Archive for 26/03/08

Adianto do Pleno de Marzo. Preguntas sobre Educación, Asuntos Sociais e Medio Ambiente

unsere_umwelt.jpg1-O Día da Árbore é xunto co do Medio Ambiente unha das celebracións máis arraigadas e estendidas a favor do medio. Estas celebracións teñen unha forte compoñente didáctica, e moitas das actividades desta festa acostumaban a estar promovidas dende o Concello.
Non somos coñecedores de ningunha actividade este ano, outros Concellos adiantaron a Festa ao coincidir en período non lectivo, en Pontedeume vaise pospoñer, para cando, que actos tendes programados?

libros.jpg2- Estamos ás portas de Abril, e Abril é o mes dos libros. Sabemos que dende o Goberno Municipal optáchedes por non solicitar a subvención da Consellería que permitíu que nos últimos anos os Actos polo Día do Libro enmarcáranse dentro da Semana do Libro ampliándo e enriquecéndo as actividades, e polo tanto a vida cultural de toda a nosa Vila, programáronse actividades tanto para os nenos e nenas como para os maiores. Que actividades estades a programar, para que datas, cal é a partida orzamentaria?

santos-inocentes.jpg3-O Goberno debe planificar actividades para responder ás necesidades perentorias da cidadanía, se non se palían necesidades reais realmente estase a despilfarrar. Así planificáchedes o Partido de Fútbol dos Santos Inocentes para paliar  a falta de xoguetes dalgunhas familias o Día de Reis. Xa que parece que “sobraron” xoguetes e están almacenados, que pensades facer para que estes libros é xoguetes teñan utilidade e non  se convertan nun despilfarro?

Add comment Marzo 26, 2008


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds