Archive for Noviembre 2007

Rogos e Preguntas que leva o Grupo Municipal Socialista ó Pleno Ordinario de Novembro

Preguntas:

1.- Cal foi o costo do servizo esterno de reforzo de recollida de lixo nos fins de semana contratado polo Concello o pasado verano?

2.- Que solucións se prevén polo grupo de Goberno para rematar coa insán e pouco edificante presencia de lixo nas nosas rúas os sábados, ante a ausencia de recollida na noite do venres ó sábado?

3.- Cales son as razóns de que se marxine a unha ferretería de Campolongo na adquisición de suministros para o Concello?

4.- Que actuacións levou a cabo o goberno municipal para que os anciáns e persoas con discapacidade grave que necesitan axuda na nosa Vila, sexan valorados antes de fin de ano e así acollerse ás prestacións que contempla a Lei da Dependencia para os “grandes dependentes”?

5.- Estase a facer algún estudio, ou existe algunha previsión orzamentaria por parte do goberno municipal, para a apertura de bocas de rego ou hidrantes nas parroquias do Concello cara a prevención e extinción de incendios?

6.- Ante o invasivo e irregular voo e ausencia de retranqueo respecto á rúa, estase a cumprir polos constructores do edificio situado na parte baixa da rúa Fontenova, os termos da licencia municipal que lles foi concedida?

7.- Cal é o motivo de que máis de dous meses despois de ter solicitado polo noso grupo o acceso á información contida no Rexistro Xeral do Concello, realizado mediante escrito data 14 de setembro de 2007, non se nos teña respostado ata o día de hoxe, nin facilitada a información interesada?

Rogos:

1.- Rogamos se proceda ó asfaltado do camiño que discorre entre as Pedridas e O Barro dado o seu mal estado.

2.- Solicitamos se proceda a limpar o camiño veciñal que discorre entre A Torre e O Barro, que se atopa invadido pola maleza.

3.- Nos soportais da Praza do Conde, e como consecuencia da presencia os días de Feirón un posto de Polbo e doutros productos cárnicos, diante do Bar Buiña e do lateral da Biblioteca, o firme presenta unha capa negra de graxa que fai perigoso o tránsito pola zona para os veciños. Pregamos se proceda á súa limpeza e chorreo de forma periódica.

4.- Pregamos a limpeza en Aguabar das escaleiras da baixada á Rúa Firrete, pola presencia de lixo e maleza, e que se repare un cable-tubería existente na zona que se atopa en mal estado e pode resultar perigoso.

5.- Rogamos que, por quen corresponda, se proceda ó arranxo do tendido eléctrico do alumeado público no Camiño Vello, en Campolongo, estando en algunhas zonas tirado polo chan.

6.- Pregamos se reclame o arranxo dos semáforos da N-651 ó seu paso pola nosa Vila, que presentan rotas varias ópticas, facendo desaparecer os pulsadores, que teñen os cables á vista, co conseguinte perigo, ante a súa falta de utilidade.

7.- Transmitímoslles a queixa dos veciños dos números 13 e 15 da Avda. Ricardo Sánchez, que veñen soportando a entrada das augas fecais procedentes do alcantarillado público nos seus garaxes, chova ou non, para que se proceda á realización das obras necesarias para evitar ditas filtracións.

8.- Pregamos de novo o arranxo do camiño público de “La Ría” a Castrelo, na zona de Aión, ante o seu lamentable estado.

9.-Parécenos ben o anuncio de crear unha zona azul, con tempo limitado e sen cobrar na Praza do Conde, pero cremos que se debería estender á Praza Rosalía de Castro e á Avda. Saavedra Meneses a Avda. da Coruña ata o semáforo de incorporación da nacional.

10.- Pregamos que se faga unha actuación especial de limpeza de beirarrúas (lixo e deposicións de cans) na Avda. de Ferrol, repoñendo as baldosas que faltan, limpando as reixas nos sumidoiros que están mestas, e amañando os pivotes tirados diante da panadería “Patricio”

11.- Rogamos que a concesionaria do mantemento eléctrico do Concello, non se limite só a repoñer os focos e lámpadas fundidas, senón trate de amañar as farolas, ou polo menos pechar ben as portas das pantallas.

12.- Pregamos que se sinalicen ben na estrada do Río Eume as obras de canalización do gas que levantaron o firme, na baixada de Ombre cara o río.

13.- Reiteramos a petición dun punto de luz na esquina do cemiterio fronte a casa dos “da leña”

14.- Pregamos se nos aclare o cambio de criterio no uso do Punto Limpo, ó non permitírselle agora o depósito de residuos ás pequenas empresas da Vila.

15.- Rogamos que para a próxima convocatoria, se proceda con maior celeridade á tramitación e publicación no BOP da Ordenanza que regula as axudas para a adquisición de material escolar, co fin de que as familias poidan percibilas a comezo de curso, que é cando son máis necesarias, e non ó remate do primeiro trimestre. Aprobouse no Pleno de 27 de Setembro, e publicouse no BOP do 24 de Novembro.

16.- Ante o carácter meramente protocolario dos actos celebrados neste Concello con motivo da celebración do “Día Internacional de loita contra a violencia ás mulleres”, e dada a gravidade e triste actualidade do problema, solicitamos maior implicación municipal e cidadá en futuras edicións, mediante programas e campañas pola igualdade dirixidos ós home para a súa positiva implicación neste fenómeno, e actuacións específicas para abordar a realidade das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade dentro do noso municipio.

1 comment Noviembre 29, 2007

la mirada positiva

Add comment Noviembre 27, 2007

El que no tiene ideas no necesita impuestos

Por JOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS
Fecha de publicación: Lunes 26 de noviembre de 2007 LA VOZ DE GALICIA

Muchos turistas duermen en hoteles de cuatro estrellas, a pesar de que los de tres son más baratos. También es frecuente ver que la gente compra alimentos de calidad o ropa de marca a pesar de tener opciones más baratas en la estantería de al lado. Y es que ya nadie ignora que la calidad tiene un coste, y que una compra realizada a precio más alto puede ser a la larga más barata. Por eso no entiendo el empeño del PP en tratarnos como niños y, en vez de hablarnos de los servicios municipales, de su distribución y de las políticas de igualdad que deben ir implícitas en la condición de lo público, se limite a decirnos que todo va a ser más barato, como si las tiendas «todo a un euro» fuesen el ideal del buen comercio.

El impuesto democrático y progresivo no es una plaga que se ha abatido sobre las sociedades modernas para aniquilarlas, ni un castigo creado para los que votan a la izquierda. El dinero que pagamos al Estado es un poderoso instrumento de justicia y bienestar, y la única forma conocida para que los espacios comunes -la educación, la seguridad, la sanidad, el espacio habitable- progresen al ritmo de la vida privada. Sin impuestos justos y progresivos no es posible la sociedad moderna. Y por eso deberíamos desconfiar del que, cuando no sabe qué otra cosa decirnos, nos promete rebajas de impuestos.

Es cierto que el impuesto puede ser bien o mal administrado, cargar sobre esto o sobre aquello, ser más o menos progresivo y directo. Y en ese sentido cabe dar una gran importancia, en lo económico y en lo social, a las formas de recaudación. Lo que no cabe pensar es que la omnipresente promesa de reducir los impuestos esté basada en una visión justa y equilibrada de la sociedad, que evite los desconchados de su parte más débil.

Con unos ayuntamientos convertidos en órdenes mendicantes, que lanzan a sus alcaldes a pedir cualquier cosa en cualquier sitio, ¿qué sentido tiene una rebaja de impuestos que no sea compensada con creces en otros órdenes impositivos? No niego que haya que rebajar o suprimir ciertos impuestos de difícil gestión y escasa funcionalidad. Lo que digo es que la idea que subyace en el discurso del PP, que tiende a considerar los impuestos como una plaga, es una cesión a la pura demagogia, cuyos efectos tendrán que notarse en la disminución de la cohesión social y en la degradación del espacio público. Y por eso tendremos que considerar este modelo de campaña, tan reiterado, como un juego de base desigual, que solo funciona por la ignorancia y la ambición generalizada del público. Porque aceptar una rebaja de impuestos para vivir mejor es como ir a la ruleta a hacerse rico. Nunca funciona. Salvo para los potentados.

Add comment Noviembre 26, 2007

Impostos, taxas e hipotecas

Detrás das declaracións efectuadas polo señor alcalde de Pontedeume, nas que vén de afirmar que os impostos son bastante altos e anuncia a súa conxelación e a das taxas para o ano 2008 nun momento en que “todo sube”, cremos que se esconde un gran descoñecemento da realidade tributaria do noso Concello e unha importante dose de populismo, que reflicte a incapacidade do Goberno local para afrontar novas políticas e proxectos no que levamos de lexislatura.

O que en primeiro lugar nos gustaría saber é cales son os impostos que están “bastante altos” e, se os hai, por que no propón a baixada dalgún deles, abrindo un debate sobre as ordenanzas fiscais aos grupos da oposición, que si temos algunhas ideas ao respecto, como pode ser a mellora do tratamento fiscal dos autónomos nalgunhas taxas. Dos cincos impostos locais, o máis xeralizado e o que máis recada con diferenza é o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). O gravame que se aplica en Pontedeume sobre o valor catastral urbano é do 0,55% sobre un máximo do 1,1% e por debaixo da media dos municipios españois, que ronda o 0,7%. Debe engadirse que esta porcentaxe se calcula sobre o valor catastral, que se actualiza todos os anos con referencia ao IPC na Lei de Presupostos, polo que a cantidade a pagar en 2008 aumentará inexorablemente.

No que se refiere ás taxas, que parten do principio de que deben financiar o custo do servizo, das máis relevantes en recadación están a da auga, saneamento e depuración. Se non se actualizan con referencia á suba do IPC, ¿quen vai pagar a suba do prezo da agua referida ao IPC que Aquagest lle vai facturar ao Concello en cumprimento do contrato de concesión? Evidentemente, todos os eumeses a través dos seus impostos, que non están por lei para esa función, dándose, ademáis, o paradoxo de que os que menos auga consuman axudaranlle a pagar o suministro ás empresas con altos consumos de auga. A taxa de recollida de lixo é altamente deficitaria e a súa recadación cobre escasamente a metade do custo do servizo de recollida e limpeza, polo que o déficit pagarase unha vez máis cos impostos que deben destinarse para gastos xerais do Concello. Se como leva anunciado o PP dende que accedeu ao Goberno municipal, unha das súas prioridades é mellorar este servizo, ¿como pensan financiar a mellora que anuncian se, de entrada, renuncian a recadar ao menos o mesmo que o ano anterior, en termos reais?

Os socialistas pensamos que o Goberno está orfo de ideas e non está disposto a baixar ao terreo das propostas e dos números, preferindo despistar ao personal con ocorrencias populistas e adiátandoo sine dine.

Sinalar, finalmente, que a tendencia anual á alza dos gastos do orzamento, unida ao forte incremento dos gastos de persoal o vindeiro ano derivado da nova relación de postos de traballo aprobada e doutros gastos importantes xa comprometidos, obligará ao Goberno a proceder á súa rebaixa se pretende que lle cadren as contas. Os cidadáns o que queremos é que se gasten ben os cartos públicos e que os servizos funcionen de forma eficiente e para iso hai que xustificar cada euro que se recada e enfrontarnos ao custo real dos servizos que demandamos. Nesa tarefa debe empeñarse o Goberno municipal e non botando balóns fóra, no convencemento de que nun prazo máis ou menos curto de tempo, o señor alcalde vai ter que desdicirse dunhas afirmacións tan demagóxicas coma as que vén de realizar.

Xestionen ben os diñeiros públicos, que das nosas hipotecas xa nos ocuparemos nós.

Agustín L. Vilariño Gomez é voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume

3 comments Noviembre 25, 2007

Nota de prensa

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE mantemos contactos coa Consellería de Educación para interesarnos pola marcha do novo “Couceiro Freijomil”,unha aposta forte dende a Xunta de Galicia por o ensino en Pontedeume e que en conversas que mantivo a Concelleira Mª Carmen Cascallar co Delegado Provincial de Educación, éste confirmou a boa marcha das obras que xa están no remate da 1ª fase e que tan pronto a constructora entregue o edificio, no mes de Xaneiro, procederase ao seu equipamento, para o que existe un presuposto que contempla a reposición de todo aquel material que non se considere en bo uso. O traslado ao novo edificio realizarase o antes posible, para poder continuar coa segunda fase da obra, primando sempre os intereses dos nenos e nenas, de xeito que se interfira o menos posible no desenvolvemento da tarefa educativa.

Na opinión da Concelleira do PSdeG PSOE, Pontedeume vai ter un colexio moderno, con espazos axeitados a realidade educativa do século XXI. Os nenos eumeses medrarán nas súas aulas moitos anos, froito das xestións do Goberno Municipal anterior coa Consellería de Educación defendendo as necesidades da Comunidade Educativa de Pontedeume.

As mudanzas sempre son difíciles e é mellor facelas con tempo, con seguridade e ben planificadas, polo que espera que o Concello colabore e non continúe coa reducción de persoal adicado aos Colexios Públicos co que iniciou o seu mandato.

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE tamén queremos manifestar o noso estupor ante o tratamento da conmemoración do Día Internacional da Loita contra a Violencia ás Mulleres dende a Goberno Municipal, realizando un só acto formalista e simbólico no Salón de Plenos, con información a última hora e onde pouca xente pode asistir. Nós asistiremos como mostra da solidariedade e o compromiso do noso partido, que colocou á violencia contra as mulleres en primeira liña da súa axenda política. Mais queremos rexeitar dende aquí a política social que está levando o goberno minoritario de PP en Pontedeume co consentimento dos tres concelleiros do Círculo de Opinión Eumés. Os Servizos Sociais viron conxeladas as aportacións do Concello e sobreviven polos concertos xa pactados con outros organismos.

4 comments Noviembre 23, 2007

Parece que ya tenemos candidato por A Coruña

Cesar Antonio Molina irá por A Coruña.

libroeume.jpgcesra.jpgEl objetivo de los socialistas es triple: sujetar la representación que obtuvieron en 2004 por muy pocos votos; parar la tendencia a la baja de algunas circunscripciones e intentar arrebatar al PP los escaños que obtuvieron por muy pocos sufragios de diferencia. Movido por este afán, el PSOE va a colocar al frente de las circunscripciones difíciles a ministros que, a su juicio, tienen tirón popular.

La batalla para las elecciones de marzo de 2008 se dirimirá por una docena de escaños.Con esta perspectiva, el PSOE ha decidido poner a ministros y altos cargos a la cabeza de las candidaturas complicadas. La novedad en este partido está en que los secretarios regionales o barones, lejos de poner objeciones, como ha sido tradicional, reclaman la presencia de políticos de Madrid, sean o no nacidos en la provincia que encabezarán. Esta disposición la remarcó ayer el secretario de Organización, José Blanco, y coincide con las versiones recogidas en las federaciones afectadas.

Todos los nuevos ministros, cuya antigüedad data del pasado mes de julio, irán en las candidaturas. El de Cultura, César Antonio Molina, encabezará la lista por A Coruña. Carme Chacón, por Barcelona. Y Juan Fernando López Aguilar, por Las Palmas. Esta última ha sido una decisión muy sopesada por la interpretación negativa que podía producirse en Canarias, ya que López Aguilar fue el candidato a la presidencia del archipiélago tan sólo hace siete meses. Ganó las elecciones, pero el pacto de Coalición Canaria con el PP le impidió gobernar.

www.elpais.es

2 comments Noviembre 20, 2007

El segundo mejor país para ser niño

www.psoe.es

1 comment Noviembre 19, 2007

“No nos falles”


Na noite electoral do 14 de marzo do 2004 un mozo díxolle a Zapatero: “No nos falles”. E transcorridos case catro anos tocar facer balance; as Juventudes Socialistas lanza un novo vídeo no que varios mozos e mozas falan dalgunhas das promesas de ZP que cumpriu durante esta lexislatura.

Por certo, a canción do vídeo é do grupo Tequila e foi versionada por Los Secretos e titúlase: “Que el tiempo no te cambie”.

1 comment Noviembre 15, 2007


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds