Archive for 10/03/08

Resultados das eleccións xerais en Pontedeume

En primeiro lugar cabe falar da participación na nosa Vila que descendeu, como vedes no gráfico, ata un 75,62%, baixando algo menos de 1 punto sobre a participación no ano 2004 que acadou o 76,56%. Na gráfica vedes tamén o descenso no censo electoral que cae en 159 veciños.

participacion.jpg

O número de votos de tódolos partidos que se presentaban ó Congreso pola circunscrición de A Coruña e, consecuentemente, en Pontedeume, quedou como vedes: (á dereita os resultados do 2004). Pulsade na imaxe para vela en grande:

resultados.jpg

O resultado ó Congreso por mesa electoral na nosa Vila dos catro partidos con maior representación queda como segue:

mesas.jpg

O PP é o partido máis votado, seguido polo PSdeG-PSOE a tan só 34 votos. O PSdeG-PSOE é o partido que gaña en máis mesas electorais (gaña en 7 mesas dun total de 12) e que menor número de votos perde (1) sobre as anteriores eleccións xerais.


En relación ó Senado, establecéronse os seguintes resultados:

senado.jpg

Por último se facemos unha extrapolación destes resultados (cousa irreal polo diferenza de partidos que se presentan ás diferentes eleccións) para unhas eleccións municipais, este sería o resultado:

estrapolacion.jpg

Nuns días, o PSdeG-PSOE fará unha valoración destes resultados tanto en Pontedeume, en Galicia e en España.

Add comment Marzo 10, 2008


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds