Archive for 4/07/08

Participa no noso XXXVII Congreso Federal. Ti Podes ser Ciberdelegado.

Add comment Julio 4, 2008

O Concello eumés dálle a xestión turística municipal a un Ximnasio

O Goberno Municipal non solicita máis presupostos para dar este servizo, e o adxudica directamente a un Ximnasio.

Esta é a forma que ten o Goberno eumés de prestar o servizo de información turística municipal, unha adxudicación directa, a unha empresa dedicada á xestión dun ximnasio, sen solicitar máis presupostos a outra empresas,  e que ascende a máis de 10.000€, e só para a tempada de verán.

O PSdeG-PSOE eumés considera que o Concello está capacitado para contratar directamente a profesionais que atendan este servizo, firmar un convenio co CIT EumeTurismo para dar este servizo, pedir presupostos a asociacións lúdicas e de ocio do Concello, chegar a acordos coa Universidade de A Coruña ou con centros públicos onde se imparte a titulación de Turismo para contar con estudiantes en prácticas. Hai moitas opcións para dar este servizo e non apostar pola privatización e adxudicación directa sen buscar outras alternativas e sen darlle a publicidade necesaria.

O PSdeG-PSOE ven reclamando a apertura do Torreón dos Andrade dende fai 8 meses. O Concello tivo tempo a preparalas bases de contratación dun profesional para esta tarefa ou buscar e estudiar outras fórmulas para dar este servizo e, como levamos reclamando, non só para a tempada de verán, senón ter aberto o Torreón, cando menos, en datas previsibles de afluencia de turistas.

Ademais, o Concello de Pontedeume é socio colaborador do Centro de Iniciativas Turísticas EumeTurismo, Asociación sen ánimo de lucro que xestiona o Turismo na Comarca do Eume e para a cal o Concello destina mais de 6.000€ cada ano. Esta podería ofrecer o servizo de atención aos visitantes, apoiando e fomentando así o desenvolvemento integral e comarcal do Turismo, facendo de Pontedeume o Concello cabeceira de comarca a nivel turístico.

Externalizar ou privatizar servizos públicos e unha opción pola que sempre pode optar un Goberno, porque non é quen de xestionar os servizos el mesmo ou ben simplemente de acordo coa súa ideoloxía . Están no seu dereito de que as empresas privadas xestionen o que podería levar directamente o Concello, mais non debemos esquecer que o servizo encarecese ou é de inferior calidade pois as empresas teñen, lexitimamente, ánimo de lucro.

O caso da Oficina “Municipal” de Turismo non é illado. Con este Goberno a facilidade para comprometer obras ou servizos con empresas privadas e non con medios propios  inunda tódalas Concellerías. Está a tocar Servizos Sociais, Deportes, Turismo, e sobre todo en Obras e Servizos onde se está e beneficiar a varias empresas, contratándolles traballos que o Concello está capacitado para realizar.

É salientable tamén, a maneira de externalizar e privatizar servizos públicos. Estanse a adxudicar traballos a empresas que só aportan persoal e que utilizan o material do Concello . Este ten capacidade para contratar traballadores e para modificar a RPT, a contratación de persoal por parte do Concello aforraría o marxe de beneficios da empresa adxudicataria, para o cal xa lles mostramos o noso apoio.

A mala xestión dos fondos públicos dunha forma especulativa e interesada está a marcar a política económica do PP. Os veciños e veciñas de Pontedeume deben saber o que se está a facer cos seus cartos e reflexionar sobre si están dispostos a que se aumente o gasto para favorecer a empresas privadas;  sen mellorar a súa calidade de vida, sen ningún novo proxecto  e sen novidades en canto accións de Goberno.

Así o recollen “la Opinión de A Coruña” e “La Voz de Galicia”

8 comments Julio 4, 2008


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds