Archive for 11/07/08

Nefasta xestión do servizo de limpeza

Dende o Grupo municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de abandono no que se atopan o parque de Vizús e o Lavadoiro de Esteiro, este último un  dos máis significativos da nosa vila, que foi restaurado non hai moito tempo. Encontrase a día de hoxe coa maleza invadindo todo o recinto, quedando só ó descuberto as columnas e o tellado, este con as tellas desprendendose, dando unha pésima imaxe e representando un perigo para os viandantes.

No caso do parque de Vizús as silvas e herbas cobren práticamente a entrada, sobresaíndo incluso polo medio do cemento na zona de xogos.

Estas situacións, que veñen a maximizar o problema da xestión da limpeza municipal, demostran, unha vez máis, a ineficacia do Grupo de Goberno, incapaz de atender as necesidades mínimas da nosa vila como a limpeza, e que está desbordado por unha situación de minoría á que se suma a súa inexperiencia e incompetencia.

A confirmación a todo o dito anteriormente tivémola esta semana co anuncio do Goberno de convocar a todos os grupos para buscar unha solución ao servizo de limpeza e co recoñecemento, máis dun ano despois, por parte do concelleiro deste area, do pésimo estado no que se atopa a prestación do mesmo.

Esta é a evidencia de que o PP non tiña un proxecto de goberno, prometían dar solucións sen saber como facelo, incumprindo así as suas promesas electoráis e demostrando, á luz dos acontecementos, que seguen a actuar ao remolque da oposición.

Bernardo Fernández Piñeiro
Concelleiro do Grupo Municipal Socialista

Add comment Julio 11, 2008


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds