Archive for Agosto 2007
Resultados da enquisa sobre o mini goberno
A enquisa segue activa na nosa web, opina¡¡

Add comment Agosto 31, 2007
O lobo perdeu a súa pel de carneiro
Con actitudes pouco democráticas, sesgando informacións e interpelando ós diferentes portavoces da oposición, o PP demostra o seu pouco talante democrático.
No punto da orde do día relacionado co informe do Consello de Contas o portavoz Socialista, Agustín Vilariño, fixo unha crítica necesaria ós erros que se poideron cometer no pasado e que así reflicte o Consello de Contas. Deu conta tamén das recomendacións que fai este informe e incidíu que hai puntos xa correxidos. Unha recomendación das máis importantes e necesarias para o Concello como é a creación da RPT dos traballadores, xa está aprobada en Pleno. Deu conta que as demáis recomendacións son subsanables e ningunha dela hipoteca ó Concello, ó contrario, o Informe destaca tamén o superábit que ano tras ano, ten o Concello de Pontedeume. Ainda así o PSdeG insta ó Concello a non voltar a cometer os erros detectados polo informe. O PP neste punto fixo un mitin sobor da mala xestión do anterior tripartito, sacando de contexto a realidade do informe e dándolle unha particular visión partidista e non obxectivo.
Aprobouse tamén, por unanimidade, a petición da empresa Celta S.L. de xuntar catro parcelas do Polígono de Vidrieiro.
No punto de Rogos e Preguntas, o PP non respondeu a ningunha das preguntas que lle fixo a oposición e emplazounos ó seguinte pleno de Setembro para ter respostas. O PSdeG mostrou a sús disconformidade con esta actitud e lembrou que isto non é o máis recomendable para un Goberno en minoría nin o mellor para Pontedeume, xa que moitas das nosas preguntas e nosos rogos, tiñan a urxencia necesaria para respostalos e levalos a cabo antes de finais de Setembro.
O PP tampouco respondeu a ningunha pregunta do BNG e de IP (O COE non leva nin rogos nin preguntas), o cal os motivou para abandoar o Pleno.
Pensamos que, a actitud do PP, non é unha posición lóxica, nin polo momento político que está a pasar Pontedeume, nin pola situación que está a vivir con catro Concelleiros de trece que compoñen o Pleno. O PSdeG, segunda forza de Pontedeume e primeira da oposición, despois de amosar a súa intención de colaborar para levar a cabo accións importantes para o Concello, non entende nin comparte este nulo talante democrático e insta o PP a replantexarse esta estratexia polo ben de Pontedeume.
————Actualización ———–
Así o recolle a prensa:
8 comments Agosto 30, 2007
Apuntes do PSdeG-PSOE no Pleno Ordinario de Agosto
ROGOS:
Colocación dun punto de luz na fachada da Igrexa de Centroña
Colocación de un ou dous puntos de luz nos laterais da pista polideportiva de Boebre, entre o local da AAVV e a Estrada
Pavimentación e arranxo do Camiño que dende O Portiño baixa á Praia de Centroña e remata na Ponte do ferrocarril, especialmente diante da Igrexa de Centroña
Pavimentación do vial entre o cruce de Campolongo e Buiña, ten un pésimo estado de conservación e mantemento
Rebacheo do vial que discorre entre o Restaurante “La Ría” e Aión.
Rúa Ferreiros: Reposición de pedras e encintado con cemento
Aquagest: Fuga de auga, diante do nº16 da Corredoira das Virtudes
Festas das Peras: informar ós veciños sobre os días de recollida de lixo; extremar a limpeza na Vila. En relación á limpeza recordar que o inicio do Curso escolar é o día 12 de Setembro, co cal, solicitamos a limpeza interior e exterior dos colexios públicos.
Rexistro Civil: Os libros do Rexistro Civil acollen unha parte fundamental da historia da nosa Vila, de ahí que a súa conservación se faga especialmente necesaria. Os movementos de poboación, e os avatares máis importantes da nosa historia máis recente aparecen reflectidos nas súas páxinas, de ahí a súa importancia de conservación e protección. Hai uns sete anos, o Concello de Pontedeume investiu algo máis dun millón de pesetas en mellorar e encadernar unha parte dos libros que se atopaban en peor estado, quedando pendente unha segunda fase que incluíra os libros tamén danados polo paso do tempo. Por iso, hoxe pedimos que se poña en marcha esta segunda fase e que se proceda, ben a través da Dirección Xeral de Xustiza, ben directamente polo Concello, ó arranxo e encadernación dos libros do Rexistro Civil, cuxa conservación resulta máis urxente polo seu estado de deterioro.
Ordenanza Reguladora da ocupación da vía pública con sillas e mesas: Ante a falta de criterio homoxéneo para o tratamento da colocación das terrazas no noso Concello, faise necesario a redacción dunha ordenanza que regule a súa instalación e remate coas situacións de arbitrariedade e discriminación que hoxe padecemos.
Remodelación e cambio de mobiliario no Salón de Plenos do Concello: O actual Salón de Plenos resulta incómodo, tanto para os concelleiros/as coma para o público, e pouco funcional, polo que consideramos que debería ser remodelado, dotándoo de novo mobiliario e megafonía, e mellorando a súa iluminación.
PREGUNTAS:
Ante as recentes declaracións do Concelleiro do grupo de Goberno, Sr. Crespo, sobre a creación na presente lexislatura de 400 novas prazas de estacionamento na nosa Vila,
¿podería indicarnos onde se ubican as devanditas prazas?
No eido educativo coidamos que nas últimas lexislaturas dende o Concello fíxose moito por mellorar os servizos e a calidade do ensino, coa colaboración da Comunidade Educativa iniciouse un camiño que precisa o seguimento do Concello. Os Socialistas coidamos que a Educación é o 1º factor de progreso individual e social é o principio de igualdade de oportunidades, polo que esixe o compromiso da Administración Municipal.
A Xunta de Galicia está apostando forte pola nosa Vila, no campo da Educación facendo un novo Couceiro, pero aínda que a obra e cuestión da Administración Autonómica os nenos e nenas son eumeses e nos debemos mirar polo rápido e eficaz remate das obras no novo “Couceiro Freijomil” e por unha posta en marcha cunha ampla dotación en completo funcionamento. Vemos que as obras ralentizáronse durante o verán e nin se quitou o escombro do edificio de Párvulos, dando unha imaxe penosa e que ademais conleva riscos evidentes:
¿Que seguimento fixo o goberno municipal para que se aproveitara o verán e así os nosos e as nenas tiveran que estar o menos posible nas actuais instalacións con espacios reducidos e molestias polas obras?
¿Para cando van esixir o remate da demolición e limpeza dos restos do edificio de Educación Infantil?
A Educación Infantil é unha etapa fundamental no desenvolvemento humano, ademais o ter Escolas Infantís axuda á incorporación da muller á vida laboral e á conciliación da vida familiar e laboral.
En Pontedeume conqueriuse unha Escola Infantil mais é insuficiente, estes días podemos ler nos xornais como en moitas vilas veciñas están a se inaugurar Galescolas e Escolas Infantís.
¿Dende o Goberno Municipal que estades a facer para que nos tamén teñamos axiña máis prazas de 0-3 anos?
2 comments Agosto 30, 2007
Pleno Ordinario
Mañá, día 30 de Agosto, celébrase o Pleno Ordinario (Último xoves de cada mes) no Concello de Pontedeume.
Os puntos da orde do día son os seguintes:
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
2.- Ratificación dos decretos da Alcaldía Nº 566/2007 e Nº 567/2007, de 8 de xuño.
3.- Dación da conta do decreto da Alcaldía Nº 811/2007, do 23 de Agosto, sobre a delegación da Presidencia das Comisións informativas.
4.- Aprobación definitiva do estudio de detalle promovido por Leche Celta S.A.
5.- Dación da conta do informe de fiscalización do Concello, exercicios 2003 e 2004 do Consello de Contas. Acordos que procedan.
6.- Dación de ontas das resolucións da Alcaldía Presidencia.
7.- Rogos e Preguntas.
Mañá, despois do pleno, publicaremos as nosas posturas nos diversos puntos, así como os rogos e preguntas que levaremos ó Pleno.
Esperámosvos.
2 comments Agosto 29, 2007
Resultados da enquisa sobre os salarios dos Concelleiros
¿Cantas dedicacións exclusivas consideras que deben percibir os membros do mini-goberno?

Coma sempre, xa temos unha nova enquisa no nosa web
Add comment Agosto 24, 2007
“Evolución Política”. Extractos de La Voz de Galicia de 23 de Agosto de 2007
Pese a que reconoce que no se habla con sus dos compañeros de grupo municipal ni con tres de los cinco integrantes de la ejecutiva de su partido, Fernando García Sande no descarta que se vuelva a reeditar el pacto entre PP y Círculo de Opinión Eumés (COE)
Históricamente, el COE siempre se había opuesto a los salarios de los concejales. García Sande admitió ayer que antes criticaba las dedicaciones exclusivas y que ahora las defendía, algo que justificó como una evolución política.
García Sande considera que el grupo municipal del COE debería superar su oposición radical a los sueldos de los ediles y dedicarse a gobernar y a defender su programa electoral.
También apuntó que sus dos compañeros de grupo conocían desde el principio que él asumiría responsabilidades de gobierno a cambio de una dedicación exclusiva porque «yo también necesito un sueldo a fin de mes», aseveró.
García Sande afirmó que «ni me voy ni pienso irme» del COE
Add comment Agosto 23, 2007
Reseña da posición do Grupo Socialista nos principais puntos a tratar no Pleno celebrado o día 21 de Agosto
- Reestructuración do Grupo de Goberno -
Ante a ausencia de explicación pública das causas que levaron á ruptura do pacto de gobernabilidade, suscrito polo PP (4 Concelleiros) e o COE (3 Concelleiros) hai pouco máis de dous meses, hoxe preséntase un novo Goberno integrado únicamente polos 4 Concelleiros do PP, sobre un total de 13 que integran a Corporación Municipal, asumindo entre os catro, a toalidade das áreas e das Tenencias de Alcaldía.
Ante esta situación, os Socialistas consideramos, en primeiro lugar, que a culpa do fracaso do pacto corresponde ós dous partidos firmantes -PP e COE- e que ten unha base estrictamente económica, ó existir diverxencias no número de dedicacións exclusivas entre os membros do Goberno, dedicacións inicialmente aceptadas por ambos partidos pese ás críticas que lle adicaron ó Goberno anterior nesta materia.
A consecuencia é un Goberno en minoría, cun Alcalde que recoñece publicamente a situación de paralización da actuación municipal durante os últimos dous meses, que non garantiza a gobernabilidade do Concello nos vindeiros catro anos, e que se verá na obriga de pactar cos restantes grupos que integran a Corporación os asuntos obxecto de acordo plenario, algo que xa non fixo neste primeiro Pleno da nova etapa.
- Dedicacón exclusiva a Cargos da Corporación-
Plantéxanse tres dedicacións exclusivas: a do Alcalde (38.500€) e a de dous Tenentes de Alcalde (24.000€ cada un), os responsbles de Obras, Servizos e Acción Rural e o de Facenda, Urbanismo e Medio Ambiente.
Os Socialistas eumeses estamos en desacordo tanto no fondo como na forma, xa que ademáis de supoñer un incremento no montante económico e no número de Concelleiros que van percibir un salario do Concello respecto á lexislatura anterior, que tanto criticaron, resulta sorprendente que esta medida se adopte para o 75% dun Goberno en minoría que non pode garantir a estabilidade durante os vindeiros catro anos e que vai precisar de pactos para sacar adiante os seus proxectos.
De ahí o noso desacordo na forma, xa que se nos presentan as tres dedicacións como un feito consumado, sen tentar previamente explicar a situación e buscar apoios dos grupos que integramos a Corporación a través da Comisión informativa correspondente.
De tódolos xeitos, e dende a responsabilidade que temos coma segunda forza política de Pontedeume, os socialistas apoiaremos os proxectos que sexan importantes para o desenrolo da nosa Vila, e estaremos abertos no futuro a vover a falar deste e doutros temas nos órganos municipais que correspondan e xunto con tódolos grupos que integran a nosa Corporación Municipal
–Actualización–
A prensa de hoxe, 22 de Agosto, o recolle así:
Add comment Agosto 21, 2007
Resultado final da enquisa sobre a crise no Concello
Add comment Agosto 20, 2007
Pleno extraordinario
Este martes día 21 de Agosto, ás 13:00h no Concello, haberá un pleno extraordinario para aprobar as novas competencias dos catro concelleiros do PP, e as adicación exclusivas ou parciais destes.
Esperámosvos, xa que valerá a pena escoitar por fin (da súa boca, non pola prensa), como quedará conformado o (mini) goberno do Concello, as causas desta crise, así como as adicacións que terán estes Concelleiros, e os apoios (ou non) que reciben dos demáis partidos con representación no Concello.
Vémonos alí.
5 comments Agosto 17, 2007

