Afrontamos as eleccións municipais que vanse a celebrar o 27 de maio de 2007 , cunha ilusión renovada nestes tempos de cambios e de reformas, e co convencemento de que unha boa xestión do goberno local e fundamental para mellorar o benestar dos eumeses .
Nestes últimos anos temos contribuido a mellorar a calidade de vida da nosa vila, os equipamentos, as infraestruturas e as políticas sociais. O PSdeG-PSOE manifesta a sua vontade de seguir traballando para aumentar a confianza e o apoio cidadán, e o noso compromiso por un novo Goberno Local é unha aposta pola convivencia, a calidade e a mellora substancial da eficiencia na prestación dos servizos públicos.
Os socialistas consideramos o ámbito local como espacio privilexiado para o compromiso cívico e a participación política, así como do desenvolvemento dos dereitos da cidadanía e unha oportunidade para facer realidade os novos dereitos sociais. Dende o Concello queremos abrir espazos públicos ou canles de participación cidadá, onde os colectivos da vila poidan dialogar, informarse e intervir na xestión municipal.
Continuaremos traballando co obxectivo irrenunciable de construir un Concello con benestar e calidade de vida para a gran maioría dos veciños. Por elo queremos renovar o noso compromiso de mellora permanente dos sistemas de xestión e coordinación municipal , para ofrecer uns servizos de calidade orientados as necesidades da cidadanía.
Dende a defensa do sector público como garante do interese xeral, por riba de intereses privados e corporativos, os socialistas queremos desenvolver unha xestión pública baseada na calidade, o impulso prioritario das políticas de benestar (educación, cultura, deporte, sanidade , promoción da saúde e servizos sociais) , o respecto do contorno medioambiental e a participación cidadá. Estos serán os nosos sinais de identidade.
Traballaremos por un desenvolvemento sostido da nosa vila, que comporte maior benestar e seguridade, e o goberno local deberá exercer de principal motor da economía do Concello, creando valor público e mobilizando as enerxías do tecido social e empresarial eumés, e fomentando iniciativas locais de emprego.
Comprometemonos a garantir dende o Goberno local, a igualdade e a paridade, a transparencia na vida pública local, a rendición das contas públicas, a impulsar novas formas de participación , e a apoiar decididamente ás familias e a infancia.
Queremos unha vila pensada para as familias, e especialmente para os nenos e nenas e para os nosos maiores, o que supón un cambio na actual ordenación da vila e do centro urbán cun modelo de mobilidade sostible.
Os socialistas defendemos unha nova cultura do territorio, baseada nun desenvolvemento responsable e sostible; unha nova política urbanística cun crecemento ordenado, establecendo mecanismos de xestión transparente do urbanismo, reforzando os mecanismos de control e disciplina urbanística.
Queremos unha administración local moderna e eficiente, ao servizo dos cidadáns, suministradora de servizos públicos de calidade e capaz de asumir os retos que se plantexan as sociedades do século XXI. Comprometémonos a potenciar o capital humano do Concello, para poder afrontar as responsabilidades e complexidades crecentes que nun futuro próximo deberán asumir.
Seguiremoslle a conceder un papel salientable, as políticas e servizos sociais, garantindo o acceso as prestaciones básicas sociais como un dereito dos cidadáns, que aseguren a igualdade de oportunidades, evite os procesos de exclusión social, e promova a inclusión personal e a convivencia familiar e social.
A candidatura socialista ás eleccións municipais , e o seu candidato á alcaldía, Agustín Vilariño Gómez, manifesta a súa vontade de aumentar a confianza e o apoio dos eumeses, e seguiremos traballando para merecelo. O noso programa electoral é un compromiso cos eumeses para mellorar o futuro da nosa vila e afrontar cun novo Goberno Local os tempos de cambio e reformas que estamos a vivir.
Coas vosas suxerencias e iniciativas, e dende o dialogo, a cooperación, a convivencia e a honestidade, témos a seguridade de que podemos mellorar sustancialmente o futuro de Pontedeume.
Báixate o noso programa electoral