Pérez Touriño ratifica a súa posición “inequívoca, clara e sen matices” a prol do AVE en 2012, exixe que se liciten as obras conforme a ese prazo e defende unha comisión intergubernamental de seguimento

Junio 27, 2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, remarcou hoxe a posición “inequívoca, clara e sen matices” do Goberno galego a favor de que o AVE chegue a Galicia no ano 2012. “É un compromiso inescusable, Galicia non vai ceder en que ese compromiso se cumpra. Debe ser cumprido e ratificado”, abondou o xefe do Executivo autonómico.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o máximo mandatario autonómico asegurou que o acordo ao que onte se chegou na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados está “en plena sintonía co defendido e mantido polo presidente da Xunta desde o primeiro día da súa responsabilidade”. Así, o titular da Xunta lamentou a “falta de cintura” que impediu chegar a un acordo unánime nese marco para crear unha subcomisión do Goberno de España e do Goberno galego para seguir o ritmo das obras da alta velocidade. “Os obxectivos que se formulaban eran necesarios r razoables, e polo tanto lamento que non se fóra capaz de chegar á unanimidade”, apuntou Pérez Touriño, que atribuíu á “dialéctica parlamentaria” a imposibilidade de acadar un consenso “oportuno e necesario”.

O presidente galego rexeitou “máis equívocos na defensa dos intereses dos galegos” e por ese motivo indicou que hoxe mesmo lle transmitiu por escrito ao presidente do Goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero “a exixencia e a demanda de que deben ratificarse os compromisos con Galicia en relación co AVE”. Así, resaltou que “de maneira sobranceira e sinalada non debe haber ningunha dúbida en relación co compromiso establecido polo presidente do Goberno para que Galicia teña o AVE no ano 2012”.

Demanda das actuacións necesarias por parte do Ministerio de Fomento
O titular do Executivo autonómico reclamou que o Ministerio de Fomento realice as actuacións necesarias para facer posible a chegada do AVE en 2012. “Debo exixir e exixo que o Ministerio de Fomento licite de forma inmediata, ano 2008, xa que logo, os treitos corespondentes entre Lubián e Zamora, que os poña xa a licitar”, enfatizou. Ademais reclamou que no primeiro semestre do ano que vén debe “proceder exactamente igual cos treitos entre Ourense e Lubián”, e, finalmente, que “deben iniciarse de maneira inmediata as obras no treito que pasa pola mina de Serrabal”. En síntese, Touriño defendeu que “deben darse todos os pasos para garantir que ese compromiso se poida producir”, e sinalou que as actuacións demandadas constitúen “a garantía fáctica de que podamos facer realidade ese compromiso ao que Galicia non debe nin vai a renunciar”.

O presidente da Xunta manifestou, en consecuencia, que “os presupostos do ano 2009 deben volver reflectir ese 8% que Galicia vén tendo e que debe volver ter”, porque iso fará posible que dispoña de “todos os recursos necesarios para poder licitar os treitos de referencia”.

Entry Filed under: Galicia, PSdeG-PSOE, política. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds