Archivo | agosto, 2008

Axenda 21 Escolar de Galicia

31 ago

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ven de poñer en marcha a Axenda 21 escolar de Galiciaque é un programa marco que pretende revisar a práctica educativa do centro para formar ás xeracións futuras; formar cidadáns responsables que adquiran unha serie de valores, actitudes, hábitos e comportamentos (capaces de participar democraticamente no medio, de tomar decisións e de asumir responsabilidades).

A Axenda 21 escolar é un programa pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso contorno máis inmediato.

Preme na imaxe para máis información

Barack Obama, Discurso de aceptación como candidato.

30 ago

Resumo das intervencións do Grupo Municipal Socialista no Pleno Ordinario de Agosto

28 ago

Punto da Orde do día: Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio a persoas valoradas como dependentes según a lei 39/2006 (“LEI DE DEPENDENCIA”).

Dende o grupo municipal do PSdeG- PSOE queremos expresar có noso voto afirmativo o apoio  a unha ordenanza pola que levabamos meses esperando, como primeiro chanzo que implique a corresponsabilidade do noso goberno en facer realidade os dereitos que os dependentes da nosa vila teñen ao abeiro da lei.

Mais non queremos deixar de denunciar a lentitude na toma de decisións, as dúbidas e inseguridade da Concelleira responsable desta area.  Aprobar este regulamento non é máis que o primeiro paso.

Xa sabemos dende o Pleno de Maio que van externalizar os servicios, mais, como e cando, non. Os 150.000 € de Dependencia mais os 49.000 € do Plan Concertado son para invertelos nos necesitados, é o seu dereito e a nosa obriga é facer estas axudas efectivas dun xeito eficaz. Aí está o fallo, vamos tarde e mal, o peor para os afectados sempre, pero non temos que esquecer que estes cartos hai que xustificalos e podería darse o caso, a esta velocidade  na xestión dos recursos, de ter que falar neste Pleno, outra vez, de perda de axudas xa concedidas.

Rogos e Preguntas

1º Pregamos o arranxo dos seguintes problemas detectados na zona do Barro:

-    Reposición da placa da parte alta da Avda. Castelao ao resultar ilexible por faltarlle as letras
-    Arranxo do firme na saída do Barro á estrada Nacional, vindo do Souto da Vila, dado o seu pésimo estado.
-    Reposición das reixas de desagüe que cruzan a rúa e que faltan á altura da entrada da estrada a Breamo, polo perigo que supó para vehículos e persoas.
-    Rozado da maleza que cubre a beirarrúa entre o Barro e o Souto da Vila.

2º Reiteramos a petición de arranxo do vial que baixa á praia de Centroña, e dun modo especial a explanada de diante da Igrexa que está totalmente levantada.

3º Tendo en conta os pagos que se están a facer a diversas empresas, pregamos se nos informe sobre cando está previsto realizar o concurso para a contratación do mantemento do alumeado público no noso Concello, e que está funcionando mal como no caso da Ponte de Pedra onde non funcionan a metade das farolas.

4º Ante as numerosas queixas que se están a producir en relación coa implantación da “zona azul” na Praza do Conde, sobre a falta de discos horarios e información de lugares onde retiralos, pregamos se nos informe sobre o seguimento que se está a facer dende o Concello para esta zona, e se pensan ampliar aos puntos de distribución dos discos.

5º En datas recentes, e presuntamente por un vehículo,derrubouse un tramo do muro de saída do adro da Igrexa de Santiago. Pregamos se nos informe sobre o actuado en relación a este tema.

6º Polo que se refire aos diversos actos culturais programados este verán, lamentamos os fallos na publicidade e planificación que se produciron, e que provocaron nalgúns casos a ausencia de público, con datas e horarios inadecuados, e algúns fallos protocolarios, ou neutros casos, a ausencia de colaboración municipal que –como no Carnaval Infantil- motivou a súa suspensión cos nenos e nenas disfrazados na Alameda, polo que esiximos que se tomen medidas para que non volva ocorrer. Interésanos así mesmo maior coordinación e dilixencia para evitar o ocorrido recentemente en Centroña, a cuia Comisión de festas se lle prometeu a Carpa Municipal e se lles foi negada a última hora, co conseguinte malestar veciñal e que non se volva a producir.

7º Sobre a problemática da limpeza e recollida do lixo cremos que este verán batéronse tódolos records de ineficacia, ineficiencia e incompetencia, sendo incontables as queixas recibidas polo estado das rúas, prais, zonas verdes (Algunha das cales, como a Alameda, só se limpa na semana do Pleno, unha vez ao mes) ao que se suma a imaxe os domingos cos restos do botellón da noite anterior sen recoller pese a “enigmática” campaña municipal. Por se iso non lles bastase aos responsables municipais, en plena temporada alta, produciuse o cambio de ubicación de varios contedores do centro urbán para sorpresa e co descoñecemento dos veciños e veciñas que, en moitos casos, vense na obriga de iniciar verdadeiros periplos para poder tirar o lixo, o que está provocando fortes queixas dos veciños afectados. Por todo iso pregamos, a quen corresponda, que reconsideren o feito neste tema ata o de agora, pois lonxe de atopar solucións, están a agravar un problema a cuia resolución se adicaron preferentemente no seu programa electoral, e máxime cando nos atopamos ás portas das Festas Patronais.

8º E falando de Festas, pregaríamos ao Sr. Alcalde nos informase a nós e aos veciños e veciñas sobre quen vai ser o/a pregoeiro/a deste ano, se xa está designado.

9º Xa que durante todo o mes de xuño, asuntos persoais da Concelleira non lle permitiron escoitar as necesidades educativas dos eumeses no Consello Escolar, rogamos se desprace o máis axiña posible polas escolas para que o 1º de Setembro estean atendidas aquelas necesidades dos Centros que dependen do Concello, e solicitamos se nos explique si cada vez que visite un colexio, a Concelleira de Educación, dentro do noso Concello, vai cobrar unha dieta, ou a visita á Escola Unitaria de Campolongo -Vilar de 5 € o pasado 30 de Xuño foi unha excepción?.

10º Somos coñecedores de problemas xurdidos pola falta de prazas na Escola Infantil “El Chalé Rosa”, situación xa coñecida e prevista a súa solución polo goberno anterior, rogamos aceleren os trámites e axiña entreguen os terreos para que sexa posible a nova escola que solucionaría o problema de falta de matrícula para o ciclo 0 -3 anos en Pontedeume.

11º Rogamos ao Goberno Municipal se informe e transmita a información sobre os cursos de formación que dentro do Programa Agromar vai realizar a Consellería de Traballo  na nosa localidade. Un plan de formación en materia de atención persoal dirixido prioritariamente a mulleres desempregadas de máis de 45 anos que pensamos merece todo o noso interese.

12º O pasado 31 de Xullo no Pleno Ordinario  a Concelleira popular de Servizos Sociais, a Sra. García, ante a pregunta da Concelleira Socialista Mari Carmen Cascallar sobre o peche da Escola Infantil, respostou que os pais estaban informados e que non había ningunha familia que solicitara axuda para eses días.

O mércores 20 de Agosto na prensa a Sra. García, respostando á denuncia dos socialistas, voltaba na súa afirmación de que “todos lo saben y están a la espera”.Tivemos que ler na prensa do día seguinte como os veciños deixaban claro que a Concelleira mentía, ademais das súas xustas queixas e reclamacións.

Dende o PSdeG-PSOE consideramos que é grave a lixeireza coa que se tratou este asunto, outra vez e como nos ten acostumados esta Concelleira, tomando decisións tarde, mal e a rastro, e demostrando a eficacia e eficiencia da xestión en tódalas areas que leva a Sra. García que quedou repetidas veces en entredito. Coa mala xestión na ordenanza das axudas de emerxencia, na xestión da Lei da Dependencia, na “Comida sobre rodas”, na organización de partidos de fútbol con fins cara a galería, na privatización de servizos como os campamentos municipais, na súa xestión no eido educativo, no eido sanitario,… e así un sinfín de nefastas ou nulas xestións que o Grupo Municipal Socialista ven denunciando, tanto en Sesións Plenarias como na Prensa, no último ano.

En Sesión Plenaria Ordinaria de Xaneiro xa lle pedimos á Concelleira popular unha maior eficiencia na súa Concellería ou a dimisión . Mais agora, e tendo lugar máis feitos que definen a súa paupérrima xestión nesa Concellería, esa petición transfórmase en esixencia. A Concelleira mentiu ao Pleno e en prensa, nun asunto tan delicado como é a atención aos pequenos. Polo cal, se ela non é quen de dimitir coma naquela ocasión, instamos ao Sr. Alcalde a cesala das súas responsabilidades.

-Así recolle a nova “La Opinión de A Coruña” e “La Voz de Galicia”

A tódolos membros da Corporación e a tódolos veciños e veciñas, por ser este o último Pleno antes “das Peras”, desexámoslle que pasen unhas Boas Festas

WIFI aberto – PSdeG-PSOE Pontedeume

27 ago

No mapa de arriba podedes ver en amarelo a area de conexión coa “WIFI aberta” do PSdeG-PSOE eumés. No símbolo + é onde está situado o noso “router”. Na Praza do Pan e Praza de España tedes un lugar onde navegar gratuitamente a unha velocidade de 3Mb.

Buscade a rede inhalámbrica chamada “PSdeG-PSOE Pontedeume” e accede a ela, non vos solicitará contrasinal.

Podedes acceder a esta rede no voso portatil ou en móviles e PDA´S con tecnoloxía WIFI.

Este mapa e as instruccións para acceder á rede WIFI estará sempre visible neste blogue e no das XSG-Pontedeume. Para acceder a esta información clikade na sección “WIFI” na parte superior deste blogue.

Cristina Pato en Pontedeume

27 ago

A Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, trae a Pontedeume a Cristina Pato e Mutenrohi, este sábado 30 de Agosto.

“A Alta Velocidade en Galicia chamarase José Luís Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño”

27 ago

Barcón: “Hoxe temos aquí o telonero. É unha delicia que o Sr. Rajoy visite Galicia, porque eso lle vai permitir ver as obras que eles nunca fixeron”

A Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, afirmou hoxe que “os socialistas  valoran moi positivamente a visita que realiza o Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE; José Luis Rodríguez Zapatero. Para nós é extremadamente importante esta visita e enorgullécenos doblemente, xa que por un lado é un recoñecemento ao Goberno galego polo seu esforzo inversor no desenvolvemento das infraestruturas, e e por outro lado esta visita ven a concretar, a poñer negro sobre branco, no impulso ao investimento do Goberno central”.

Barcón salientou que “José Luis Rodríguez Zapatero visita infraestruturas moi importantes que representan o compromiso do Goberno con Galicia: a plataforma do AVE,  que asegura o desenvolvemento de solo industrial, de emprego, de empresas, de infraestruturas de comunicación”.

Seguimos avanzando

26 ago

Consulta las noticias relacionadas con los logros que se van produciendo en la nueva legislatura socialista, así como otras informaciones de relevancia política

060

25 ago

Trámites, información, participación ciudadana, y todo… on line.

Clik en la imagen para acceder

Zonas verdes en Pontedeume?

23 ago

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de total abandono no que se atopan as zonas verdes da nosa vila, especialmente por descuidada e por ser a máis céntrica da nosa Vila, a alameda de Rajoy.

O Grupo de Goberno ven de gastar 2.000 euros nun revestimento de caucho para cubrir os espazos que quedaban entre o pe das árbores e a beirarúa na parte alta da alameda, actuación que nos parece positiva. O grave é que a escasos dous metros, na mesma zona, non se esté a barrer nin a baleirar as papeleiras durante días. Nin sequera se colocan no seu lugar e suxeitan ó chan os bancos arrincados do seu sitio, actuación esta última que xa foi demandada polo noso grupo no pleno de XANEIRO, hai SETE MESES.

Desgraciadamente o Goberno do PP fai “oídos xordos” a este e a outros moitos rogos presentados polo PSdeG-PSOE ( …, Maio, Xuño, Xullo, …), a pesar das numerosas queixas que a este respecto hai por parte dos veciños.

Pero esta non é a única zona verde que está a sufrir a mala xestión deste goberno; o paseo marítimo, o parque de Vizús, o lavadoiro de Esteiro, a fonte e lavadeiro de Ombre, os arredores da igrexa de Breamo, …, son só algúns dos exemplos.

Esta situación, unida á constante falta de limpeza das rúas da Vila, (incluido o peirao por causa do “botellón“) está a dar unha pésima imaxe da nosa vila na época que máis visitantes recibe.

Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro de Obras, Servizos e Parroquias do Grupo Municipal Socialista

España hoy.

22 ago

España hoy 2007 es una visión actualizada de nuestro país en sus principales aspectos: las instituciones públicas y la vida política, sus relaciones exteriores, la economía, así como un panorama de la vida social y cultural, todo ello acompañado de las necesarias referencias históricas.

Esta obra, que ha sido editada por el Ministerio de la Presidencia, refleja, a lo largo de los XII capítulos en los que está dividida, la realidad de la España actual y constituye una herramienta ágil y útil para acercarse a ella.

Descárgala aquí

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.