Archive for Junio 2007
Áreas do noso Grupo Municipal
O PSdeG eumés informa das áreas de responsabilidade do noso Grupo Municipal.
Os nosos representantes no grupo municipal Socialista, serán os encargados de asistir ás diferentes Comisións Informativas que se deriven das diferentes Concellerías que se creen no Concello. Cos datos que temos sobre o reparto de Concellerías no bipartito de dereitas que nos goberna, nosos representantes asistirán ás seguintes:
Agustín Vilariño: Portavoz do Grupo Municipal Socialista, será membro da Comisión de Urbanismo e Facenda, así como nas comisións das areas que leve o Alcalde.
Mari Cascallar: Será membro nas comisións de Asuntos Sociais e Educación, así coma de Cultura Deportes.
José Rey: Terá a responsabilidade nas areas de Obras e Acción Rural e Servizos.
Cando se constitúan ditas áreas oficialmente, tódolos veciños pódense dirixir ós nosos representantes no Concello para ser informados ou solicitar a nosa intervención nas áreas que desexen.
4 comments Junio 12, 2007
COMUNICADO DA COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL
Os resultados acadados nas eleccións municipais en Pontedeume, reflicten un claro castigo aos grupos políticos que sustentaban ao goberno de coalición (PSdeG-PSOE, BNG, IeP) , pois perden no conxunto 556 votos, fronte aos 134 votos que soben os grupos da dereita (PP,COE), e non conseguen mobilizar a parte do seu electorado aumentando a abstención en máis de catro puntos, e o número de votos nulos e en branco. O PSdeG-PSOE aínda que mantén a mesma representación, tres concelleiros, perde 215 votos, o goberno en coalición e a Alcaldía.
Os graves erros da xestión municipal na prestación dos servicios básicos, como a recollida do lixo, limpeza, e subministro de auga; a pouca dilixencia na atención aos problemas dos veciños; os problemas urbanísticos; unidos á imaxe de descoordinación do goberno e de que “cada quen ía por libre”, pasaron factura a un modelo de goberno esgotado, que non corrixíu a deriva que se anunciaba nos resultados do 2003.
Aínda que o PSdeG-PSOE, levou adiante unha renovación da lista electoral, e presentou un programa no que recoñecíase a necesidade de atallar os vellos problemas e erros cometidos, e apostábase por darlle un novo impulso a acción do goberno, amais de facer propostas de goberno novedosas, non foi quen de chegar coa súa mensaxe a unha parte significativa dos eumeses, ou ben de convencelos para que nos deran unha nova oportunidade. Tampouco axudou nada a imaxe de desunión amosada e aireada polos socialistas.
Somos ben conscentes da mensaxe enviada polo electorado de Pontedeume, e imos traballar, dende xa, para liderar unha oposición seria, rigorosa e constructiva, aportando as nosas propostas e solucións para mellorar a calidade de vida dos eumeses, controlando e fiscalizando o traballo do novo goberno, e colaborando dende as outras institucións nas que gobernamos para favorecer o progreso da nosa vila. Se o facemos ben , estamos convencidos de que a maioría de votantes progresistas que conforman o electorado de Pontedeume, nos devolverán a confianza nas próximas municipais.
Queremos comunicar tamén a decisión que adoptamos con respecto á sesión de investidura do futuro alcalde de Pontedeume, votaremos ó noso candidato, Agustín Vilariño, que tamén será o vindeiro portavoz socialista coma primeiro partido da oposición.
Add comment Junio 6, 2007