Pleno Ordinario de Xaneiro

Enero 31, 2008

Punto nº2 da orde do día:

Recordamos que o noso compañeiro Bernardo Fernández Piñeiro fixo posesión da súa nova acta de Concelleiro.

Punto nº 3 da orde do día:

Aprobación da Ordenanza especifica reguladora da prestación municipal de axudas para situacións de Emerxencia Social do Concello de Pontedeume.

Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE consideramos positiva a regulamentación das prestacións para situacións de emerxencia social por medio dunha ordenanza. Mais postos a regulamentar, pensamos que esta ordenanza precisa completarse para adaptarse no posible á realidade social coa que traballan a cotío os técnicos de Servicios Sociais e así debe incluír as prestacións para previr situacións de exclusión social e para favorecer a plena integración social.

No que atinxe aos beneficiarios vemos que pode resultar pouco eficaz pedir o certificado de empadroamento cando moitas das persoas que precisan estas axudas poden non ter moita conta dos “papeleos” administrativos, poderían valer outros documentos como recibos ao seu nome que proben a residencia efectiva e que xa estan valendo en outras administracións.

Botamos en falta un coeficiente de ponderación da cuantía social tendo en conta os ingresos, o salario mínimo interprofesional e o nº de beneficiarios. Este cómputo claramente especificado neste regulamento facilitaría as resolucións e permitiría poder incluír a persoas que teñen outras axudas, sempre que incluídas como ingresos neste cómputo fora posible se o límite orzamentario o permite, ter axudas municipais como ocorre en outros concellos.

Non están contempladas axudas que consideramos básicas como:

· Aloxamento e manutención de transeúntes.
· Axudas na vivenda para garantir unhas condicións de habitabilidade dignas ou para eliminar barreiras arquitectónicas.
· Na alimentación, axudas para dietas especiais.
· No sanitario, axuda para adaptación e adquisición de gafas,ortopedias e próteses .
· Apoio a escolaridade non só en actividades extraescolares senón tamén na alimentación infantil nos comedores escolares e na adquisición de libros de texto e material escolar.
· Para paliar situacións que provoquen ou tendan a provocar a marxinación das persoas que as padecen.

As contías, especialmente as de alimentación, parécenos baixísimas, ríxidas e nada actualizables. Coñecendo concellos que poñen topes variables có tempo e automáticamente actualizables como o S.M.I., podendo ampliarse o10% por cada menor. 200 ou 300€ ano para familia de 5 ou mais membros parecen raquíticos pero ademais nada adaptables a realidade económico social que é moi cambiable .Esto fará que esta ordenanza quede obsoleta ao pouco de nacer e que a realidade dos prezos faga que a teñades que saltala se realmente queredes paliar a necesidade alimenticia dos que o precisen.

A axuda do Concello de Emerxencia Social debe paliar unha necesidade e os números cantan:

Aínda contando con que fora concedida a axuda máxima 200 € ao ano para unha persoa, son 16´6 € mes que son 0´55 € día para comer unha persoa. Pero si son 4 persoas son 25€ mes que son 0´20 € por persoa e día. Se a familia é de 5 membros saen a 17 centimos de € día persoa. Xa non digamos se teñen que comer máis de 5 persoas coa mesma axuda.

É sempre supoñendo que sexa concedida a máxima axuda prevista polo goberno. Ademais en vez de avanzar retrocedemos, antes débanse vales compra rondando os 70 € mes a unha persoa, o que facilitaba ademais da obvia maior cantidade un mellor control e distribución da axuda no tempo, xa que agora falamos de só tres meses consecutivos ou cada catro meses 50 €.

Onde había por exemplo dous polos ao mes, agora temos un polo cada 4 meses, onde había 4 litros de aceite xirasol ao mes hai 5l cada catro meses.

Parécenos que non podemos confundir Axuda Social con limosna e 17 centimos ao día per cápita nestes tempos é pouco ata para limosna.

Continuando co texto da ordenanza, non se contempla unha especificación clara das causas de denegación así como da revocación das axudas.

Por último e para que quede claro o noso voto, nos queremos que a ordenanza sexa realista pero ademais ten que ser un mecanismo áxil de tramitación e resolución das solicitudes con carácter urxente e como por todo o anteriormente exposto non vemos que contemple a ampla realidade con que traballan os experimentados técnicos e técnicas dos nosos Servicios Sociais, e ademais moito nos tememos que mais que axudar vai burocratizar o traballo das e dos especialista e vai facer menos eficaz as axudas para mellorar a calidade de vida dos máis necesitados.

Lamentamos ter que votar hoxe, pois coidamos que un tema tan importante coma este debe ser tema de polo menos 2 ou 3 comisións informativas, e así con o diálogo e as aportacións de todos sairía un texto consensuado, máis comlpleto e realista.

Propoñemos deixar o tema sobre a mesa, se non é posible, o noso voto é negativo.

Punto último da orde do día: Rogos e Preguntas:

Rogos sobre obras públicas, infraestructuras e personal:

1.- Rogamos se tomen medidas para poñer fin á turbiedade da auga do grifo que se ven detectando en moitas zonas da Vila (Ombre, Ricardo Sánchez,…)

2.-Descoñecendo se é competencia do Concello ou de UCOA, pregamos se proceda á retirada das numerosas banderolas navideñas de “Boas Festas, UCOA” repartidas pola Vila, xa que, ademais de non ser moi lucidas, estamos case en tempo de Cuaresma.

3.- Reiteramos a colocación dun punto de luz diante da fachada da Igrexa de Centroña. E un ou dous puntos na pista de Boebre, diante do local da AAVV.

4.- Pregamos o arranxo ou reposición de dúas farolas que caeron e se retiraron na rúa Ría de Ares.

5.- Reiteramos o arranxo de dúas losas na entrada do Paseo Marítimo, e un diante do IES Bréamo.

6.- Pregamos o arranxo dos baches existentes na Corredoira das Virtudes, na rúa Río Eume e no tramo de saída á N-VI polo Barro.

7.- Pregamos se proceda á limpeza da fonte da Praza Rosalía de Castro.

8.-Solicitamos que polo Goberno se proceda a realizar as xestións necesarias para repoñer a vixilancia nocturna na Vila, pola Policía Local.

9.- Interesamos que polo Concello se requira ós propietarios do solar da Praza de España, para que procedan a asegurar a valla que permanece medio caída, ante o perigo que supón para os viandantes.

10.- Solicitar os problemas de augas residuais no Edificio Aguabar a altura dos portais 10, 12 e 14.

11.-Desearíamos coñecer polo miúdo o problema existente cos contenedores de vidro, papel e plástico, que non se vacían a tempo, e sobre o que apareceu algo na prensa.

12.- Vaciar o contedor de pilas na Praza do Conde.

13.- Pregamos que se informe á oposición en Comisión Informativa sobre as bases de contratación, composición de tribunais e outros extremos, para cubrir prazas vacantes, sustitucións ou de nova convocatoria do Concello, como se viña facendo ata o de agora, a fin de que poidamos facer as aportacións que consideremos razonables.

14.- Prégase se nos informe sobre a oferta de cursos e actividades a realizar en FOREMDES, se está planificada.

15.- Agradecemos a entrega da copia dos documentos presupostarios que solicitamos o pasado 28 de decembro.

16.- Pregamos se amañe e limpe a Alameda de Rajoy e que se dispoñan no seu lugar os bancos públicos que se atopan sen fixar ao chan.

Preguntas de Servizos Sociais, educación, personal:

1.- Sabemos que non esta funcionando o servizo coñecido como “Comida sobre rodas”.

Pensades retomalo. Cando? Ou tedes proxectado outro xeito de cubrir esta necesidade?

2.-Na Educación e ocupación do tempo libre dos adolescentes eumeses o Concello tiña unha oferta coñecida como “Planet” que viña a enriquecer e completar as escasas ofertas para o ocio que hai para estas mozas e mozos en Pontedeume os fins de semana, en estas idades tan vitais como complicadas.

Pensades retomalo? Cando? Ou tedes outra oferta mellor?

3.-Somos coñecedores do progresivo aumento por parte da Xunta do presuposto para o programa “Axuda no fogar municipal”. Sendo este ano especialmente cuantiosa ao abeiro do sistema galego da atención a dependencia. Máis presuposto ten que chegar a cubrir mais xente atendida e ademais os grandes dependentes precisan atención nas quendas de tarde – noite que agora o persoal contratado polo Concello non cubre.

Cando pensan contratar mais traballadores para que poidan ser atendidos maior nº de usuarios?

4.-Levamos mais de 6 meses esperando que a Concelleira de Ensino sexa quen de constituír o Consello Escolar Municipal. Non imos a repetir os argumentos, nin vale que tal ou cal sindicato non mandaran o seu representante. Pero nos esiximos que dunha vez comece a funcionar o órgano de maior representación democrática da Comunidade Educativa.

So queremos saber unha cousa. Cando?

5.-Parécenos tamén gravísima a incompetencia da Concelleira para cubrir as necesidades que o seu goberno prevé e incluso planifica o xeito de comenzar a palialas.

Explicamos, o 28 de Decembro por proposta do Concello fíxose un partido de futbol no que os participantes, público, partidos políticos e outras entidades colaboraban aportando xoguetes para os Reis das nenas e nenos necesitados da nosa vila.
Pois ben, xoguetes e contos recolléronse, mais repartir non se repartiron, están almacenados esperando a orde deste eficiente goberno para que Melchor, Gaspar ou Baltasar volten a Pontedeume non sabemos si en Antroido ou xa para o verán a repartilos.

Tanto bombo e platillo nos xornáis para esto. Como inocentada foi moi pesada, cándo van recibir os nenos e nenas por fin os xoguetes e libros de Reis?

6-A Concellería de Educación, Cultura e Servicios Sociais é unha Concellería que nos gobernos anteriores, dentro da comarca destacou polo seu bó funcionamento e por ser pioneiros nas súa organización e propostas. Nesta nova andaina a súa eficiencia penso que hoxe quedou varias veces en entredito. Por eso preguntámonos: Vai facer a Concelleira unha política eficiente de Educación, Cultura e S. Sociais, replantexarse a súa área ou vai dimitir?

7- O pasado sábado, 26 de Xaneiro, publicouse no BOP a aprobación definitiva do orzamento municipal para este ano. Dende esta data, o goberno ten un mes para plantexar a Oferta de Emprego Público para este ano. Que previsións existen ó respecto?

8.- Coa rodaxe que se supón debe dar o exercicio do goberno local durante máis de seis meses, e lembrando que a única resposta ós rogos que expoñemos é tentar dar solucións ós problemas plantexados, podemos albergar a esperanza de que neste novo ano as preguntas se nos contesten en directo e en tempo real, e non en diferido un ou dous meses despois.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .

1 Comment Add your own

  • 1. Adianto do Pleno de Setem&hellip  |  Septiembre 25, 2008 at 9:37 am

    [...] marcha do servizo de “Comida sobre Rodas”? Nesta cuestión xa nos interesamos no pasado Pleno de Xaneiro (Fai 8 meses), e todavía seguimos sen obter [...]

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


CONTACTA:

Na sección "CONTACTA" podes cubrir un formulario, e facernos chegar as túas suxestións ou peguntas.

Almanaque

Enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Entradas anteriores

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds