Archivo | abril, 2007

ZAPATERO en Galicia

30 abr

 

 

 

domingo, 6 de maio

 

12:00 h. Pavillón de As Travesas.

 

Vigo

 

Sairá un Bus dende Pontedeume, se queredes acompañarnos, mandádenos un correo:

pontedeume@psdeg-psoe.org

 

Comunicado da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE sobre EINSA

27 abr

Ante o conflicto suscitado entre o Concello, EINSA e os veciños afectados polo expediente de recalificación de terreos que a empresa promove en Andrade, queremos manifestar o seguinte:

1º.- É rotundamente falso o que afirman de forma anónima, algúns veciños afectados, de que o noso Secretario xeral e candidato á Alcaldía, Agustín Vilariño se teña entrevistado en compañía de directivos de EINSA, con cargos da Xunta para tratar sobre este problema.

2º.- O Concello debe regularizar a situación anómala da empresa, instalada en precario dende comenzos dos noventa, en terreo rústico e polo tanto non industrial. Ademáis se a Empresa xustifica a necesidade de contar con máis terreo para ampliar ou desenvolver a súa futura actividade, é lóxico que o Concello facilite a delimitiación dun poligono industrial máis amplo que os terreos que a día de hoxe ocupa a empresa, explicando polo miudo aos veciños afectados as ventaxas e inconvintes que lles supón a integración das súas propiedades dentro do Polígono.

3º.- Máis somos tamén conscentes, que é de dominio público, logo do conflicto xerado na planta de Andrade en EINSA a finais do 2005, que a empresa parece non facer unha aposta crara polo mantemento da fábrica eumesa pois non hai renovación da maquinaria que está quedando obsoleta, e pola contra centra a gran maioría da súa producción e desenvolvemento do negocio na pranta de As Pontes, polo que é comprensibel que os veciños afectados desconfien de que tras a operación plantexada agochen outros intereses.

4º.- Ante esta incertidume,debese polo tanto permitir que os veciños que o desexen

poidan quedar ao marxe da operación, e que as súas propiedades non queden afectadas, pois ademáis a empresa conta xa con terreo dabondo para o seu proxecto.

5º.- O eiquí esposto, será a argumentación que defenderemos ante o Concello, os veciños, a empresa EINSA, e chegado o caso diante da Consellería de Política Territorial encargada de aprobar esta recalificación.

Principios do programa electoral dos socialistas galegos

23 abr

Nas eleccións municipais do 27 de maio os socialistas galegos imos reafirmar e renovar a nosa aposta e vocación municipalista adquirindo máis e novos compromisos coa cidadanía que vive nos concellos de Galicia.

Queremos ser merecedores da confianza das galegas e dos galegos e incrementar o seu apoio electoral para que, ganando no 2007, os concellos galegos e os seus habitantes ganen futuro.

Traballaremos para explicar as nosas propostas, o noso programa, e conseguir a complicidade da sociedade galega para liderar e gobernar, con equipos de persoas capaces e comprometidas, os concellos galegos cun modelo que marca diferencias coas ofertas electorais doutras formacións políticas.

Os nosos proxectos para os concellos galegos caracterízanse por un novo modelo de Goberno Local, por unha aposta polas persoas, polo protagonismo da cidadanía, pola convivencia, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades para o conxunto da cidadanía.

Igual que nos gobernos do Estado e da Xunta, as propostas dos socialistas nos concellos de Galicia van dirixidas ás persoas, a conseguir máis liberdade individual e colectiva, novos dereitos de cidadanía, cidades e pobos habitables, incluíntes e participativos.

Queremos unha nova etapa municipalista de cohesión e integración social asentada no pluralismo e na seguridade; nun novo modelo de crecemento e desenvolvemento urbano sostible; nunha Carta de Servizos Públicos para a cidadanía; en cidades e pobos que garantan vivendas para os cidadáns e non para a especulación; en iniciativas para frear o cambio climático e mellorar a calidade de vida das persoas; en facer realidade a igualdade de oportunidades; e nun auténtico e irrenunciable protagonismo dos cidadáns e cidadás.

Para conseguir estes obxectivos contaremos co apoio dos gobernos da Xunta de Galicia e do Estado que están a impulsar, e así o seguirán facendo, políticas apropiadas para levar a cabo as nosas propostas e os nosos proxectos nos concellos de Galicia.

As propostas recollidas nos distintos apartados que figuran a continuación teñen a pretensión de ser propostas e bases programáticas con orientacións xerais, información e ideas para dar resposta aos novos desafíos, retos e necesidades a afrontar polos concellos de Galicia. A singularidade e diversidade que presentan estes: tamaño, capacidade económica, características socioeconómicas, problemáticas específicas, necesidades en forma de prioridades, etc., esixen que estas se seleccionen, adapten, modulen e apliquen en concordancia coas capacidades e potencialidades que cada realidade local presenta e require.

Será nos programas presentados polos candidatos e candidatas de cada concello nos que se recollan as propostas concretas e os compromisos cos que os equipos de homes e mulleres que representan ó Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE concorren ás eleccións municipais do 27 de maio.

E ó final, multa!

19 abr

La opinión de A Coruña:

A Xunta impón unha multa ao Concello de Pontedeume polos verquidos provocados por un promotor en Vizús

” (…) O pasado mes de xuño Xuventudes Socialistas de Pontedeume alertaba da existencia de vertidos ilegais de escombros no castro de Centroña e no camiño que leva ao lavadero de Cermuzo, en Campolongo. A agrupación xuvenil do PSOE instó entón ao Goberno local a adoptar medidas “urxentes” ante este tipo de prácticas e a impoñer un “severo castigo” aos responsables dos vertidos.

Na zona coñecida como castro de Centroña atopáronse pezas de gran valor arqueológico, como o torques de tipo ártabro depositado no castelo de San Antón, na Coruña. No lugar tamén se poden observar restos dunha antiga fortificación, de feito, as excavaciones dirixidas polo arqueólogo astorgano José María Luengo nos anos 50 desvelaron que existen vestixios dunha gran construción decorada con mosaicos que datan do século IV (…)”

A verdade é que non se pode permitir, certo é que parece que este verquido xa estaría controlado, o problema está en que a contaminación que producen non se amañan cortando o verquido, senón intentando que non se produzan.

En relación ós verquidos denunciados por XSG tamén, despois da denuncia, foron multados polo SEPRONA os responsables do verquido de Centroña. No caso do lavadoiro de Cermuzo (aquí, ademáis da denuncia dos verquidos, solicitouse a limpeza do lavadoiro e do camiño que leva a él), non foi denunciado ningún responsable. Neste senso o PSdeG-PSOE leva no seu programa electoral a limpeza, indicación e mantemento de tódalas construccións etnográficas da vila: fontes, lavadoiros, etc.

A limpeza e recollida de lixo, a maior preocupación dos veciños de Pontedeume

16 abr

Estos son os resultados da enquisa:

¿Cales son as principais necesidades da nosa vila?

Xa está activa unha nova enquisa na nosa web: pontedeume.psdeg-psoe.org

Video de presentación do novo equipo

15 abr

Presentamos a nosa candidatura

12 abr

 

O Domingo día 15 de Abril, ás 12:00h no Hotel Eumesa, vos presentaremos o noso novo equipo que tentará acada-la alcaldía do Concello de Pontedeume

Contaremos coa presencia de Salvador Fernandez Moreda, Presidente da Deputación de A Coruña, Vicente Irisarri, Presidente de Portos de Galicia e caidato á Alcaldía de Ferrol.

Estarán con nós tamén os Delegados Provinciais das Consellerías de Traballo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Política Territorial, María Debén, Manuel Tajes e Jacinto Parga.

Esperámosvos!

Mª del Carmen Cascallar Pita

10 abr

 

Preséntome ás proximas eleccións municipais na lista do P.S.deG., aceptando a xenerosa invitación que me fixo Agustín Vilariño. Como muller de esquerdas, con fortes inquedanzas políticas levo vinte anos traballando en Pontedeume e observando, discutindo, colaborando, criticando e tamén beneficiándome laboral, familiar e persoalmente da xestión do noso Concello.

Formo parte dunha equipa de xente nova que aspira a toma-lo testigo que deixan Belarmino, Julio, Manolo e outra moita xente que loitou pola mellora da nosa vila.
Mais agora con moitas ganas, ideas renovadas e por qué non cun novo talante chegaron os novos tempos . Cos novos tempos ten que chegar unha nova política. Traballaremos polo Concello que nos merecemos, cunha xestión transparente e coordinada, que funcione como unha máquina ben engraxada, lonxe de partidismos, individualismos e clientelismos.
Sempre atentos ás necesidades da rúa e a través de un contacto serio e continuo, queremos facer unha política de esquerdas que mellore os servizos, oferte e cordine a vida cultural e contribúa á mellora da vida cotiá dos eumeses e eumesas.

Optimizando os ricos e limitados recursos con que contamos e buscando unha relación fluida con outros organismos, conquerir a evolución que nos enganche aos primeiros vagóns do tren da vida económica, social e cultural galega: Que non temos Auditórium? Pois fagamos as xestións pertinentes e mentras tanto dotemos a Casa da Cultura de medios, cunha boa organización que multiplique o seu uso, con novas tecnoloxías e outras non tan novas das que aínda carece como pode ser unha boa calefacción. Que temos un Parque Natural? Pois haberá que ver o xeito que os veciños e veciñas teñas unhas beirarúas polas que podan seguir paseando seguros a salvo do incremento do tráfico que o turismo conleva. Con boa relación coa Consellería de Educación haberá que darlle as mesmas oportunidades aos nenos e nenas das parroquias que teñen os das escolas da vila e dende o Concello continuar na mellora das unitarias así como apoiar a boa marcha das escolas da vila. Facilitemos dende o Concello, mellorando as infraestructuras, a dura vida das mulleres e homes que viven do mar. Loitemos por un uso real da zona industrial. Miremos pola limpeza das rúas, dos ríos e regatos, optimizando o servizo de limpeza, facilitando a reciclaxe, controlando vertedoiros, edificacións ilegais e fagamos sendeiros ecolóxicos polos que os avos poidan pasear aos seus netos educandoos no respeto ao noso patrimonio etnográfico, natural e urbano.

Estas e outras moitas ideas estarán reflexadas no noso programa que axiña coñeceredes e que esperamos contar coa vosa confianza o 27 de Maio e durante os próximos catro anos poder traballar e convertir os desexos que recolle o noso proxecto en realidades que axuden no desenvolvemento de Pontedeume.

Un saúdo

Presentamos ó noso novo equipo

10 abr

Neste enlace tedes o álbum fotográfico do noso novo equipo

Aquí

Para débeda histórica esta!

3 abr

Neste gráfico pódense ver os datos relativos ós investimentos anuales da Xunta de Galicia en Pontedeume nos pasados anos. O Punto de inflexión da curva que trazan os valores totales de cada ano ven marcado polas eleccións autonómicas. Desde que o PSdeG dirixe a Xunta de Galicia, os investimentos e inversións deste organismo para Pontedeume ascenderon dunha maneira extraordinaria.

Como di o noso lema de campaña: novos tempos!

Levábamos 16 anos de sequía e abandono da Xunta de Galicia en materia de inversións e agora é tempo que nos den o que é noso. ¿Non fala o BNG da “débeda histórica” de España a Galicia?; pois eu reclamo esta débeda histórica de Galicia a Pontedeume.

Temos dereito a voltar a ser cabeceira de comarca, a ser Partido Xudicial, a voltar a ter importancia en Galicia, cousa que non importaba noutros tempos.

Como dí Agustín Vilariño con respecto á “sombra telúrica do monte Breamo que nos fai ser moi nosos e non nos permite que ninguén ningunee a Pontedeume”, temos que cultivar a fama de defensa a ultranza da nosa vila e pensar que é o mellor para Pontedeume. Eu o teño claro, ainda que por este motivo sone moi egoista, pero si, con Pontedeume o son.

Nacho Filgueiras

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.