Rogos no pasado Pleno de Xuño sobre Obras, Servizos, Política Laboral e Deportes
Junio 30, 2008
1.- Polo Grupo de Goberno quedouse de informarnos de calquera avance que se poidese producir no conflicto que manteñen os traballadores co Concello en relación coa Oferta de Emprego público. Recentemente apareceu na prensa a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación por parte do Concello, sen ter recibido información algunha ao respecto. Pregamos se nos confirme esta nova.
2.- En relación cun rogo presentado por este Grupo Municipal en relación coa falta de limpeza na Vila, polo Concelleiro Responsable, Sr. Crespo, se contestaba no Pleno de Decembro de 2007 que “esperamos que nos próximos meses este tema, xunto con outros como a recollida de lixo, teñan unha solución definitiva, clara e coa efectividade que os eumeses merecen”. Resulta evidente, á vista do estado da limpeza e ornato no noso Concello máis de 6 meses despois, que os eumeses merecen maior efectividade e sensibilidade que a mostrada ata o de agora por parte do Goberno, e boa proba disto son as seguintes situacións que denunciamos (algunha repetidamente, Pleno tras Pleno), e cuio arranxo pregamos:
- A maleza invade as beirarrúas da Avda. Castelao e Avda. de Ferrol
- Pintadas nas Columnas da Rúa Real.
- Estado de abandono da Fonte de Santiago, varios días atascada e vertendo auga á rúa.
- Lixo e auga podre na Fonte da Praza de Rosalía de Castro.
- Parque Infantil Alcalde Sarmiento: case desaparecido debaixo da herba.
- Vehículo Nissan Vannete abandoado dende hai tempo na Praza da Calzada.
- Portas abertas dos contenedores soterrados.
- Suciedade e lixo no recinto valado do teixo do Paseo Marítimo.
- Falta de limpeza nas rúas da Rrb. Boa Vista, e nos carreiros de San Isidro.
- Falta de luz na parte alta da Rúa Ferreiros ao levar fundida a bombilla dunha farola dende hai varias semanas.
- Restos de poda na Corredoira das Virtudes durante semanas, finalmente disimuladas poñéndolle unhas táboas enriba.
- (…)
3.- Tras o derrubo, por parte do Ministerio de Fomento, duna restaurante na inmediacións da praia de Ber, pregamos se adecente a zona para permitir o bo estacionamento dos usuarios á praia, e que se roce a maleza que invade as marxes da baixada ao areal.
4.- Na reunión do pasado Venres na Deputación Provincial de A Coruña, abordouse a segunda fase do programa de creación de campos de fútbol de herba artificial na Provincia, do que se viron beneficiados 19 Concello, entre eles Fene, Neda, Cedeira e A Capela.
Que unha Vila como Pontedeume non dispoña a día de hoxe dunhas instalacións dignas para a práctica do fútbol, pese á inxente labor que ven realizando o Eume Deportivo dende hai máis de 50 anos, debe ser motivo de preocupación, e nos obriga a todos a aunar esforzos para que o novo campo sexa pronto unha feliz realidade.
Sabedores do interese da Demarcación de Costas do Estado para facerse cos actuais terreos de A Gándara, para a construcción dunha área recreativa, gustaríanos saber si dende o Concello se están a facer as xestións necesarias co fin de conseguir chan onde poder ubicar un novo campo de fútbol. Se isto non é así urximos que o Goberno Local se poña a traballar neste tema.
5.- No mesmo Pleno da Deputación, se aprobaron inversións para mellorar a rede viaria provincial -Plan de Travesías 2008 1º Fase-, non figurando ningún proxecto no Concello de Pontedeume. Pregamos se nos informe a nós e aos veciños si se solicitou algunha actuación ao abeiro deste Plan.
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. Eumecampeón | Julio 1, 2008 at 7:24 am
Na fin de semán pasada, uns cantos homes e mulleres do clube Eume, traballaron a reo para organizar de forma exitosa, unha nova edición do torneo de prebenxamíns, benxamíns e Alevíns de futbol-7.
Equipos de nivel acercáronse a competir ata o campo do Eume e por primeira vez, dous dos equipos locáis poideron facerse ca victoria .
Non vin esta noticia por ningures, e quería agradecer e animar para que siga facéndose, ás persoas que o fixeron posible.
Tamén quería decir, que empeza a ser vergoñento que o campo do Eume sexa o peor de todo Ferrolterra e Provincia, e solicitar un esforzo por parte de nosos políticos para que posibiliten a súa mellora.
Un saudo.
2. Adianto do Pleno de Setem&hellip | Septiembre 25, 2008 at 9:39 am
[...] En Plenos recentes chamabamos a atención sobre o abandono e suciedade do entorno do Teixo situado no Paseo Marítimo. [...]