Moción que presentaremos na Sesión Plenaria Ordinaria do 31 de Xullo, para o seu debate e aprobación.
Julio 18, 2008
AGUSTÍN L. VILARIÑO GÓMEZ, Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE na Corporación Municipal de Pontedeume, por medio do presente escrito, e para o seu debate no vindeiro Pleno de Xullo, presenta a seguinte
MOCIÓN:
O día 27 de decembro de 2007, publicábase no B.O.E. a Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quenes padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura, norma que se identifica popularmente como da memoria histórica. No seu preámbulo, sinala o lexislador que non é a súa tarefa implantar unha determinada memoria colectiva, pero sí o seu deber, e o cometido da lei “reparar ás víctimas, consagrar e protexer, co máximo rigor normativo, o dereito á memoria persoal e familiar coma expresión de plena cidadanía democrática, fomentar os valores constitucionais e promover o coñecemento e a reflexión sobre o noso pasado, para evitar que se repitan situacións de intolerancia e violación de dereitos humanos como as entonces vividas“.
Dende estes principios, o artigo 15.1 da precitada Lei -Símbolos e monumentos públicos- sinala que “as Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura“, no convencemento de que os cidadáns teñen dereito a que así sexa, a que os símbolos públicos sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio, tal e como expresa a exposición de motivos.
A Vila de Pontedeume, non foi allea ós acontecementos que se desencadearon co golpe de estado de 1936, e a posterior represión que marcou a nosa historia durante as catro décadas seguintes, sendo moitos veciños inxustamente condenados ó exilio, ó silencio, á cadea ou fusilados por exercer e defender a legalidade democrática, entre eles moitos dos integrantes da última corporación municipal republicana, constituída o 9 de marzo de 1936 e presidida polo socialista Manuel López Seijo, e un de cuios membros, o tamén socialista Luis Nodar Castro, era executado en Ferrol en xullo de 1937.
Fronte a este triste pasado, iniciouse en 1977 un novo camiño, que, de forma pausada e conciliadora, e dende o respecto democrático e a obxectividade, estase a culminar, tentando que as vindeiras xeracións medren sen o lastre que teñen aportado períodos tan dolorosos da nosa historia. Así, na nosa Vila, vimos como, con gobernos municipais de distinta ideoloxía, íanse substituíndo nomes de rúas – General Franco por Real, Plaza de Calvo Sotelo por Praza Real ou Plaza de los Voluntarios por Praza do Pan-, ou retirándose placas de “Caídos por Dios y por España” e outros símbolos desa época, con total normalidade, e adiantándose de forma pacífica e democrática ó agora regulado na lei de memoria histórica.
É sen embargo na nosa corporación local, onde a día de hoxe aínda permanecen mencións e honras que deben ser revogadas para dar cumprimento ó contido na Lei 52/2007, e que motivan a presentación desta moción.
Así vemos como a Comisión Xestora nomeada polo Comandante Militar desta Vila, en sesión celebrada o 30 de setembro de 1936, acorda nomear “Hija Adoptiva” de Pontedeume a Doña Pilar Franco Bahamonde de Jaraiz por, entre outros motivos, ser “muy dignos de tenerse en cuenta las asistencias y alientos patrióticos prestados por tan distinguida señora en estos días de desasosiego popular…“, sendo o punto anterior dese plenario dar conta do nomeamento como Jefe del Gobierno del Estado al General de División Don Francisco Franco Bahamonde.
O “Consejo Municipal de Pontedeume”, no Pleno celebrado o 17 de xuño de 1939 -1º año triunfal (sic) - acorda por unanimidade nombrar a Su Excelencia el Jefe del Estado y Caudillo de España “Alcalde honorario de este Ayuntamiento, e invitar al pueblo a que se sume a la manifestación y homenaje que habrá de tributársele a su paso por esta Villa en la fecha que oportunamente será fijada”.
Finalmente, o Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de data 5 de Agosto de 1971, acordóu por “aclamación, con vítores y vivo entusiasmo (sic) “nombrar a S. E. el Jefe del Estado, Regidor Perpétuo de la Villa de Pontedeume”, nombramento que se xustificou “como el homenaje de nuestro cariño y agradecimiento para el soldado ilustre, estadista ejemplar y preclaro descendiente de la Casa de Andrade, pilar fundamental de nuestra historia”.
Por todas estar razóns, e en cumprimento do establecido no artigo 15 da Lei 52/2007, o Grupo Municipal Socialista, propón ó Pleno da Corporación Municipal de Pontedeume, a adopción do seguintes
ACORDOS:
1º.- Revogar o acordo do Pleno da Comisión Gestora de 30 de Setembro de 1936, polo que se nomea “Hija Predilecta de Pontedeume” a Doña Pilar Franco Bahamonde de Jaráiz.
2º.- Revogar o acordo do Pleno do Consejo Municipal de Pontedeume de 17 de Xuño de 1939, polo que se nomea a “S. E. el Jefe del Estado y Caudillo de España Alcalde Honorario de este Ayuntamiento“.
3º.- Revogar o acordo do Pleno Extraordinario de 5 de Agosto de 1971, polo que se nomea a S. E. el Jefe del Estado “Regidor Perpétuo de la Villa de Pontedeume”, asumindo o compromiso ante o pobo de Pontedeume de que os seus representantes sexan elixidos democraticamente e en liberdade.
4º.- Proceder á retirada no noso Concello de calquera outro símbolo, monumento ou moción, que incumpra o establecido no artigo 15 da Lei 52/2007, de 26 de Decembro.
Entrada no Rexistro Municipal do Concello de Pontedeume a 11 de Xullo de 2008.
———————————————————————————
Podedes baixar aquí a moción en formato pdf
———————————————————————————
Vos adiantamos, tamén, que para a presentación pública desta moción, o PSdeG-PSOE eumés está a preparar un acto público en Pontedeume para coñecer un pouco máis da historia local na época de finais da 2º República, Golpe de Estado do 1936, Guerra Civil e Post-Guerra.
Contaremos con ponentes para a explicación sobre a Lei da Memoria histórica e sobre a historia eumesa nesas datas. Vos teremos informados cando concretemos tanto a data, como o formato, e o lugar.
Así recolle a nova “El Ideal Gallego”, “La Opinión de A Coruña”, “Diario de Ferrol”, “La voz de Galicia”
Recolle a nova tamén na web do PSdeG-PSOE Galego
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume, sociedade. .
6 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. pedro f.r. | Julio 18, 2008 at 3:03 pm
Noraboa por esta tan necesaria moción.
2. agrónomo | Julio 21, 2008 at 2:24 pm
Dacordo, pero non soa moi creíble cando o propio Vilariño e o anterior rexedor socialista tiveron tempo dabondo no só para anular os acordos da corporación franquista, senón tamén para conmemorar ás vítimas da represión. No 2006 o concello presidido polo socialistas e apoiado polo BNG negouse a participar nos actos conmemorativos do 70 aniversario do final da II República e de lembranza das vítimas da represión, sendo este un dos Concellos da comarca onde o número de vítimas é máis elevado
3. carlos | Julio 21, 2008 at 2:56 pm
O que dis non é certo de todo (fundamentalmente en relación aos actos de 2006), pero ainda así douche a razón. Os socialistas tiveron tempo dabondo para fondar neste tema, ainda así alédame que sexan as novas xeracións socialistas máis concienciadas que as anteriores e que demostren interese por un tema que moitos levábamos tempo agardando. Noraboa pola inicitaiva. Só queda agardar polos apoios que terá no vindeiro Pleno.
4. Carmen | Julio 21, 2008 at 5:46 pm
Pareceme moi ben esta iniciativa, tendo en conta ca lei da memoria histórica é recente, espero cos apoien todos i que na pasada lexislatura, xa que non se poido facer, agora si.
5. carmen | Julio 29, 2008 at 11:54 am
Oportunista que non oportuna é esta iniciativa promovida polo psoe que o mesmo partido recoñeceu ao afirmar que “se trata de una simple cuestión de «oportunismo legal», ya que en la actualidad existe el marco normativo que puede servir de excusa”. Non existiu acaso “excusa en case 20 anos para que desde a corporación ningún membro do partido presentara unha moción semellante?
Os simpatizantes, votantes ou membros deste partido teñen que saber que esta actitude oportunista é a práctica habitual da formación desde o inicio da transición. Na actualidade aínda negan aos fuxidos e guerrilleiros antifranquistas un mínimo recoñecemento moral e xurídico e seguen a recibir a mesma consideración de “bandoleiros” que sufriron durante o franquismo. O psoe rexeitou un sinnúmero de veces as propostas dos partidos democráticos e de esquerdas de que se lles retirara dita consideración e que se lles compensara económica e moralmente polos anos de loita e sufrimento.
Pero cando as circunstancias políticas o consideren “oportuno” seguro que veremos ao Psoe reclamando xustiza. Non hai país en Europa, empezando por Francia, que non fora capaz de agradecer e honrar a memoria dos resistentes na loita contra o fascismo
6. Preguntas que levamos ao &hellip | Julio 31, 2008 at 10:23 am
[...] de Xullo Posted on Xullo 31, 2008 por psoepontedeume Temos que resaltar aquí, que a moción que presentamos o día 11 de Xullo no rexistro do Concello, para o seu debate neste Pleno, non foi metida na orde do día desta Sesión Plenaria, por orde [...]