Nula xestión municipal tamén no eido sanitario

Julio 5, 2008

O PSdeG- PSOE de  Pontedeume quere denunciar ás pérdidas de Servicios Sanitarios que estamos a ter, debido ao esquecemento dos responsábeis do Goberno Municipal da sanidade dos eumeses.

As xestións están, logo de máis dun ano de goberno, sen iniciar: danlle as costas ao Centro de Saúde que cada día atende a máis de 800 veciños e veciñas, non se preocupan das necesidades nin das peticións dos profesionais que alí traballan, e as consecuencias sufrímolas toda a comarca eumesa e en especial os eumeses e eumesas.

A descentralización do servizo de radioloxía da area de Ferrol farase no Concello de Fene, pois o seu Alcalde achegoulle á Consellería terreos e mostrou interese para conseguilo, mentres que no noso novo Centro de Saúde hai espazo onde se podería poñer a tele-medicina, o ecógrafo e retinógrafo, peticións estas feitas por parte dos sanitarios que traballan no Centro de Saúde eumés. O goberno municipal non foi quen de apoiar estas peticións dos profesionais da sanidade eumesa, xa que nin sequera mantiveron unha reunión con eles para coñecer as súas demandas.

Por outra banda, Pontedeume carece de Transporte Adaptado 065. Solicitar este  Servizo Galego de Apoio á Mobilidade para os maiores ou persoas dependentes é responsabilidade do Goberno Municipal, neste senso as xestións para acadalo tamén foron nulas.

Levamos un ano vendo que a opción do Goberno do P.P. é a externalización dos Servizos, privatizando o ocio, a limpeza, o turismo, optando tamén pola privatización das axudas aos dependentes. Optarán tamén pola sanidade privada?…

O Grupo Municipal Socialista espera que esta mala xestión non faga que Pontedeume free no seu continuado avance na Area Sanitaria que nos levou a ter un Centro de Saúde punteiro, e ser cabeza de comarca dando servizo a veciños e veciñas de Concellos limítrofes.

Este é outro exemplo de ineficacia da xestión do PP e outra demostración que este Goberno en minoría non chega para xestionar Pontedeume. Non teñen iniciativa para solicitar nada na Xunta nin na Deputación, perden subvencións destes Organismos, e seguen tentando actuar a rebufo das iniciativas do PSdeG-PSOE que, nin así, son capaces de conseguir.

Así o recolle “La Opinión de A Coruña”

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume, sociedade. .

1 Comment Add your own

  • 1. mfernandez  |  Julio 5, 2008 at 3:09 pm

    Srta García, terá disto tamén a culpa o goberno anterior…?

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds