toda a pequena historia deste goberno, reivindicando a constitución pero agora pedimos un regular e eficaz funcionamento. Porque non se realizou o Consello Escolar de Fin de Curso?

- A opción externalizadora ante as axudas ao amparo da “Lei da Dependencia” foi explicada neste Pleno pola Sra. García, mais tarde nunha reunión informativa estaba barallando en principio, e cara o verán, xestionala directamente desde o Concello. Rogamos se nos informe cando e como van chegar aos Grandes Dependentes de Pontedeume, xa valorados, e con plan presupostado e aprobado as axudas ao amparo desta Lei.

- Rogamos que no sucesivo se traballe dende as Concellerías para que non se volvan a perder axudas que conceden outros organismos. Vimos de constatar recentemente que Concellos veciños como Narón ou Cabanas reciben axudas da Consellería de Medio Ambiente que non recibe o Concello de Pontedeume. A isto hai que sumarlle a grave perda de subvencións para a realización de cursos Formación e Inserción Profesional o que fará que os eumeses teñan que desprazarse a outros Concellos para formarse.

—————————————————————-

Nos rogos deron a calada por resposta, mais as preguntas ao ser presentadas con antelación tiñan a abriga de respostalas:

A Sra García Campos no caso da Comida sobre Rodas pasoulle a pelota á traballadora do Concello non aceptando as súas responsabilidades e culpabilizando á técnica da súa mala xestión.

No tema da Escola Infantil ademais de aceptar que teñen que facer varias melloras para pasar a inspección ( Só informou das humidades, restrinxindo unha vez máis a información ao Pleno, feito que é usual neste equipo de goberno) dixo que estaban todos os pais informados (Cando non estaban as cartas enviadas) e  que non tiñan pensado ningún servicio alternativo para que as familias reorganizaran a súa vida e a atención da súa filla ou fillo do 25 de Agosto ata despois das festas, ou sexa sobre 20 días. É incrible pero é así, así de decepciónante, así de triste, así de irresponsable. ASÍ.

No do Consello Escolar, xa se lle deberan ter acabado as explicacións e negouse a informar ao Pleno dicindo que era por causas “persoais”. Valería calquera día de Xuño para escoitar as necesidades da Comunidade Educativa, un mes enteiro de causas persoais para non facer o seu traballo? Pode ademais isto ser unha xustificación ou unha desculpa para non asumir as súas obrigas?…

A pregunta da Sanidade contestóunola o Sr. Alcalde,  sorprendeume, dixo que no xornal viña mal non é que urxentemente fora a facer xestións para mellorar os servicios sanitarios senón que so faría xestións cando unha denuncia ou unha urxencia o xustificasen, xa vedes non, isto é o que se chama un “Alcalde de Urxencia” e que ademais As Pontes ou Ortigueira tiñan máis necesidades que nos no aspecto radiolóxico. Dende o meu grupo  respostámoslle, resumindo, que non ten que haber denuncias para que un Alcalde apoie as melloras que piden os responsables sanitarios da zona, que o primeiro que tiña que facer era falar con eles, e que calquera Alcalde ten a obriga de ser ambicioso para conquerir o máximo para o seu pobo, que mire por Pontedeume e non se preocupo por As Pontes ou Ortigueira.

Mª Carmen Cascallar Pita
Concelleira do PSdeG-PSOE en Educación, Servizos Sociais, Sanidade e Cultura.

1 comment Agosto 5, 2008


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Agosto 2008
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds