Sobre a Oferta de Emprego Público
Marzo 28, 2008
MOCIÓN QUE PRESENTAN OS GRUPOS MUNICIPAIS DOPSdeG-PSOE, BNG, GRUPO MIXTO (IEP) E NON ADSCRITO
A aprobación o ano pasado polo Pleno do Concello de Pontedeume, a RPT, co apoio maioritario dos representantes dos traballadores, supuxo poder ter definida tanto a plantilla do persoal actual como a futura, e permitiu poder definir e concretar nos exercicios seguintes a Oferta de emprego público local. Esta é a ferramenta vencellada á programación do persoal, onde se recolle o dereito dos cidadáns a coñecer co antelación e en igualdade de condicións as oportunidades de emprego público.
Se ben a normativa do réxime local recolle que o goberno aprobará e publicará dentro do prazo dun mes dende a aprobación do Orzamento, a Oferta de emprego público, logo de entrar en vigor a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, que recolle como novidade importante o dereito á negociación colectiva de todos os empregados públicos, tanto dos funcionarios como do persoal laboral , o goberno local non pode ignorar o que nesta lei se plasma.
Así no artigo 31 se recolle de forma clara que os empregados públicos teñen dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional para determinar as súas condicións de traballo, é dicir a acordar a través dos seus representantes nas Mesas de Negociación coa Administración local as súas condicións de traballo. Esta negociación ten carácter obrigatorio para a administración.
Entre as materias obxecto de negociación recollidas no artigo 37 do citado EBEP consta explicitamente, no apartado l, os criterios xerais sobre a oferta de emprego público.
Polo exposto pénsamos que cumpría convocar aos representantes dos traballadores para que puidesen expoñer e negociar as súas suxestións sobre a oferta de emprego público, e non aprobala polo goberno eumés sen consulta e negociación previa, e enviada para a súa publicación, sen consultar tampouco aos grupos municipais, a pesar de que algún deles requiriu ao goberno a chegar a un consenso nesta materia.
Se importante é que os representantes dos traballadores expoñan a súa opinión sobre a oferta de emprego público presentada polo goberno local, tamén compre consensuar o desenvolvemento da súa execución máxima no tempo que permite a lei (tres anos), así como chegar a acordos sobre as convocatorias de consolidación do emprego temporal, e os procesos selectivos, que garantindo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, valoren na fase de concurso entre outros méritos, o tempo de servicios prestados na administración local e a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria, na liña do recollido na disposición transitoria cuarta do Estatuto do empregado público.
Por todo o exposto, os abaixo asinantes presentan ao Pleno da Corporación Municipal do Concello de Pontedeume os seguintes
ACORDOS:
1. Instar ao equipo de goberno a retirar a actual oferta de emprego público aprobada polo decreto 116 de data 22 de febreiro de 2008 debido á nulidade do proceso, posto que non foi convocada a Mesa Xeral de Negociación do Concello de Pontedeume, a cal ten entre as súas atribucións, segundo a Lei 7/2007, do 12 de Abril, do Estatuto básico do empregado público, a negociación dos criterios xerais sobre ofertas de emprego público.
2. Constituír á maior brevidade posíble a devandita Mesa Xeral de Negociación coa participación dos sindicatos con representación no concello, co obxectivo de consensuar o procedemento polo que se rexirá o proceso selectivo da Oferta de Emprego Público.
3. Informar puntalmente ao resto de formacións políticas con representación no concello do progreso das negociacións.
Pontedeume, 24 de marzo de 2008
—————————————————————–
El portavoz del PSOE quiso incidir en la “tensión” que sufren los empleados que ocupan las plazas anunciadas en la oferta de empleo y que se debe a la “incertidumbre” del proceso: “Urge aclarar posiciones y lograr acuerdos, hasta ahora no se hizo bien, pero estamos a tiempo”.
El representante socialista también manifestó que una oposición libre es un método “legal”, pero en este caso “injusto” y que el concurso-oposición, en el que se valora el tiempo trabajado y que incluye un examen para todos los aspirantes, es “legal y justo” y “un método que usan otras Administraciones”.
“Trabajamos con material sensible, pido un especial esfuerzo de la Administración y que acabe con la temporalidad. Podemos asumir la parte de responsabilidad que podamos tener, pero venimos a ofrecer apoyo y buscar soluciones. Hay tres años para desarrollar la oferta y se puede hablar”, recalcó Vilariño.
Agustín Vilariño acabó su intervención abogando al PP que haga gala de su último slogan electoral, y que en este tema tenga “cabeza y corazón”
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, pontedeume. .
1 Comment Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. Pablo Trigo | Abril 16, 2008 at 1:23 pm
Buenas, yo estaría interesado en presentarme a las plazas de administrativo de grupo C, pero ¿donde se puede consultar el temario para dicho concurso-oposición? Muchas gracias