Touriño anuncia que en maio se presentarán as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Infraestruturas de Galicia

Marzo 31, 2008

tourino.jpginfraestructuras.jpgO presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, puxo onte data á presentación do que serán dúas actuacións “definitivas” no proceso de renovación do país posto en marcha polo Goberno que preside: as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Infraestruturas. “Son dúas medidas de cambio e de renovación que espero que neste ano se consoliden plenamente. Galicia necesita do que non ten, dunhas auténticas Directrices de Ordenación do Territorio que marquen un crecemento sustentable, razoable e de calidade, ben orientado”, explicou o presidente galego.

Pérez Touriño adiantou que as directrices as presentará “a conselleira de Política Territorial e eu mesmo” na primeira quincena de maio mentres o Plan de Infraestruturas coñecerase na segunda quincena.

“Galicia necesita dunha previsión e planificación das infraestruturas, unha planificación de estabilidade e permanencia no tempo”, asegurou o titular do Goberno galego quen marcou o “horizonte do ano 2012” para obter “unha Galicia articulada, comunicada interior e exteriormente; a Galicia do século XXI”.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds