Pobre Balance
Mayo 27, 2008
(Adianto do vindeiro boletín socialista)
Cando se cumpre hoxe un ano dende as eleccións municipais, cun Goberno minoritario formado polos catro Concelleiros do PP, vemos con preocupación que os problemas que dende hai tempo vimos sufrindo os eumeses non só non teñen visos de solución, senón que proxectos iniciados vense frustrados, e que falla unha soa iniciativa de futuro dende o Goberno que poida ilusionar aos que vivimos en Pontedeume
Neste tempo, e conscientes da fraxilidade dos nosos mandatarios, os socialistas tendémola man dende a oposición buscando facilitar a tarefa do Goberno, aportando iniciativas e alternativas en positivo e afrontando problemas que foron asumidos por todos os que integramos a corporación
Fronte a esta boa disposición, atopámonos con sorpresa cunha actitude prepotente e autoritaria, cando non despectiva, por parte de quenes asumiron a responsabilidade do noso futuro, obviando o diálogo, e estendendo o seu peculiar modus operandi aos propios traballadores do Concello, que durante o tempo que levan gobernando non só viron cuestionada a súa dedicación profesional, senón que, en moitos casos, foron e están sendo obxeto de persecución e ameazas polos membros do grupo de Goberno, cuia intransixencia está a orixinar en Pontedeume un malestar e unha conflictividade que non ten precedentes na nosa recente historia municipal
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed