Archive for Julio 2007

Horario de atención ó público do Grupo Municipal

Durante todo este ano, o despacho do Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume, situado na planta baixa do Concello, estará aberto os mércores e venres de 11:00 a 13:00.

Invitamos a tódolos veciños a trasladarno-las súas suxestións, preocupacións, dúbidas ou iniciativas para, a través dos nosos concelleiros, tentar de levalas a cabo.

Para calquera consulta, non dubidedes en poñervos en contacto con nós no e-mail pontedeume@psdeg-psoe.org ou no teléfono 981 43 32 00.

Grupo Municipal PSdeG-PSOE Pontedeume

Add comment Julio 27, 2007

Pleno no Concello de Pontedeume

Onte asistimos ó pleno ordinario de Xullo do Concello de Pontedeume coa orde do día seguinte:

1.- Aprobación, se procede, das actas da sesión anterior.

Aprobadas por unanimidade despois de correxir unha pequena errata de transcripción na acta do último pleno que cambiaba o voto do Partido de Independientes.

2.- Proposición da Alcaldía sobre a Modificación do proxecto do subministro de: Instalación de Plataforma elevadora vertical no Edificio do Concello de Pontedeume, incluido no Plan Especial de Barreiras Arquitectónicas 2006 da Deputación Provincial.Acordos que procedan.

Aprobado por unanimidade

3.- Dación de conta das Resolucións da Alcaldía Presidencia.

4.- Rogos e Preguntas.

Neste punto o Grupo Municipal do PSdeG fixo a seguinte interpelación

O BNG preocupouse polo método da adxudicación de diferentes obras no Concello, que se están a fecer fora dos presupostos xa aprobados do 2007, ademáis da solicitude de conmemorar o día de Galicia (25 de Xullo) cun acto institucional por parte do Concello.

Pola súa banda IP, mostrou a súa preocupación, ademáis das obras que se están a executar  fora dos presupostos, pola tala de dúas árbores no Cemiterio Municipal.

Non habendo máis rogos e preguntas levantouse a sesión.

Add comment Julio 27, 2007

Resultado da enquisa sobre o aparcamento na Alameda

Add comment Julio 21, 2007

Aquí tedes o discurso do Presidente

Báixate o discurso co que o Presidente Zapatero comenzou o debate sobre o Estado da Nación no Congreso dos deputados. Aquí

PD: O que máis nos gustou foron as réplicas e explicacións ó lider (por moitos anos) da oposición, pero aquí tedes o repaso a esta lexislatura que todavía lle queda un ano.

Add comment Julio 4, 2007

Resultado da enquisa sobre os salarios a percibir no Concello

1 comment Julio 3, 2007


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds