Archive for 28/07/08
PSdeG-PSOE, a forza de Galicia.

Pasamos dous días de Congreso na capital de Galicia. Dous días intensos no traballo, nas relacións, nas amizades, nos debates, nas ideas, propostas, iniciativas,…
A delegación que acudimos representando a tódolos compañeiros e compañeiras do PSdeG-PSOE eumés, o Secretario Xeral, Nacho Filgueiras e a nosa Concelleira de Servizos Sociais, Educación, Sanidade e Cultura, Mari Cascallar como Delgados (quere dicir asistindo as comisións e con voz e voto en tódalas eleccións orgánicas) e o Compañeiro e membro da Executiva Local, José Simoes Couceiro como observador, estamos a vivir unha experiencia persoal e política apasionante.
O PSdeG-PSOE está i é vivo, está unido no obxectivo de construir a mellor Galicia posible para os galegos e galegas, e esto queda claro nas enmendas (máis de 1000) que se presentaron ás diferentes comisións onde se debatía e se renovaban as ideas sobre o que somos, a onde imos, que queremos e como o queremos. Saimos coas ideas claras, cun referente claro, cunha dirección clara e cun proxecto de partido e de país claro tamén.
A delegación de compañeiros e compañeiras que representamos a Pontedeume está integrada na Comarca de Ferrolterra. O noso voceiro no Congreso, o Secretario Comarcal, Iván Puentes, que realizou unha intervención, dacordo con tódalas Agrupación Locais, ao informe de xestión que nos presentou o Secretario Xeral, Emilio Pérez Touriño, cun fondo constructivo, pensando no mellor para o partido e para a nosa Comarca. Este informe de xestión da executiva que dirixeu o partido estes catro anos foi votada favorablemente por tódolos compañeiros e compañeiras da comarca.
Despois o Secretario Xeral nos pideu o noso apoio para a relección del mesmo como Secretario Xeral, respaldo que dimos unanimemente e sen fisuras, só reclamando que na nova dirección do partido que se elexiu este domingo, a Comarca de Ferrolterra tivera representatividade da potencia que ten, tanto no eido económico, no político e como un dos exemplos do “cambio” que se ven fraguando na nosa bisbarra (salvo tristes casos…) ao conseguir as Alcaldías de Ferrol, Fene e As Pontes, disminuir a distancia en Narón, non deixando que TEGA repetira a maioría absoluta, ou mantendo outras alcaldía como na Capela, e mantendo tamén a representatividade en número de Concelleiros como en Pontedeume. Consideramos dende Pontedeume e dende a comarca que, si Ferrolterra é importante para Galicia, o ten que ser para o partido que máis se parece a Galicia, o PSdeG-PSOE. Esto foi apoiado polo compañeiro Emilio Perez Touriño, que dotou á nova dirección do partido, con tres representantes desta comarca, e tres representantes que aglutinan as diferentes sensibilidade de tódolos compeñeiros e compañeiras da comarca. Son Bea Sestayo, Iván Puentes e Vicente Irisarri. Dende a Agrupación Socialista de Pontedeume temos que estar de noraboa.
A composición final da nova dirección do PSdeG-PSOE que foi respaldada polo 93% dos delegados foi a seguinte:

- Emilio Pérez Touriño, secretario xeral
- Ricardo Varela, vicesecretario xeral
- Mar Barcón, secretaria de Organización
- María José Caride, secretaria de Economía e Territorio
- Beatriz Sestayo Doce, secretaria de Liberdades Públicas e Dereitos Cidadáns
- Antón Louro, secretario de Política Institucional e Relacións Parlamentarias
- Manuel Vázquez, secretario de Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible
- Abel Losada, secretario de Estudos e Programas
- Xaquín Fernández Leiceaga, secretario de Política Municipal
- Laura Seara Sobrado, secretaria de Igualdade
- Adoración Fernández González, secretaria de Políticas Sociais
- Marisol Soneira, secretaria de Emigración
- Darío Campos Conde, secretario de Política Rural
- José Manuel Lage Tuñas, secretario de Formación
- Guillermo Meijón Couselo, secretario de Educación
- Francisco Cerviño, secretario de Cultura
- Carlos Pajares Vales, secretario de Innovación e Novas Tecnoloxías
- Carmen Gallego, secretaria de Pesca
- Margarita Martín Rodríguez, secretaria de Sanidade e Consumo
- Iván Puentes Rivera, secretario de Deporte e Lecer
- Modesto Pose Mesura, secretario provincial de Pontevedra
- Moisés Rei, secretario provincial da Coruña
- Luís Anxo Lago Lage, secretario provincial de Lugo
VOGAIS:
- José Antonio Dono López
- Bernardino Rama Seoane
- Yoya Neira Fernández
- Lara Méndez Núñez
- Teresa Facal
- Alfredo García Rodríguez
- Francisco Rodríguez Fernández
- Vicente Irisarri
- Verónica Marcos Arrojo
- Sonia Verdes Gil
- Iván Vaqueiro Gradín
- Dulcinea Aguín Pombo
- David Regades Fernández
Nuns días publicaremos aquí os novos estatutos e a ponencia marco que saiu do 11º Congreso Nacional, e vos iremos contando máis deste Congreso. Vos deixamos os videos da elección de Emilio Perez Touriño como Secretario Xeral:
Add comment Julio 28, 2008
Pesca e a Confraría de Pescadores de Pontedeume colaboran na rexeneración parcial dun banco de moluscos bivalvos
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Confraría de Pescadores de Pontedeume veñen de asinar un convenio no que se establecen as condicións da colaboración entre os dous organismos para a execución dun proxecto de rexeneración parcial dun banco natural de moluscos bivalvos na Enseada desta localidade coruñesa. Para o desenvolvemento desta iniciativa, o departamento que dirixe Carmen Gallego achegará algo máis de 117.000 euros con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que tamén poderá cofinanciarse con fondos europeos.
Esta actuación obedece a que se ten constatado un enlodamento dalgunhas áreas na Enseada de Pontedeume, unha das zonas marisqueiras explotadas pola confraría, o que imposibilita a fixación e crecemento de especies tradicionais e de elevado valor comercial, como a ameixa fina, que son desprazadas por recursos con escaso interese para os mariscadores.
Así, en anos anteriores e baixo a dirección de técnicos da Consellería de Pesca, xa se desenvolveron actividades para a rexeneración de parte da Enseada, presentando agora a zona unha grande capacidade para a captación de semente e unha elevada produtividade de diferentes especies.
Á vista dos resultados, o departamento que dirixe Carmen Gallego e a Confraría de Pescadores de Pontedeume acordaron ampliar esas actuacións a unha nova área de aproximadamente 4.400 metros cadrados (denominada “Croa Grande”), anexa á superficie xa rexenerada, así como a outra zona de 2.500 metros cadrados (denominada “Viveiro” e “Cultivo”), no espazo que se atopa en produción actualmente co obxectivo de mellorar as súas condicións.
Cláusulas do convenio
Segundo o protocolo asinado, o pósito de Pontedeume comprométese a realizar, mediante a participación dos mariscadores asociados a el, a aportación de áridos e o acondicionamento manual das dúas zonas de 4.400 e 2.500 metros cadrados, respectivamente. Ademais, tamén realizará un seguimento conxunto coa Consellería do desenvolvemento das accións, xa que se creará unha comisión con representantes designados polos órganos rectores das dúas partes. Así mesmo, terá que programar e distribuír os traballos entre os participantes, controlar a súa efectiva realización e proporcionarlle a Pesca a información que lle sexa requirida.
Pola súa banda, a Administración pesqueira galega terá, entre outras funcións, a de destinar os medios persoais e materiais propios que sexan precisos para a dirección e coordinación das actividades obxecto do convenio. Non entanto, a contratación de embarcacións, vehículos ou calquera outro medio que interveña na execución das tarefas é responsabilidade do pósito.
Así mesmo, a confraría deberá axustarse aos principios de publicidade, obxectividade, concorrencia e non discriminación para levar a cabo calquera actividade derivada do convenio, que non estea reservada á súa execución. Tamén é de destacar que o protocolo estará vixente ata o 30 de outubro, se ben as partes poderán acordar a súa prórroga antes do remate do mesmo.
Add comment Julio 28, 2008