Programas de Avaliación Ambiental Estratéxica (CMA)

Marzo 30, 2008

pontedeume1.jpgO planeamento urbanístico do concello de Pontedeume réxese actualmente polas Normas Subsidiarias Municipais aprobadas o 12 de xuño de 1986. Faise notoria a necesidade de dotarse dun PXOM adaptado á lexislación actual e que sente as bases para a definición dun modelo de desenvolvemento urbanístico e socioeconómico baixo criterios de sustentabilidade.

Con esta intención, o Concello de Pontedeume ten iniciado os traballos para a elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Nesa liña, con data 3 de Setembro de 2007 e número de rexistro 20950, recíbese na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comunicación de inicio do procedemento de elaboración do PXOM, xunto cun documento inicial no que se recollen de xeito resumido os principais obxectivos e características do concello e do futuro PXOM.

Para promover un desenvolvemento sustentable, conseguir un elevado nivel de protección do medio ambiente e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e aprobación do planeamento, este someteranse a unha Avaliación Ambiental Estratéxica conforme ao establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, a desenvolver seguindo o procedemento integrado de Avaliación Ambiental Estratéxica de instrumentos de planeamento urbanístico previsto no artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Estudado o documento de Inicio e tras realizar consultas coas Administracións públicas afectadas e o público interesado, a Consellería elaborou o presente Documento de Referencia (DR) para este Plan promovido polo concello de Pontedeume baseado no Documento Marco de Referencia1 aprobado por unanimidade do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (COGAMADS) o 19 de xaneiro de 2007.

Datos do plan ou programa na base de datos na Consellería de Medio Ambiente

Formulario de participación na Avaliación ambiental estratéxica

Entry Filed under: Varios, pontedeume. .

3 Comments Add your own

  • 1. Pablo P.  |  Marzo 30, 2008 at 11:37 pm

    Estimados compañeiros do PSdG: esta nova de nova non ten nada. O documento xa fora publicado polo colectivo Fusquenlla http://sospontedeume.com/?p=392 e polo xornal La Opinión en febreiro deste ano. Espero que isto non sexa unha proba do voso desinterese polo PXOM de Pontedeume

    Responder
  • 2. PSOE pontedeume  |  Marzo 31, 2008 at 10:19 am

    Non está posto coma novidade senón coma recordatorio e para darlle maior difusión, simplemente. Ademáis os visitantes poden baixarse estes documentos. Gracias polo teu comentario

    Responder
  • 3. desmemoriao  |  Abril 7, 2008 at 3:52 pm

    “faise notoria a necesidade dun PXOM adaptado…”, despóis de 20 anos sen él e da incapacodade do PSOE para levalo adiante, tras os centos de millóns perdidos na primeira elaboración, con outro que foi rexeitado pola Xunta polas súas optimistas previsións de crecemento e trala desfeita-corruptela que promocionáchedes na compaña do BNG e de Chacho, dicides isto agora? O voso é desfachatez, desmemoria, incapacidade e caradura

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds