Mitin do PSOE
Marzo 2, 2008
Este sábado, o PSdeG-PSOE eumés celebrou un acto público enmarcado dentro da campaña electoral para achegar ós veciños e veciñas tanto a xestión levada a cabo no goberno de Zapatero así como para trasladarlles os novos retos e iniciativas que ofrece o PSOE para seguir gobernando España.
Os invitados a participar neste mitin foron, ademáis de Agustín Vilariño, voceiro de PSdeG-PSOE eumés no Concello, Sandra Ríos, candidata ao Senado pola provincia de A Coruña, Dolores Rodriguez, Secretaria Xeral das XSG e Laura Sanchez Piñón, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia.
En primeiro lugar, Agustín Vilariño, pideu o voto de tódolos eumeses para Zapatero para seguir afianzando dereitos sociais. Recordou tamén a época do candidato do PP no goberno, recordando a súa mala xestión en tódalas areas onde o puxeron. Aproveitou tamén Vilariño para agradecer e recoñecer o duro traballo que se fixo dende a Consellería de Educación para lograr a apertura do novo “Couceiro Freijomil” canto antes, e mostrou o apoio do grupo municipal socialista a tódalas Consellerías da Xunta de Galicia para tentar conseguir para Pontedeume o máximo posible.
A candidata ao Senado, Sandra Ríos, centrou o seu discurso nos dereitos sociais conqueridos nesta lexislatura, especialmente para as mulleres, con leis que directamente lles afectan como a lei de igualdade ou o aumento dos permisos de maternidade e outras iniciativas como a lei da dependencia, subida do salario mínimo, subida das pensións, … que son indirectamente beneficiosos para a muller
Na intervención da Secretaria Xeral das XSG e candidata tamén ao Senado,Loli Rodriguez, reclamou o voto para Zapatero ós máis novos. Entede Loli Rodriguez que “esta foi a lexislatura onde os mozos e mozas fomos tratados como cidadáns e contamos e influímos na axenda do Goberno”, foi nesta lexislatura onde se aprobaron leis e conseguíronse dereitos claves para os máis novos como son a renda de emancipación, a devolución dos 400 € do IRPF, a subida do salario mínimo interprofesional a 600€ e o compromiso de subilo ata 800€,…
En último lugar a Conselleira de Educación, Laura Sanchez Piñón agradeceu o PSdeG-PSOE de Pontedeume a súa invitación para visitar Pontedeume onde a Consellería está a traballar cun proxecto para mellorar o sistema educativo eumés.
Falou a Conselleira das últimas ocurrencias do PP nesta Comapaña, fundamentalmente sobre a emigración. Recoradaba a Conselleira que ela é filla de emigrantes, nacida en Bos Aires con pais galegos voltou a Galicia de nena, e recorda como os seus pais sempre lle agradeceron a Arxentina o trato dado por aquel país aos galegos e galegas emigrantes. Debido a isto non entende coma un galego como é Rajoy pode ter algunha dúbida ou tentar sembrar algún temor sobre a inmigración que temos en España, decía a Conselleira que “ España e sobre todo Galicia temos o deber de darlles ós emigrantes o mellor de cada un de nós”.
A socialista Laura Sanchez Piñón reclamou o voto para Zapatero en Pontedeume onde confía en gañalas eleccións xerais. No salón de actos da Casa da cultura de Pontedeume chea de veciños, comprometeuse a seguir traballando no eido educativo eumés así como trasladou o compromiso da Xunta de Galicia e do PSdeG-PSOE con Pontedeume de seguir invertindo en tódalas areas que Pontedeume precise.
Entry Filed under: Campaña, PSdeG-PSOE, pontedeume. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed