Rogos sobre cultura e servizos sociais que presentamos no Pleno de Xuño
Junio 27, 2008
1. Externalziar ou privatizar servizos e unha opción pola que sempre pode optar un Goberno Municipal, porque non é quen de xertionar os servizos el mesmo ou ben simplemente de acordo coa súa ideoloxia . Están no seu dereito de que as empresas privadas xestionen o que podería levar directamente o Concello, mais non debemos esquecer que o servizo encarecese ou é inferior pois as empresas teñen lexitimamente tamén ánimo de lucro. O Concello, e polo tanto aos veciños, terán o mesmo servizo por mais cartos e se falamos do mesmo presuposto sempre o servizo terá que ser de valor inferior pois ten que estar incluido no prezo a ganancia da empresa privada. O que non pode suceder nunca é o que sucedeu este ano, ademais cun servizo que se recae directamente nos máis pequenos : Ofertar cando aínda non se sabe que empresa o vai levar. . Os pais e as nais teñen dereito dende que se abre o prazo de matricula dos campamentos a saber en mans de quen van deixar os seus fillos e fillas uns días de verán.
Este ano foi así e ROGAMOS que planifiquen, organicen e cheguen a tempo para que no momento de ofertar calquera servizo aos cidadáns poidan saber quen o vai prestar.
2.Os maiores máis necesitados da nosa vila este verán van ver recortado o servizo de axuda no fogar que lle viña prestando este Concello por mor da xornada de verán dos traballadores e traballadoras. Dende o grupo Socialista coidamos que o Concello terá que xestionar doutro xeito pero nunca reducir servizos, según se contratou o verán pasado reforzo para a limpeza das rúas contraten persoal para cubrir a xornada reducida así como as baixas, as cuestións laborais non as teñen que pagar os máis necesitados.
Rogamos optimicen os recursos presupuestarios e humans axiña e así aínda que non aumenten polo menos non reduzan os servizos que se veñen prestando.
3.Os nomes dos lugares das nosas parroquias, os microtopónimos, son unha pequena parte do patrimonio de todos, polo que se os esquecemos estaremos destruíndo, ademais, unha grande parte da memoria das persoas que viviron estas terras. Por nos mesmos e polos nosos fillos e descendentes, temos a obriga de conservar cando menos os topónimos tradicionais da nosa vila.
Existe un conflicto toponímico cando hai contradición entre a denominación oficial e a denominación do uso cotiá entre os habitantes da mesma. No nomenclator oficial de Pontedeume( DOG 25-03-2003) algúns topónimos non veñen contemplados e outros están recollidos cunhas variables canto menos dubidosas, non acordes nin có uso nin con a documentación escrita.Desta confusión falan os veciños, vense nos sinais, e hai varios estudos realizados, o último deles escrito por Antón Prego ven na revista Cátedra que recentemente presentouse neste Concello.
ROGAMOS a este goberno que actúe en consecuencia e inste á Comisión de Toponimia á revisión e corrección dos topónimos do Concello con rigor e documentación e cree as bases dun sistema cartográfico e de sinalización viaria municipal eficiente.
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed