Pleno Ordinario de Maio
Mayo 29, 2008
Rogos e Preguntas que trasladará o Grupo Municipal Socialista ao Goberno:
Preguntas:
1.- A que se debe a contratación dunha empresa privada para efectuar labores propias dos traballadores de vías e obras, como recollida de restos de poda, de escombros, etc.?
2.- En que se basa o Goberno Municipal para calcular en 300.000€ o importe dos atrasos que deberá abonar o Concello en cumprimento do establecido na RPT, aprobada no seu día por todos os grupos da Corporación, tras dúas sentencias que lle obrigan a aboar a dous traballadores un total de 4.400,83€?
3.- Se fixo no mes de Maio algunha xestión ou achegamento entre o Goberno Municipal e os Sindicatos con representación no concello, co fin de acadar un acordo en relación co procedemento de selección dos prazas incluídas na Oferta de Emprego Público?
4.- Cal foi o presuposto da programación cultural das Letras Galegas, e que motivou que non se cumprise o calendario anunciado para os Xogos Populares Eumeses?
5.- En que fase ou trámite se atopa o Plan Xeral de Ordenación Municipal?
6.-Que xestións internas e externas está a facer a Concellería de Servizos Sociais para que ás persoas valoradas como “grandes dependentes” se lles aplique o Plan Individualizado de Atención (PIA) e teñan un servizo de axuda no fogar?
7.-Os Concellos do Camiño Inglés reuníronse para xuntos conquerir melloras coa vista posta no próximo Ano Xacobeo. Pódese informar do tratado neses reunións cara a mellorar o Camiño ao seu paso por Pontedeume?
8.- Cal é a razón de que a Concelleira de Servizos Sociais presida a Comisión Informativa de Cultura e Deportes, en detrimento dos titulares desas dúas areas?
9.- Que cursos teñen planificados para FOREMDES?
10.- Cal é o motivo da presenza, dende hai varios meses, de columnas metálicas precariamente colocadas xunto o montacargas da Casa do concello, cun tramo das escaleiras pechado, e que dota á instalación dunha sensación de fraxilidade que inhibe aos usuarios e o mantén practicamente inutilizado?
ROGOS
1.- Pregamos a substitución da ducha da Praia de Sopazos, por unha de aceiro inoxidable coma as existentes nas outras praias do Concello, ante o seu lamentable estado, e tratarse da única praia urbana e onde acoden moitas familias da Vila.
2.- Ante o continuo anegamento da vía e beirarrúas, pregamos se manteña limpo o marxe dereito da Avda. Ricardo Sánchez entre FORMDES e a confluencia do Camiño Estreito.
3.- No nº3 da Rúa Firrete (Edificio Espadana) existe un garaxe que dispón dunha placa de “Vado Permanente” sen número nin referencia ao Concello. Pregamos se nos informe si pola Comunidade de propietarios do garaxe tense solicitada a correspondente licencia municipal, e de non ser así deben ser requiridos para que o fagan, xa que a situación actual pode provocar conflictos con outros veciños dada a falla de validez da placa colocada.
4.- Pregamos se nos informe sobre o destino que se lle pensa dar a un proxecto de construcción dun aparcamento no Parque Sarmiento, elaborado por un estudante de Enxeñería, e que foi entregado ao Concello.
5.- En relación ao Paseo Marítimo pregamos:
- A limpeza e rozado da zona entre a Ponte de madeira e Esteiro, incluído o teixo, ante o seu lamentable estado.
- A retirada ou arranxo dunha das vigas do emparrado, que está podrida e rota, ante o seu lamentable estado.
- A substitución ou arranxo das pedras rotas e afundidas.
6.- Na Rúa Fontenova, as silvas tocan nos coches que por ela circulan. Rogamos se requira aos propietarios das fincas para que se proceda ao seu rozado e limpeza, ou se realice por persoal municipal á súa costa.
7.- En relación co oso e xabarín que presiden na Ponte a entrada a nosa Vila, obxecto de recente polémica, pensamos que estes históricos símbolos están a sufrir un deterioro importante derivado do seu emprazamento á intemperie e o tráfico intenso que discorre ao seu carón. É por eso, polo que interesamos polo goberno que se estudie a posibilidade de encargar uns duplicados a unha empresa especializada, e gardar e expoñer o oso e o Xabarín no Torreón dos Andrade, preservando así o seu valor histórico.
8.- Facéndonos eco da preocupación expresada por moitos eumeses, entidades sociais, e grupos desta Corporación, en relación co proxecto da execución dunha rotonda na entrada da Ponte de Pedra, que afecta aos residentes na zona de maior crecemento urbano (Avda. Ricardo Sanchez e adxacentes), á seguridade e mobilidade entre esa zona e o casco urbano, ó acceso do Casco histórico, e que suporá unha importante alteración da fachada da nosa Vila, pregamos que polo Sr. Alcalde se convoque no máis breve prazo unha Xunta de Portavoces co fin de acadar un pronuciamento unánime dos Grupos que integramos esta Corporación en relación cos serios problemas que plantexa ao noso Concello a obra prevista, facéndoa chegar aos Responsables do Ministerio de Fomento, e interesando que se suspenda cautelarmente a execución das obras.
9.- Finalmente queremos felicitar aos responsables municipais pola campaña “En Breamo xoga limpo”, desenrolada con motivo da Romaría de Breamo do pasado 8 de maio, así como polo estado dos accesos e campo da festa. Esto non debe facerlles esquecer que a Ermida de San Miguel é un monumento moi visitado por eumeses e visitantes, polo que non se pode permitir que 10 despois da romaría, o domingo 18 de Maio, o entorno da Capela e os accesos permanezan estrados de lixo como puideron comprobar un grupo de visitantes de Ferrol que tiveron que dar volta e nos fixeron chegar as súas queixas. Por iso lles pregamos como Goberno que en Breamo lle poñan ao xogo limpo unha punta máis de velocidade.
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. Antonio Fraga | Mayo 29, 2008 at 5:12 pm
Acabo de ler no blogue do BNG-Pontedeume unha declaración contra a instalación de ENCE nas Pontes. Como votante socialista quero, se é `posible, que o Partido Socialista se pronuncie sobre o tema e tome unha postura activa como a que comeza a tomar Manolo Rei na defensa das Fragas, do rio Eume e da Ria Betanzos-Ares. Todos xuntos podemos para ese atentado contra o mellor que temos ao pe das nosas casas.
2. tulio | Junio 2, 2008 at 6:34 pm
Se lés a voz de galicia deste mesmo día hai unhas declaracións ó respecto do portavoz municipal psoe, Agustín Vilariño, que van na mesma dirección que as do bng.Un saúdo.