
O PSdeG-PSOE eumés segue coma segunda forza política de Pontedeume
Cederá a Acaldía á coalición de dereitas PP e COE
Despois do día de votación de onte, o cambio do grupo de goberno en Pontedeume é case un feito. A coalición de dereitas PP e COE suma os sete concelleiros necesarios para acada-la alcaldía.
O PSdeG-PSOE, despois dunha perda importante de votos, segue coma segunda forza política do Concello. O PP e COE son as únicas forzas políticas que suben en votos. Pola súa banda, o BNG descende en votos (pasa a ser a cuarta forza política do Concello) e en Concelleiros. IP baixa en votos pero conserva o actual Concelleiro. Por último TEGA con pouco máis de 50 votos, non acada representación no Concello.
O PSdeG eumés analizará nos vindeiros días estes resultados, pero felicita ó partido con máis representación e máis votos, o Partido Popular.


